SlideShare a Scribd company logo
1 of 127
Download to read offline
Rede Museística Provincial de Lugo – Deputación Provincial de Lugo
MEMORIA MUSEO PROVINCIAL DO MAR 2021
Museo Provincial do Mar
1
INDICE
1.LIMIAR ...........................................................................................................................2
2. ESTADISTICA ANUAL DE VISITANTES......................................................................2
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO ................................................................................6
4. PROGRAMA DIDÁCTICO...........................................................................................15
4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES.....................................................................15
4.2. MUSEOLOXÍA SOCIAL..............................................................................31
4.3. PROGRAMACIÓN DE VERÁN...................................................................43
4.4. PROGRAMACIÓN DE NADAL...................................................................60
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL ......................................................................64
5.1. SEMANA DOS MUSEOS............................................................................64
5.2. PROGRAMA DE MUSEOLOXÍA SOCIAL NA REDE COVID 19................73
5.3. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS..............................................................101
5.4. SERVIZO DO MUSEO A OUTRAS ACTIVIDADES..................................103
5.5. PROGRAMA CONFERENCIAS, PRESENTACIÓN E CONCERTOS.......105
5.6. PROGRAMA DE MARUXAINA ................................................................112
6. MEMORIA COVID (ESPECIAL) ................................................................................115
7. PLAN DE FORMACIÓN DO PERSOAL....................................................................120
8. PROXECCIÓNS EXTERNAS DO MUSEO................................................................121
9. PROGRAMA DE PERSOAL .....................................................................................126
Museo Provincial do Mar
2
1. LIMIAR.
O 2021 estivo de novo marcado pola crise sanitaria da COVID 19, que
como xa fixera no 2020, obrigounos a facer un intenso e duro esforzo para
enfrontar os retos e dificultades que nos foron aparecendo polo camiño.
Pero na Rede Museística provincial de Lugo, dende a súa creación fai xa
15 anos, temos moi claro que con determinación e actitude, a actitude que
está na propia xenética da Rede, combatemos as dificultades co traballo,
poñendo ás persoas no centro, cocreando con elas para reconstruír e
reimaxinar o mundo en pandemia.
E así foi como de novo neste ano de dificultades conquerimos
implementar unha chea de innovadoras iniciativas e proxectos aos que
logramos que se foran sumando vontades, porque non debemos esquecer
nunca que un museo pode e debe ser o impulsor de cambios sociais positivos
que procuren a mellora das vidas das persoas que forman parte das nosas
comunidades.
Grazas a todxs por unir as vosas vontades, grazas a todxs por formar
parte de nós, grazas a todxs por axudarnos a ser de verdade un museo social,
inclusivo e igualitario.
2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES.
Museo Provincial do Mar
3
XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLOAGOS SETE OUT NOV DEC ANUAL
HOMES 46 20 105 105 157 199 711 882 408 435 337 330 3735
MULLERES 43 26 94 115 184 215 799 935 413 595 462 397 4278
0-10 13 5 26 33 79 58 238 330 46 54 115 96 1093
11-14 3 2 4 15 52 22 128 128 27 11 24 31 447
15-18 0 1 0 2 4 10 17 42 21 23 52 22 194
19-25 0 0 1 1 5 16 14 55 9 4 18 15 138
26-40 18 5 44 46 66 65 246 227 65 79 48 74 983
41-65 39 25 113 105 102 177 727 842 395 315 167 264 3271
66 16 8 11 18 33 66 140 193 258 544 375 225 1887
LUGO CIDADE 12 20 46 49 43 53 234 199 57 63 16 49 841
LUGO PROVINCIA 52 20 103 83 183 132 200 224 136 295 277 176 1881
GALICIA 8 4 44 78 79 53 184 207 120 229 172 203 1381
ANDALUCIA 4 0 0 0 0 6 39 84 60 4 0 5 202
ARAGON 0 0 0 0 0 6 12 19 6 4 0 0 47
ASTURIAS 0 0 0 4 22 31 83 58 43 56 23 58 378
BALEARES 0 0 0 0 0 4 4 4 6 3 35 0 56
CANARIAS 0 0 0 0 0 0 1 4 0 32 0 14 51
CANTABRIA 0 0 0 2 0 7 27 2 14 36 36 11 135
CATALUÑA 0 0 0 0 0 5 31 62 8 0 0 1 107
CASTILLA-LEON 3 0 0 0 14 30 160 151 61 16 9 20 464
CASTILLA-LA MANCHA 0 0 0 0 0 6 88 68 68 0 0 4 234
EUSKADI 2 0 0 0 0 18 50 107 38 2 0 18 235
EXTREMADURA 0 0 0 0 0 0 22 17 12 0 52 0 103
MADRID 8 2 6 4 0 54 328 509 159 278 177 164 1689
MURCIA 0 0 0 0 0 2 9 28 5 0 0 0 44
NAVARRA 0 0 0 0 0 0 13 7 2 0 0 0 22
LA RIOJA 0 0 0 0 0 0 10 3 4 0 0 2 19
VALENCIA 0 0 0 0 0 4 12 45 12 8 0 0 81
ESTRANXEIROS 0 0 0 0 0 3 3 19 10 4 2 2 43
MAÑAS 60 29 139 144 193 242 953 1070 471 740 506 487 5034
TARDES 29 17 60 76 148 172 557 747 350 290 293 240 2979
LUNS 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
MARTES 18 5 26 13 68 76 210 331 89 133 247 83 1299
MERCORES 12 8 24 27 30 49 286 429 199 161 120 111 1456
XOVES 11 3 11 29 31 43 379 367 125 116 120 43 1278
VENRES 3 6 23 35 90 66 232 267 102 174 69 151 1218
SABADO 25 15 77 67 73 93 245 250 186 218 168 224 1641
DOMINGO 20 9 38 49 49 87 158 173 120 228 75 115 1121
GRUPOS ESCOLARES 0 0 0 83 15 91 92 27 127 31 466
GRUPOS ADULTOS 0 0 0 18 222 226 283 719 463 377 2308
VISITAS INDIVIDUAIS 69 37 161 171 209 294 1039 1326 418 56 134 204 4118
DOMINGOS NO MUSEO 20 9 38 49 49 87 158 173 120 228 75 115 1121
TOTAIS MENSUAIS 89 46 199 220 341 414 1510 1817 821 1030 799 727 8013
*RESUME
EXTRANXEIROS
ALEMANIA
ARXENTINA
BRASIL
CUBA
BELGA
COLOMBIA
CHINA
RUSIA
HOLANDA
ITALIA
ESCOCIA
RUMANIA
EEUU
FRANCIA
PUER.
RICO
AUSTRALIA
ANDORRA
AUSTRIA
BRUSELAS
BELXICA
TURQUIA
VENEZUELA
SUIZA
PORTUGAL
CHILE
IRLANDA
REPU.
CHECA
SIR
LANCA
ESCOCIA
XAPÓN
URUGUAI
UCRANIA
RUMANIA
REINO
UNIDO
MARRUECOS
INDIA
MEXICO
FINLANDIA
FILIPINOS
SÁHARA
PANAMA
ANUAL
XANEIRO 0
FEBREIRO 0
MARZO 0
ABRIL 0
MAIO 0
XUÑO 2 1 3
XULLO 3 3
AGOSTO 0
SETEMBRO 0
OUTUBRO 4 4
NOVEMBRO 2 2
DECEMBRO 2 2
TOTAL 0 2 0 0 3 0 0 0 0 4 0 0 0 2 0 0 0 0 0 0 0 0 2 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 1 0 14
* Nº DE GRUPOS XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLOAGOS SET OUT NOV DEC ANUAL
Nº GRUPOS ESCOLARES 5 1 9 8 8 4 35
Nº GRUPOS ADULTOS 1 1 11 10 15 28 22 23 111
0 0 1 0 5 2 20 18 15 28 30 27 146
8013
RESUME DE VISITAS ANUALES MUSEO PROVINCIAL DO MAR 2021
8013
8013
8013
8013
Museo Provincial do Mar
4
956
1082
421
0 0 30
273
512
351
183
146
100
89
46
199
220
341
414
1510
1817
821
1030
799
727
0
200
400
600
800
1000
1200
1400
1600
1800
2000
MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Ano 2020
Ano 2021
0
200
400
600
800
1000
1200
1400
1600
1800
2000
89 46
199 220
341
414
1510
1817
821
1030
799
727
Por número de visitantes
Museo Provincial do Mar
5
14%
6%
2%
2%
12%
41%
23%
Por idades
0-10
11-14
15-18
19-25
26-40
41-65
66
0
500
1000
1500
2000
841
1881
1381
202
47
378
56 51135107
464
234235
103
1689
44 22 19 81 43
Por Procedencias
LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA
ANDALUCIA ARAGON ASTURIAS
BALEARES CANARIAS CANTABRIA
CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LA MANCHA
EUSKADI EXTREMADURA MADRID
MURCIA NAVARRA LA RIOJA
VALENCIA ESTRANXEIROS
Museo Provincial do Mar
6
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO
❖ Venres 12 de febreiro, realizouse a inspección periódica reglamentaria
da instalación eléctrica de baixa tensión do Museo do Mar.
A inspección foi realizada pola técnica do organismo de control autorizado
CIMESA Rosana Meis e por José Luis Lamas do Servizo de Arquitectura da
Deputación Provincial.
0
1299
1456
1278
1218
1641
1121
0 200 400 600 800 1000 1200 1400 1600 1800
Por días da semana
DOMINGO
SABADO
VENRES
XOVES
MERCORES
MARTES
LUNS
Museo Provincial do Mar
7
❖ Xoves 25 de febreiro, Matías Linares e Julián Mayor, revisan as
necesidades arquitectónicas do Museo do Mar para a súa futura reparación.
Entre outras necesidades examinan as rodas das vitrinas das salas do Museo
para proceder á súa substitución debido ao seu mal estado, a pintura das
portas exteriores e a necesidade de por uns burletes que eviten a entrada de
aire, auga e area, o pintado e chorreado de cancelas e pezas expostas no
exterior ou a revisión do tellado xa que se comprobou que hai lousas movidas.
Martes 9 marzo
Traen unha impresora nova para o Museo, LEXMARK, XC 4150.
Son dous empregados do Grupo Solitium os que a traen e a colocan na oficina
ás 9:30, pero logo veñen un técnico do Grupo Solitium e outro do CAU a
configurala.
A impresora Brother que estaba onde agora se pon a nova, lévase para o
contedor á espera de que a recollan.
❖ Tarefas de xardinería levadas a cabo polo Concello de Cervo: Corte de
herba tanto na parte dianteira como a traseira, 10 de marzo, 10 de xuño, 9
de xullo, 24 de agosto.
Museo Provincial do Mar
8
O xoves 18 de marzo, realizáronse traballos de mantementos regrados
segundo r.d.513/2017 de 22 de maio ripci, das instalacións de protección
contra incendios do museo do mar, por persoal da empresa mantedora,
Apagal s. y p. c. i. nesta primeira fase revisáronse e substituíronse os
extintores caducados, retirándose aqueles extintores nos que era preciso o
seu retimbrado.
O operario cualificado de apagal : que realizou os citados traballos foi Pedro
Vázquez Rúa.
Museo Provincial do Mar
9
O venres día 30 de abril realizáronse traballos de mantementos regrados
segundo R.D.513/2017 de 22 de maio RIPCI, DAS INSTALACIÓNS DE
PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS DO MUSEO DO MAR, por persoal da
empresa mantedora, APAGAL S. Y P. C. I. 2ª, na súa segunda fase de
Reposición de detectores caducados.
Os traballos foron levados a cabo polo operario cualificado de Apagal Mario
Lazos Romero, que tras situar os detectores non foi quen de confirmar si os
ditos receptores estaban ou non conectados a ningún tipo de instalación
eléctrica.
Museo Provincial do Mar
10
O xoves 17 de xuño, o encargado de mantemento da Rede Museística
Provincial de Lugo, Matías Linares, procedeu a baleirar e limpar de lodos e
fangos o depósito realizado no xardín traseiro do Museo do Mar, onde se
atopa mergullada a áncora atopada na praia do Torno en agosto de 2017, e
depositada desde entón no Museo Provincial do Mar.
Tras do baleirado e limpeza do mencionado depósito, procedeuse de novo a
enchelo e a realizar as accións precisas para a conservación da peza.
30 xuño o técnico de Apagal Pedro Vázquez Rúa ven a facer a revisión
periódica dos extintores do Museo.
En dita revisión atopa un baixo de presión, que leva para ser reparado.
O extintor foi reposto polo mesmo operario o 21 de xullo.
O mesmo 30 de Xuño veñen outros dos operarios de Apagal Ricardo
Fernández e Iván Guimarei para repoñer os detectores de fume.
Museo Provincial do Mar
11
De novo o 13 agosto realízanse traballos de inspeccións periódicas (OCA) DE
INSTALACIÓNS DE PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS, POR UN ORGANISMO
DE CONTROL ACREDITADO, para cumprir coas condicións e os requisitos
aplicables segundo Real Decreto 513/2017, no seu Artigo 22.
Durante a mañá do 13 de agosto, José Abel Mato, do Servizo de Arquitectura
da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Hermida Torrente, Inspector
acreditado da empresa APPLUS e Luis Pombo López, Operario cualificado da
empresa mantedora APAGAL, estiveron a comprobar o funcionamento das
alarmas dos detectores de fume.
Cando o 10 de setembro veñen os operarios de APAGAL, a facer a revisión
trimestral, acompáñaos Abel e proceden a volver a situalos a menor altura
para que sexan accesibles.
A última revisión do ano foi feira o 1 de decembro por Pedro Vázquez Rúa.
Museo Provincial do Mar
12
7 de xullo
Veñen María José Ferreiro e Diego Pérez do Servizo de Prevención da
Deputación, para retirar todos os medicamentos da caixa de medicamentos,
porque agora non se poden ter no Museo.
Tamén traen o desfibrilador que terá que ser colocado por o persoal de
Mantemento.
O día 30 de xullo veñen Matías e Manuel para rematar o proceso de
instalación do desfibrilador.
Diego Pérez viría o 6 de outubro a facer a primeira revisión.
Museo Provincial do Mar
13
29 de xullo
Luis Lamas, do Servizo de Arquitectura da Deputación Provincial de Lugo, ven
xunto co encargado da empresa Instalaciones Valdés, adxudicataria da obra
para a corrección dos defectos da instalación de baixa tensión do Museo
Provincial do Mar.
Estes traballos levaranse a cabo os días 4 e 5 de agosto por parte dos operarios
Antonio Irinia López e José Antonio Fernández Maseda da citada empresa, e
remataranos o 10 de agosto, coa finalización duns traballos nos enchufes e a
confirmación dos planos por parte do enxeñeiro.
Finalmente o 26 de agosto, a inspectora acreditada da empresa Control
Industrial Métodos y Ensaios S.L. , Rosa Ana Meis Fernández,
Ven a realizar traballos de inspeccións PERIÓDICAS (OCA) DE BAIXA TENSIÓN
, POR UN ORGANISMO DE CONTROL ACREDITADO, para cumprir coas
condicións e os requisitos aplicables segundo Real Decreto B.T.
10 agosto
Envían dous operarios a limpar cristais polo exterior e as partes altas do
interior do Museo
Museo Provincial do Mar
14
8 de outubro reponse a mangueira, xa que a anterior atopábase en moi mal
estado.
O 29 de outubro o técnico de Movistar Natanael Fernández ven a reparar a
rede de internet, e tamén a línea telefónica, volvendo o día 2 de novembro
a rematar as reparacións.
O 19 de novembro, Eric Martínez Vila, da empresa Bastet, realizou labores
de mantemento do equipo de seguridade, tanto cámaras como alarma,
procedendo a renovar o SAI, a cambiar baterías dos detectores de movemento
e a limpar as cámaras.
Museo Provincial do Mar
15
4. PROGRAMA DIDÁCTICO
4.1. Actividades escolares
Programa de actividades escolares curso 2020/2021
A educación é unha función intrínseca aos museos, polo que desde a Rede
Museística Provincial de Lugo consideramos fundamental tecer lazos cos centros
educativos. Así pois, traballamos no deseño de actividades e inciciativas que nos
permitan achegarnos tanto ao profesorado como ao alumnado, co fin de construír
proxectos en común. Neste ano tan atípico tivemos que reinventarnos e elaborar
actividades que podan ser usadas dende os colexios, ata que se poida volver as
visitas presencias.
As actividades ofertadas para o Museo Provincial do Mar son:
• Visitas inmersivas para escolares:
A Rede Museística Provincial pon a disposición dos centros escolares unha
serie de visitas inmersivas ao Museo Provincial de Lugo co obxectivo de
fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio conservado nos nosos
museos.
Museo Provincial do Mar
16
Cada docente poderá decidir, de acordo co plan de estudos e o proxecto
educativo que estea desenvolvendo, a mellor maneira de utilizar os recuros
que lle ofertamos.
Áreas Temáticas:
Propoñemos ao profesorado unha relación de 12 áreas temáticas, cuxos
obxectivos e contidos describimos brevemente en cada caso, tendo en conta
tanto as coleccións e obras expostas no museo como a Axenda 2030 e os
17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que enumera a
UNESCO.
• Escape Room:
Obxectivos:
Achegar ás rapazas e rapaces as diferentes coleccións dos museos de xeito
interactivo, lúdico e interdisciplinario.
Profundar en aspectos propios do currículo escolar no ámbito de Galicia, e
especialmente no referente á Historia, á Xeografía, á contorna natural e ao
patrimonio artístico e cultural.
Aprender a través do xogo e a participación directa.
Densenvolvemento:
Os xogos Escape Room son actividades lúdicas, cada vez máis estendidas,
nas que as persoas que participan usan a lóxica, coñecementos e enxeño
para escapar, nun tempo limitado, dalgunha situación.
En todos se tratan temas transversais tales como educación para a
convivencia, a educación en valores, a educación para a conciencia
ambiental e tamén para a equidade de xénero.
https://view.genial.ly/5f5b3ff979626a0d7127c1be/interactive-content-escaperoommar
Museo Provincial do Mar
17
Museo Provincial do Mar
18
Museo Provincial do Mar
19
Museo Provincial do Mar
20
Museo Provincial do Mar
21
Museo Provincial do Mar
22
Museo Provincial do Mar
23
Museo Provincial do Mar
24
Museo Provincial do Mar
25
Museo Provincial do Mar
26
Museo Provincial do Mar
27
Museo Provincial do Mar
28
Museo Provincial do Mar
29
Museo Provincial do Mar
30
Museo Provincial do Mar
31
4.2. Museoloxía Social
Desde fai xa 15 anos, a Rede Museística Provincial de Lugo fuxe de esa idea do
museo como meros espazos expositivos reservados para unha elite, para unha
minoría da sociedade, procurando transformarse en museos comunitarios,
dinamizadores sociais, converténdose en contornas nas que se producen
procesos de comunicación, aprendizaxe e diálogo entre distintos
interlocutores, propiciándose o establecemento de vínculos significativos no
espazo museístico.
Nestes museos inclusivos, igualitarios e sostibles, a persoa pasa a ser o eixe
vertebrador, abríndose as portas á procura a novas conexións e significados,
permitindo recoñecer os trazos significativos da súa contorna física
(territorio), social (comunidade) e da experiencia inmediata ou da pasada
(patrimonio).
❖ VIAXE AO LOMBO DA BALEA
O Museo Provincial do Mar de San Cibrao:
Recuperando o pasado para reimaxinar o futuro.
Con esta actividade o Museo Provincial do Mar, e tendo en conta o lema do
DIM 2021, pretende Establecer lazos entre o Museo e a cidadanía, poñendo
en valor o patrimonio dunha comunidade mariñeira ligada a un territorio
vinculado ao mar que se conserva no Museo Provincial do Mar, relacionando
as pezas do Museo co seu contexto orixinal, tentando así de espertar o
interese das persoas que conforman esta comunidade polo seu patrimonio de
xeito lúdico, participativo e interactivo.
A metodoloxía utilizada desta volta consistiu nunha proba con seis
singraduras distribuídas por distintos puntos da vila de San Cibrao, tendo os
participantxs que buscar ditos puntos, nos que atoparán un código QR cun
enlace a un sinxelo reto que terán que resolver.
Unha vez resolto o reto das seis singraduras, a viaxe ao lombo da balea terá
rematado e xs viaxeirxs recibirán a súa recompensa.
Na mañá do 1 de xuño, xs membrxs da Asociación Enfermos Mentais da
Mariña foron os que viaxaron ao lombo da balea, rematando de xeito moi
Museo Provincial do Mar
32
satisfactoria a súa viaxe, e dando mostras de coñecer moi ben o seu territorio,
a súa comunidade e o seu patrimonio.
Museo Provincial do Mar
33
TAPAS DE CULTURA
Esta foi unha actividade dentro da programación de actividades organizadas
pola Rede Museística Provincial de Lugo, consistente en visitas guiadas
presenciais de curta duración ás principais salas de cada un dos catro museos,
excepto no Pazo de Tor onde se visitou a exposición Viaxe no Tempo. As visitas
tiveron lugar do 4 ao 30 de setembro ás 13.30h.
Para realizalas era preciso inscribirse na plataforma :
comunidadermpl@gmail.es
Dentro da programación de actividades organizadas pola Rede Museística
Provincial de Lugo anunciamos unha nova proposta, “Tapas de cultura”,
consistente
en visitas guiadas presenciais de curta duración ás principais salas de cada un
dos catro museos, excepto no Pazo de Tor onde se visitará a exposición
Viaxe no Tempo. As visitas terán lugar do 4 ao 30 de setembro ás 13.30h.
Museo Provincial do Mar
34
COÑECENDO AS ESTRELAS
O sábado 21 de agosto a Rede Museística Provincial e Arte Viva presentaron
Coñecendo as estrelas, un obradoiro de iniciación á astronomía.
Cales son as estrelas máis visibles do noso ceo, como se relacionan arte e
astronomía, que é e como se elabora un planisferio... son algunhas das
curiosidades que @astroxabi nos ensinou neste obradoiro. Ao rematar,
tíñamos todas as ferramentas necesarias para dar os primeiros pasos na arte
de observar o universo. Foi fantástico desfrutar desta experiencia estelar!
A actividade tivo lugar o sábado 21 ás 17:00 no Museo Provincial do Mar.
Museo Provincial do Mar
35
A SAÚDE MENTAL. Un dereito necesario
MAÑÁ PODES SER TI
O 10 de outubro conmemoramos o Día Mundial da Saúde Mental que este
ano leva por lema “A saúde mental, un dereito necesario. Mañá podes ser ti”
e ofrecemos
un amplo programa de actividades coa implicación dos catro museos da Rede
Museística da Deputación de Lugo.
Co fin de romper co tabú que envolve as enfermidades mentais e co propósito
de desvelarnos como seres conscientes das súas emocións, creamos esta
unidade
na que as coleccións dos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo
actúan como mediadores e espellos nos que recoñecernos. Propuxemos un
conxunto
de actividades nas que creamos e difundimos novos relatos e formas de
entender a arte como vehículo de transmisión dunha importante mensaxe:
MAÑÁ PODESSER TI.
Programa:
UNHA REDE DE EMOCIÓNS
Con motivo da conmemoración o 10 de outubro do Día Mundial da Saúde
Mental, que este ano tiña por lema “A saúde mental, un dereito necesario.
Museo Provincial do Mar
36
Mañá podes ser ti”, estendemos no Museo Provincial do Mar unha rede física,
na que puidemos colgar mensaxes que reflectían as nosas emocións e
sentimentos, os nosos medos e esperanzas, os nosos equilibrios e
desequilibrios.
Data:10 outubro.
Horario: 11:30.
Modalidade: presencial, Museo Provincial do Mar.
Colectivo: Asociación Enfermos Mentais a Mariña.
Museo Provincial do Mar
37
EMOCION ARTE
As persoas estamos compostas de emocións diversas, unhas sinxelas e outras
complexas, unhas ben coñecidas e outras máis difíciles de recoñecer.
Con esta actividade falamos das emocións, tratando de identificalas na
colección do Museo Provincial do Mar e tentamos darlles forma a través da
creación artística.
Data:13 outubro.
Horario: 11:00.
Modalidade: presencial, Museo Provincial do Mar.
Colectivo: Asociación Enfermos Mentais a Mariña.
Museo Provincial do Mar
38
A árbore da vida
A saúde é como unha semente que para medrar precisa dos coidados de todxs
nxs.
É por iso que creamos esta árbore que nos recibiría en cada museo da Rede
Museística Provincial de Lugo, na que poidamos deixar comentarios,
vivencias, anotacións ou desexos relacionados coa saúde mental que sirvan
de alento para outras persoas.
Data:15 outubro.
Horario: 11:00.
Modalidade: presencial, Museo Provincial do Mar.
Colectivo: Asociación enfermos Mentais a Mariña.
Museo Provincial do Mar
39
A búsqueda do norte (Visita inmersiva)
A procura do Norte, fixar un rumbo, idear instrumentos para se orientar no
infinito da mar foron algunhas das prioridades das persoas que en todos os
tempos se dedicaron a percorrer a mar
Museo Provincial do Mar
40
Imos a visitar as antigas aulas que conforman o Museo do Mar e a describir a
Arte de Marear.
Data:20 outubro.
Horario: 11:00.
Modalidade: on line.
Colectivo: ALUME.
O museo tamén Sona
Os museos teñen que ser espazos multisensoriais, nos que poñamos en activo
todos os nosos sentidos para que as emocións e os sentimentos flúan con
liberdade.
Como na modalidade virtual quedamos limitadxs á vista e ao oído,
aproveitamos os sons para que os nosos sentimentos e emocións aflorasen.
Data:10 novembro.
Horario: 11:00.
Modalidade: on line.
SENTIMOS IGUAL?
Somos persoas, somos sensibles, obxectos, sons, cheiros, cores, …espertan as
nosas sensacións.
Pero esas sensacións son diversas en cada ser humano.
Con esta actividade comprobamos cal era o collage sensorial que algunhas das
pezas da colección do Museo do mar provocaban en cada unha das persoas
que participaban.
Data:8 decembro.
Museo Provincial do Mar
41
Horario: 11:00.
Modalidade: on line.
Colectivo: ALUME.
PROGRAMA IMAXINANDO ÁS ESCURAS
Co espírito que nos inspira desde hai xa moitos anos de achegar os Museos da
Rede Museística Provincial de Lugo a todos os colectivos, perdendo o medo a
saír do confort dos nosos muros, a deixar que sexan as persoas quenes
expoñan as súas necesidades e preferencias, a adaptarnos a satisfacer esas
necesidades e preferencias, levamos de novo a riqueza patrimonial das nosas
coleccións ao colectivo de persoas cegas e con discapacidade visual da ONCE
de Galicia.
Estas visitas que se englobaron baixo o nome de “Imaxinando ás escuras”,
fixéronse en modalidade online mediante a plataforma ZOOM.
Esta actividade, consistente nunha serie de visitas inmersivas multicanle, foi
deseñada para este colectivo de persoas cegas ou con grave discapacidade
visual.
As visitas que se progrmaron ao longo deste ano 2021 foron 6, dúas co Museo
do mar como protagonista, os días 20 de abril e 9 de novembro.
Coñecendo o Museo do Mar.
Data: 20 de abril.
Coñecendo o Museo Provincial de Lugo.
Data: 18 de maio.
Coñecendo o pazo de Tor
Museo Provincial do Mar
42
Data:15 de xuño.
Viaxe pola Fortaleza medieval de San Paio de Narla.
Data: 19 outubro.
A caza da balea en Galicia do século XIII ao século XX. Museo Provincial do
Mar.
Data: 9 de novembro.
A arqueoloxía no Museo Provincial de Lugo.
Data: 23 de novembro.
MUSEOS VIAXEIROS
O 1 de decembro, o Museo Provincial do Mar viaxou ao CIP Península da Paz
de Cervo, achegándolle o Museo a todo o alumnado de primaria, máis de 100
cativxs que a través da actividade MALETAS VIAXEIRAS descubriron museos
inclusivos nos que se custodia o patrimonio que lles aporta identidade como
membrxs dunha comunidade que se asenta nun territorio.
Museo Provincial do Mar
43
4.3. Programación de verán
NO VERÁN A MUSEAR
Na Rede Museística Provincial de Lugo sabemos certamente que o noso maior
valor son as persoas, as que sempre poñemos no centro, ás que enredamos e
deixamos que nos enreden, das que nos nutrimos e aspiramos a nutrir, as que
fan de nos verdadeiros museos sociais.
Nestas datas de verán, de boas temperaturas e tempo libre e de lecer,
queremos ofertar aos máis cativxs unha serie de obradoiros nos que poderán
achegarse un pouco máis a coñecer os catro museos que conformamos a Rede
Museística Provincial de Lugo que este ano está de 15º aniversario, e o
patrimonio cultural e as tradicións desta parte da provincia de Lugo que é a
Mariña Lucense.
Os nosos obradoiros dirixidos a nenxs de 4 a 14 anos, cun límite de prazas de
10 nenxs, levaranse a cabo os mércores de 11:30 a 13:30 no propio museo.
No caso de que a demanda superase o aforo, faríamos outra edición dos
obradoiros os xoves.
ENRÉDATE NA REDE
A Rede Museística provincial de Lugo está de 15º aniversario.
e imos a celebralo enredando e enredándonos co Museo Provincial do Mar.
Museo Provincial do Mar
44
Anímate e se outrx enredadx máis..
Data: 7 de xullo.
Prazas: 10.
Idades: de 4 a 14 anos.
Museo Provincial do Mar
45
“A MANEIRA DE”
«PINTAR CON FÍOS, UNA POSIBLE REPRESENTACIÓN DO FOGAR"
CON REBECA LAR
Este obradoiro enténdese como unha aproximación a procesos artísticos
vinculados co bordado contemporáneo co fin de achegar
novas técnicas e recursos pictóricos, coa idea do fogar como punto de
inspiración e creación.”
Museo Provincial do Mar
46
DE MUSEO A MUSEO
Canto sabes da Rede Museística e de cada un dos catro museos que a
conforman?
Mergúllate con nos na aventura de viaxar de museo a museo.
Data: 14 xullo.
Prazas: 10.
Idades: de 4 a 14 anos.
Museo Provincial do Mar
47
Museo Provincial do Mar
48
Museo Provincial do Mar
49
A ARTE DE ANOAR
Para que servían os nós nos barcos?
De que material se facían os cabos cos que logo se elaboraban os nós?
Cantos tipos de nós coñeces?
Trataremos de contestar a todas estas preguntas ao tempo que facemos uns
cantos auténticos nós mariñeiros.
Data: 21 de xullo.
Prazas: 10.
Idades: de 4 a 14 anos.
Museo Provincial do Mar
50
Museo Provincial do Mar
51
BRIGADA SALVAMAR
O ODS nº 14 aconséllanos coidar da vida submarina para deste xeito lograr un
planeta máis sostible e unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Cales están a ser as consecuencias dos nosos malos hábitos sostibles?
Que podemos facer para cambialos?
Imos a traballar en conxunto para acadar algunha resposta.
Data: 28 xullo.
Prazas: 10.
Idades: de 4 a 14 anos.
Museo Provincial do Mar
52
E TI QUE ES, PIRATA OU CORSARIX?
Cal é a diferencia entre pirata e corsarix?
En que mares facían das súas?
Era unha ocupación so de chicos?
De seguro que si te achegas ao noso obradoiro levarás unha grande sorpresa.
Data: 4 agosto.
Prazas: 10.
Idades: de 4 a 14 anos.
Museo Provincial do Mar
53
Museo Provincial do Mar
54
MARIÑAS, MAROSAS E MARUXAINAS
Sabes quen é Maruxaina?
Coñeces a súa lenda?
Imos votar a nosa rede na procura das máis creativas Maruxainas xamáis
imaxinadas.
Data: 11 de agosto.
Prazas: 10.
Idades: de 4 a 14 anos.
Museo Provincial do Mar
55
Museo Provincial do Mar
56
A BÚSQUEDA DO TESOURO
Algo habitual na comunidade pirata era agochar en ocultos lugares parte dos
tesouros que conseguían nas súas abordaxes.
Atopar eses tesouros non era unha cuestión doada.
Eran moitos os misterios a resolver e as provas a superar.
Como no Museo Provincial do Mar temos un espírito moi pirata, tamén temos
agachados algúns tesouros.
Serás quen de atopalos?
Museo Provincial do Mar
57
Data: 18 de agosto.
Prazas: 10.
Idades: de 4 a 14 anos.
Museo Provincial do Mar
58
RECUPERAR ONDE VIVÍAMOS, REIMAXINAR ONDE VIVIREMOS.
Saber como son as paisaxes e os espazos nos que hoxe vivimos é unha tarefa
moi sinxela.
Saber como eran esas paisaxes e espazos no pasado require dunha labor de
investigación.
Saber como serán esas paisaxes e espazos no futuro precisa dunha labor de
imaxinación e creatividade.
Anímaste a imaxinar e crear.
Data: 25 de agosto.
Prazas: 10.
Idades: de 4 a 14 anos.
Museo Provincial do Mar
59
Museo Provincial do Mar
60
4.4. Programación de Nadal
NO NADAL A MUSEAR
O Nadal é unha época máxica onde a ilusión se mestura coa tradición, e por
iso, un ano máis, desde a Rede Museística Provincial de Lugo ofertamos unha
serie de actividades pensadas para xs máis cativxs, protagonistas destas
festas.
A través de diferentes obradoiros aprendemos como vivir estas datas
buscando a esencia do Nadal en nós mesmos.
Deste xeito, reflexionamos sobre a importancia dos agasallos transformados
en instantes, lembranzas, vivencias e soños, e puxemos en valor a familia, as
amizades… e por suposto ensinanzas como a solidariedade, humildade ou
xenerosidade.
• CAMIÑOS DE ESTRELAS
Dende fai séculos e séculos as estrelas marcaron os camiños a seguir polos
viaxeiros de terra e mar.
Cada época do ano, cada parte do planeta ten ás súas estrelas específicas, e
encargámonos de buscar as que brillan no Nadal no noso pedazo de ceo.
Museo Provincial do Mar
61
Data: 29 de decembro.
Museo Provincial do Mar
62
• NOVO ANO, NOVO ALMANAQUE
Moitos foron os xeitos nos que a humanidade desde o principio dos tempos
medíu o paso do tempo.
Investigar algún dos diversos almanaques que as diversas culturas usaron e
usan foi a nosa meta neste casi derradeiro último día do ano.
Data: 30 de decembro.
Museo Provincial do Mar
63
Museo Provincial do Mar
64
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL
5.1. Semana dos museos
DÍA INTERNACIONAL DOS
MUSEOS 2021
REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar 10
Como cada ano desde 1977, o ICOM proponnos celebrar o 18 de maio o Día
Internacional dos Museos como data excepcional para a comunidade
museística internacional.
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo súmanse aos milleiros
de museos do mundo que participan nesta celebración mundial
Museo Provincial do Mar
65
na que, segundo ICOM, o ano pasado tomaron parte 37.000 museos en 158
países e territorios.
O obxectivo é concienciar sobre o feito de que os museos son un importante
medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como
para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz
entre os pobos.
Ademais, este ano, como sempre, celebramos as tres datas sinaladas para o
mundo da cultura galega: o día 15 de maio, a Noite dos Museos, o 17, o Día
das Letras Galegas, dedicado este ano a Xela Arias, e o 18, Día Internacional
dos Museos.
PROGRAMA
5 de maio. Presentación do DIM2021 e convocatorias
Presentamos o Día Internacional dos Museos 2021 cuxo lema ‘O futuro dos
museos: recuperar e reimaxinar’, inspira desde hai 15 anos a liña de traballo
desta Rede Museística Provincial de Lugo. Toca por tanto facer memoria do
que fomos para visualizar o que queremos ser.
Como vén sendo habitual, poremos en práctica esta idea a través de
diferentes actividades (convocatorias, obradoiros e conferencias) que dan
comezo neste mes de maio e que se estenderán ata o final de ano tomando a
colaboración cos diversos públicos como base para a reflexión e a construción
de futuro.
Por tanto, convocamos á participación nas seguintes actividades:
CONVOCATORIAS DE PARTICIPACIÓN:
Lendo a Xela
Con motivo da celebración o día 17 de maio do Día das Letras Galegas
dedicado a Xela Arias abrimos convocatoria para recibir as vosas lecturas da
obra da destacada poeta.
O formato será en vídeo de máximo dous minutos de duración,
preferiblemente en horizontal, que publicaremos nas nosas redes sociais na
noite do 17 de maio.
Envío de material: comunidadermpl@gmail.com
Museo Provincial do Mar
66
Sementando galego
Unha experiencia educativa e reflexiva para mirar ao pasado a través daquelas
palabras que nos suxiren outros momentos e dirixir a vista cara ao presente
con aqueloutras que nos importan conservar. Sementándoas, pasarán a ser o
substrato necesario para construír o noso futuro.
Esta convocatoria está dirixida, tecendo redes coa comunidade, a todos os
públicos que poderán participar de forma individual e colectiva como familias,
colexios ou grupos, traballando en todo caso unha reflexión previa
relacionada co recuperar e o reimaxinar a nosa lingua, o que, en definitiva,
queremos que sexa o que marque este Día dos Museos.
Datas e lugares da sementeira:
16 de maio ás 18:00h. en San Paio de Narla.
18 de maio ás 14:00h. no Pazo de Tor.
Museo Provincial do Mar
67
18 de maio. Escape-room do patrimonio. Recuperando o pasado para re-
imaxinar o futuro
Queres coñecer un pouco máis da provincia de Lugo e o dos seus museos?
Dende a Rede Museística propoñémosche unha serie de retos para que
demostres canto sabes sobre a túa contorna. O desafío atópase en códigos QR
agochados en distintos puntos, que ao lelos co móbil danche paso a unha
misión que debes resolver.
Serás quen de superar todas as misións? Por cada unha que completes obterás
un díxito e unha pista para atopar a seguinte. Se consegues todos os díxitos,
obterás unha recompensa!
Anímaste?
Non precisa inscrición previa. O día 18 de maio, a aventura comeza nos
seguintes puntos:
Lugo: Xardín do Museo Provincial de Lugo.
Friol: Gasolineira á entrada (Estrada L-232, 19)
San Cibrao: Temón da entrada do Museo Provincial do Mar.
Monforte de Lemos: Oficina de Turismo.
A aventura comeza nos seguintes puntos:
Lugo: Xardín do Museo Provincial de Lugo.
Friol: Gasolineira á entrada (estrada L-232, 19)
San Cibrao: Temón da entrada do Museo Provincial do Mar.
Monforte de Lemos: Oficina de Turismo.
Museo Provincial do Mar
68
Recuperar onde vivimos, imaxinar onde viviremos
Actividade aberta á participación onde traballaremos ao redor de tres datas
que marcan o ronsel que estamos a debuxar: o pasado, representado no
nacemento da Rede Museística en 2006, o presente con este 18 de maio como
Día Internacional dos Museos, e o futuro coa vista posta na consecucións dos
Obxectivos da Axenda 2030.
Así, dende o 18 de maio ata o 18 de decembro, Día Internacional das
Migracións, recolleremos imaxes do pasado relaciona as cos lugares que
habitamos: prazas, edificios, tendas, paisaxes polas que descorría o cotiá que
queremos recuperar.
Ademais, completar a actividade, respondede con imaxinación a como
pensades que serán e como viviremos estes espazos cando chegue ese ano
2030.
O formato é libre poden ser achegas multimedia, textos, composicións,
colaxes, etc...
AXENDA DIM2021
14 de maio. Conferencia de Nekane Aramburu.
Museo Provincial do Mar
69
Lugar: Online
Hora: De 17:00 a 18:00h.
Inscricións:
comunidadermpl@gmail.com
Conferencia online de Nekane Aramburu sobre o seu libro Alternativas.
Políticas de lo independiente en las Artes Visuales. Para todos os públicos con
interese en museos, xestión cultural e inclusión de outras narrativas. Con esta
publicación a autora ofrece ferramentas de pensamento crítico para abordar
os relatos da historia da arte.
Durante os días seguintes un grupo de traballo de profesionais da xestión
cultural analizará en profundidade metodoloxías e conceptos evolutivos
inclusivos.
15 de maio. Noite dos museos
Lugar: San Paio de Narla.
Hora: 20:00h.
Inscricións:
comunidadermpl@gmail.com
Presentación de 4 proxectos que poñen en práctica o lema deste Día
Internacional dos Museos como liña de xestión da Rede Museística Provincial
de Lugo nestes 15 anos de traxectoria.
-Arquitecturas de memoria
Desde Friol, recollida de testemuñas orais e en primeira persoa das vivencias
das nosas comunidades, en especial as rurais, coas que subliñamos o valor do
noso patrimonio cultural e a súa raizame no territorio.
-Xornadas 15 anos da Rede Museística. Rede de Museos, Redes de Persoas.
“Á maneira de” recuperar e reimaxinar
Obradoiros da man de creadoras e creadores contemporáneos que tecen rede
na historia da Rede Museística Provincial de Lugo.
Dende maio ata outubro, desenvolveranse diferentes propostas relacionadas
con técnicas diversas que ofrecen outras maneiras de contar. Ilustración,
estampados, bordado, traballo co papel, debuxo e escultura ademais dun
Museo Provincial do Mar
70
relatorio sobre as mulleres artistas na historia da arte. Contamos coa
participación de Iria Fafián, Iria do Castelo, Rebeca Lar, Bibí Martí e Virginia
Rivas.
-Presentación e estrea do capítulo 0 da web-serie Ronsel de Futuro.
Contará coa actuación dos e das integrantes de Producións Señor López.
-Recuperar onde vivimos, reimaxinar onde viviremos
Actividade aberta á participación onde traballaremos ao redor de tres datas
que marcan o ronsel que estamos a debuxar: o pasado, representado no
nacemento da Rede Museística en 2006, o presente con este 18 de maio como
Día Internacional dos Museos, e o futuro coa vista posta na consecucións dos
Obxectivos da Axenda 2030.
Así, dende o 18 de maio ata o 18 de decembro, Día Internacional das
Migracións, recolleremos imaxes do pasado relacionadas cos lugares que
habitamos: prazas, edificios, tendas, paisaxes polas que descorría o cotiá que
queremos recuperar.
Ademais, completar a actividade, respondede con imaxinación a como
pensades que serán e como viviremos estes espazos cando chegue ese ano
2030.
O formato é libre poden ser achegas multimedia, textos, composicións,
colaxes, etc...
16 de maio. Sementando Galego
Lugar: San Paio de Narla
Hora: 18:00h.
Inscricións:
comunidadermpl@gmail.com
Aforo: 30 persoas
Unha experiencia educativa e reflexiva para mirar ao pasado a través daquelas
palabras que nos suxiren outros momentos e dirixir a vista cara ao presente
con aquelas outras que nos importan conservar. Sementándoas, pasarán a ser
o substrato necesario para construír o noso futuro.
Esta convocatoria está dirixida, tecendo redes coa comunidade, a todos os
Museo Provincial do Mar
71
públicos que poderán participar de forma individual e colectiva, como
familias, colexios ou grupos, traballando en todo caso unha reflexión previa
relacionada co recuperar e o reimaxinar a nosa lingua, o que, en definitiva,
queremos que sexa o que marque este Día dos Museos.
18 de maio. Unha xornada palaciana: pasado, presente e futuro da vida dos
pazos galegos. Os casos de Tor e Meirás
Lugar: Museo Pazo de Tor
Hora: De 10:00 a 14:00h.
Inscricións:
comunidadermpl@gmail.com
Aforo: 15 persoas
Construirase un novo espazo de reflexión patrimonial e cultural cunha mirada
múltiple da que participarán especialistas e testemuñas directas do mundo
palaciano. Abordarase tanto a dimensión histórica e cultural dos pazos, coma
os aspectos patrimoniais, museolóxicos e sociais que lles concirnen:
-Primeiro bloque: dedicado á visión histórica da vida palaciana. Con Pegerto
Saavedra Fernández e Antonio Presedo Garazo.
-Segundo bloque: dedicado á recuperación pública dun ben patrimonial. Con
Manuel Monge González e Carlos Babío Urkidi.
-Terceiro bloque: en relación co pasado inmediato e o presente do Museo
Pazo de Tor. Con Ángeles Rivada González, Encarna Lago González, Verónica
Fulgencio Fernández, Tar López López e Simón Vicente López.
Presenta: Tareixa Antía Ferreiro Tallón
Modera: Encarna Lago
18 de maio. Sementando galego
Lugar: Pazo de Tor
Hora: 14:00h.
Inscricións:
comunidadermpl@gmail.com
Aforo: 30 persoas
Museo Provincial do Mar
72
Unha experiencia educativa e reflexiva para mirar ao pasado a través daquelas
palabras que nos suxiren outros momentos e dirixir a vista cara ao presente
con aquelas outras que nos importan conservar. Sementándoas, pasarán a ser
o substrato necesario para construír o noso futuro.
Esta convocatoria está dirixida, tecendo redes coa comunidade, a todos os
públicos que poderán participar de forma individual e colectiva, como
familias, colexios ou grupos, traballando en todo caso unha reflexión previa
relacionada co recuperar e o reimaxinar a nosa lingua, o que, en definitiva,
queremos que sexa o que marque este Día dos Museos.
18 de maio. Obradoiro de ilustración con Iria Fafián con versión online
Lugar: Museo Provincial de Lugo
Hora: de 17:00 a 20:00h.
Inscricións:
comunidadermpl@gmail.com
Aforo: 10 nenxs de 8 a 12 anos acompañados dunha persoa adulta.
Destinado a familias, este obradoiro está orientado a estimular a creatividade
e a colaboración a través dun exercicio sinxelo e divertido en torno ao deseño
de personaxes. A intención é dar unhas ferramentas de creación que se poidan
utilizar a modo de xogo.
Ademais, as persoas interesadas sen praza presencial poderán seguir este
obradoiro vía streaming solicitando o enlace no mesmo correo electrónico.
18 de maio. Imaxinando ás escuras
Lugar: Museo Provincial de Lugo
Hora: 11:00h.
Visita sensorial co colectivo ONCE de Galicia.
18 de maio. Recuperando e reimaxinando proxectos de xénero na Rede
Museística.
Lugar: Museo Provincial de Lugo
Hora: 20:00h.
Inscricións:
comunidadermpl@gmail.com
Museo Provincial do Mar
73
Aforo: 15 persoas
Eu..., ti..., elas..., nosoutras, nosoutrxs... en rede é un proxecto artístico de
diversidade e igualdade. Presentamos así co fío de recuperar a nosa memoria,
e que sirva para reimaxinar un mundo máis xusto, o catálogo que dá
visibilidade ás propostas colaborativas desenvoltas neste tempo de singradura
comezado en 2018.
Completaremos o actividade coa presentación da unidade educativa dedicada
a igualdade de xénero destinada á comunidade escolar e ás familias.
18 de maio. Concerto de Carmen Penin
Lugar: Museo Provincial de Lugo
Hora: 20:30h.
Inscricións:
comunidadermpl@gmail.com
Aforo: 15 persoas
Broche final ao DIM 2021 no Museo Provincia de Lugo.
5.2. Programa de museoloxía social na Rede-COVID 19
Como museos sociais, temos claro que traballamos con persoas e que as
persoas van a estar sempre no centro.
É por iso que nestes tempos tan duros e complexos, nos que temos que ter as
portas pechadas e manter unha distancia física, hai que buscar a canle máis
axeitada para estar a carón da nosa comunidade, e a canle dixital, con moitas,
moitísimas dificultades, debidas a unha fenda dixital que ten moitas variantes,
resulta nestes momentos un dos xeitos de manternos preto das persoas.
Algunhas das propostas dixitais que durante esta época se programaron para
seguir preto das nosas comunidades foron:
Rumbo 2030: Os museos quérente, querémoste!
Museo Provincial do Mar
74
Cada día da semana, de martes a domingo, os museos da Rede Museística
Provincial de Lugo queren darche todo o afecto e agarimo que mereces,
queremos estar contigo, acompañarte da maneira máis segura posible, coa
máxima calidez posible e contarche todos os nosos segredos.
De martes a domingo, ás 5 da tarde
Comezamos este novo proxecto pensado para todos os públicos con relatos
mediados, ao vivo, sempre en directo, a través do noso facebook
Parladoiros, Escape Room, obradoiros, xogos ... conéctate cada serán ás
17:00h no facebook da Rede Museística e nós levarémoste de paseo polas
coleccións, salas e recunchos dos catro Museos.
Atentos ao calendario:
Os martes, xoves e sábados dende o Museo Provincial de Lugo
Os mércores dende o Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo.
Os venres desde o Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos.
Os domingos dende o Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol.
Esta é o noso recibidor:
https://www.facebook.com/redemuseisticaprovincial
Hora da cita, cada día: 17:00h
Convida a quen queiras! Hai sitio de sobras!
Museo Provincial do Mar
75
Mércores 27 de xaneiro: A caza da balea en Galicia no século XX. O uso do
arpón quente e do insuflador.
Mércores 03 de febreiro: Glosario mariñeiro para pricipiantes
Museo Provincial do Mar
76
Mércores 10 de febreiro:Sargadelos nos museos da Rede.
Museo Provincial do Mar
77
Mércores 17 de febreiro:As escolas vellas de San Cibrao.
Museo Provincial do Mar
78
Mércores 24 de febreiro:Museo Inclusivo.
DERIVAS
Obradoiro de fotografía con Nachok (2ª PARTE): 8 sesións. Obradoiro online,
en directo e en aberto por facebook e youtube.
»Vídeo sesión 1
DATA E HORARIOS: Sábados 6, 13, 20 e 27 de febreiro e 6, 13, 20 e 27 de
marzo, ás 12:00 h.
DURACIÓN: 45 min cada sesión.
IMPARTE: Nachok
Desde a sesión do 13 de febreiro, Angeles Miguélez, vixiante-guía do Museo
Provincial do Mar, participa tratando de facer unha audiodescripción das
fotografías que aparecen no obradoiro e unha traducción das mesmas desde
a visión dunha persoa cega.
Museo Provincial do Mar
79
Sábado 06(Sesión 1)
Sábado 13(Sesión 2)
Sábado 20(Sesión 3)
Museo Provincial do Mar
80
Sábado 27 (Sesión 4)
Sábado 06 (Sesión 5)
Museo Provincial do Mar
81
Sábado 13 (Sesión 6)
Museo Provincial do Mar
82
Museo Provincial do Mar
83
Sábado 20 (Sesión 7)
Museo Provincial do Mar
84
Sábado 27 (Sesión 8)
MULLERES Ó SALSEIRO
As mulleres da Mariña xúntanse ó salseiro para botar unha parola! Concello a
concello reunirémonos cada semana ó redor da exposición “Mariñas, Marosas
e Maruxainas” (https://my.matterport.com/show/?m=NybLhDkFY78) con
aquelas que fixeron posible que este proxecto saíra adiante e algunha máis
O sábado 13 de febreiro inagurouse este parladoiro con mulleres do Concello
de Cervo, participando desde o Museo do Mar Angeles Miguélez e Amelia
Pernas, nai de Aurora Fraga, a muller que neste proxecto expositivo
representa ao Concello de Cervo, e que é filla e esposa de mariñeiro,
mariscadora, recolledora de alga, lavrega e coidadora de pais, nais e fillxs
Tamén participan sara Campo, a nena que inagurou o Club Pequemigxs e que
sigue en contacto co Museo do Mar, e Lola Galdo, unha das mulleres que
Museo Provincial do Mar
85
participan no Club Sénior, e que foi filla de mariñeiro, costureira polas casas,
muller de carpinteiro de ribeira e mariscadora.
Sábado 13 Concello de Cervo.
Sábado 20 Concello do Valodouro
Museo Provincial do Mar
86
Sábado 27 Concello de Mondoñedo.
Museo Provincial do Mar
87
Sábado 6 Concello de Burela
Sábado 13 Concello de Ourol.
Museo Provincial do Mar
88
Sábado 20 Concello de A Pontenova
Museo Provincial do Mar
89
Sábado 27 Concello Vicedo
Museo Provincial do Mar
90
Sábado 3 de abril Concello Trabada
Museo Provincial do Mar
91
Sábado 10 de abril Concello Ribadeo
Sábado 17 de abril Concello Lourenza.
Museo Provincial do Mar
92
Sábado24 de abril Concello Xove.
Museo Provincial do Mar
93
Sábado01 de maio Alfoz.
Museo Provincial do Mar
94
Sábado08 de maio Barreiros
Museo Provincial do Mar
95
Sábado15 de maio Riotorto
Sábado22 de maio Viveiro
Museo Provincial do Mar
96
Sábado29 de maio Foz
DÍA DE ROSALÍA
(24 febreiro 2021)
Celebramos o Día de Rosalía coa entrega dun caravel branco e unha ilustración
de Alba Nimbos inspirada no poema "Cando a luniña aparece" de Cantares
Galegos nos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo Museo de
Lugo, Museo deProvincial do Mar, Pazo de Tor e Fortaleza de San Paio de
Narla.
Xuntamos ao agasallo unha copia do manifesto da Asociación Escritoras-es
Lingua Galega - AELG de Anna R. Figueiredo #TeusDocesCantares
"Ser Rosalía é un acto de rebeldía, é unha acción política. Cada mirar nos ollos
fire coma cen saetas. Non precisamos máis, só mirar. Quen mira a obra de
Rosalía entende a muller de vangarda que hai detrás dela, a insubmisa, a
creadora do pensamento, a inconformista, a muller valente que elixe a palabra
para loitar contra a inxustiza e para crear un país sublime. Ser Rosalía é ollar
cara a unha nova normalidade na que só podemos avanzar"
Museo Provincial do Mar
97
Coma cada 24 de febreiro, a forza solemne dos versos de Rosalía retumba
aínda con máis forza en todos e cada un dos rincóns da Rede Museística.
Celebremos coa nosa lingua! Palabra de Rosalía!
Museo Provincial do Mar
98
DÍA DA MULLER
(8 de Marzo 2021)
Día da Muller, programa para o 8M na Rede Museística.
Dentro do plan Museos Xénero, Arte e Educación pretendemos afianzar neste
8 de marzo os valores para o futuro a través dun novo proxecto educativo,
o Programa Escolar sobre Igualdade de Xénero centrado na comunidade
escolar, as familias e, sobre todo, as nosas nenas e nenos.
Así mesmo queremos que todas as mulleres que forman parte da nosa
comunidade se vexan representadas: artistas, educadoras, mulleres do mar,
mulleres do rural, mulleres migrantes, mulleres con discapacidade...
PRROGRAMA
5M - 18:30h.- A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, participa
como xestora convidada na inauguración online da VII Edición de Mujeres
Mirando, Mujeres (MMM).
6M - 19:00h.- Unha nova parolada das Mulleres ó salseiro. Nesta ocasión con
mulleres de Burela, a través da facebook da Rede Museística.
8M Día da Muller 2021 - 17:00h.
Tecendo territorio e redes de colaboración cos museos portugueses de Leiría,
Oeste e Médio-Tejo nun webinar dentro do proxecto Rede Cultura 2027,
Capital Europea da Cultura en 2027, Portugal, no que participará Encarna
Museo Provincial do Mar
99
Lago, xerente da Rede Museística Provincial, co obxectivo de reflexionar sobre
a cooperación e a axuda entre institucións museolóxicas, o traballo en rede e
o intercambio de coñecementos como medio para revitalizar equipos e nivelar
a calidade entre museos desiguais.
Este webimar, que será moderado pola directora da Rede de Museo do
Médio-Tejo, vaise retransmitir en canle aberto vía streaming.
8M Día da Muller 2021 - 18:30h.
Mónica Sueiro realizará a performance Subterránea e, posteriormente, ás
19:00 horas, un debate que constituirá un punto de encontro aberto para
todas as que queiran unirse para debatir e visibilizar a situación actual da
muller no noso territorio, que contara coa participación da vicepresidenta da
Deputación de Lugo, Maite Ferreiro.
RECUPERAR ONDE VIVIMOS IMAXINAR ONDE VIVIREMOSS
Nesta actividade que comenzou o 18 de maio ( Día Internacional dos Museos
)e que se prolongou ata o 18 de decembro ( Día Internacional das migracións)
recollimos 24 imaxes do pasado, de espazos nos que descorría o cotiá,
emfrentándoas a imaxes do mesmo lugar, pero no presente que habitamos,
para invitar a imaxinar o futuro que marca a Axenda 20-30 co obxectivo de
acadar os ODS
Tratamos pois de marcar nestas 24 entradas no facebook o ronsel do noso
pasado (no que tanto futuro se agocha), do noso presente e do noso futuro.
Museo Provincial do Mar
100
Museo Provincial do Mar
101
5.3. Programa de exposicións
A exposición é o método de difusión cultural do museo, un medio
de comunicación baseado na exhibición de obxectos e dos soportes
complementarios que axudan na súa comprensión, nun espazo determinado,
usando para elo una serie de técnicas e secuencias de comprensión, co
obxectivo de transmitir e difundir conceptos, valores e coñecementos.
A exposición permanente do museo e a súa exposición de referencia, aquela
na que se plasma o discurso, natureza e o significado público do mesmo,
converténdose no seu eixe central .
Fronte a elas, as exposicións temporais, son as que nun espazo limitado de
tempo, ofrécenlle xs visitantes a oportunidade de coñecer algo novo que non
ten porque se axustar ó discurso central do museo e a súa historia
Museo Provincial do Mar
102
❖ FACÉMONOS ESCOITAR?
A plataforma multicanle da Rede Museística Provincial alberga un mapa
sonoro da memoria diversa, con medio cento de testemuños orais que
relatan vivencias, anécdotas, experiencias e lembranzas vinculadas á temática
LGTBIQA+.
Este arquivo sonoro é o resultado do proxecto “Facémonos escoitar?”
desenvolvido polo Colectivo Agrocuír da Ulloa que, co apoio da
Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recolleu e documentou os audios nas
distintas comarcas da provincia.
Testemuñas relatando espertares sexuais, momentos fundacionais do
activismo, experiencias vividas nos centros educativos, lembranzas sobre os
primeiros amores ou historias cotiás en supermercados, pubs ou no entorno
familiar forman a escolma de relatos recollidos neste arquivo.
Na súa presentación, Maite Ferreiro sinalou o “compromiso da
Vicepresidencia cos dereitos e liberdades de todas as persoas e coa
diversidade todos os días do ano”.
Ademais do mapa sonoro multicanle, unha exposición itinerante que recolleu
o proxecto percorreu varios concellos da provincia, permanecendo do 27 de
xullo ao 2 de agosto no xardín do Museo Provincial do Mar.
Museo Provincial do Mar
103
5.4. Servizo do museo para outras actividades
O Museo é unha parte máis da Comunidade que o rodea, engloba o seu
Territorio e salvagarda o seu Patrimonio, polo cal é totalmente comprensible
que en ocasións, o espazo do Museo sexa o escenario idóneo para simbolizar
a unidade que conforman comunidade,e territorio e patrimonio.
O mércores 31 de marzo, os artistas visuais José Reigosa, Jaime Pardo, Martín
Blarés e Javier Gómez, da Productora imaxin, gravaron no Museo Provincial
do Mar imaxes a utilizar nun futuro reportaxe no que colabora a Deputación
Provincial de Lugo sobre o CAMIÑO NO MAR.
Museo Provincial do Mar
104
O 21 de abril, seis persoas da produtora Celta gravan en horario de mañá e
tarde no Museo do Mar recursos e imaxes para o programa “O clan das
mariñeiras”, no que interveñen Amelia Pernas e Ángeles Miguélez.
Museo Provincial do Mar
105
DE BOTÓNS é un proxecto audiovisual promovido pola Vicepresidencia da
Deputación Provincial de Lugo para difundir os contidos dun cancioneiro
galego para acordeón diatónico.
Este proxecto que tivo por escenario os museos da Rede Museística Provincial
de Lugo, atracou no Museo Provincial do Mar o luns 20 de setemvro coa artista
Ugía Pedreira.
https://www.youtube.com/watch?v=YAatUvxzhns
5.5. Programa de Conferencias, presentacións e concertos
Os museos son medios de comunicación con credibilidade, espazos onde
compartir o coñecemento e difundir a cultura, abertos a todo tipo de persoas,
cada unha cos seus intereses e capacidades.
É por iso que ademais de visibilizar as memorias e relatos daquelas persoas
que tradicionalmente quedaron fora dos museos Deben tamén dar voz a
Museo Provincial do Mar
106
discursos que desde o rigor da investigación científica e do academicismo nos
aportan novas visións que desde a aprendizaxe crítica nos permitan acadar os
nosos pensamentos e opinións en liberdade.
❖ Presentación no Museo Provincial do Mar do libro ‘CEN HISTORIAS
MÁXICAS POLA MARIÑA ENCANTADA’
Data: sábado , 27 de marzo de 2021. Hora: 11:00h. Lugar de presentación:
Museo Provincial do Mar. Interveñen: Maite Ferreiro, vicepresidenta
e delegada de Cultura da Deputación de Lugo, Xoán Ramiro Cuba, responsable
de publicacións da Deputación de Lugo e Antonio Reigosa, autor.
Esta obra ilustrada, luxosamente editada por Libros Lar de Viveiro e
patrocinada pola área de Cultura da Deputación de Lugo, contén unha
antoloxía de encantos, milagres, seres e lugares lendarios localizados nos 15
concellos que conforman a Mariña lucense: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo,
Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O
Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Os textos son da autoría de Antonio
Reigosa e as excelentes ilustracións do artista de Viveiro, Neira Brochs.
Contén 100 relatos cunha variedade enorme, tanto de protagonistas do
lendario popular —demos, trasnos, nubeiros, bruxas, ánimas, mouras e
mouros, encantos e tesouros, serpes, sereas, santos e santas...— como de
lugares mariños e terrestres como fontes, montes, covas, rochas, illas,
fervenzas e outros elementos naturais singulares.
Tamén están, obviamente, os grandes personaxes míticos ou mitificados das
terras mariñás. Desde Pardo de Cela ao Conde Santo, pasando por San
Gonzalo, a serea Maruxaina, o rei Cintolo e ata o Gardarríos. E os grandes
lugares máxicos como a Serra do Xistral, a Frouxeira, san Estevo do Ermo, a
illa Coelleira ou a cova da Doncela, e outros imaxinarios que só existen na
nosa fantasía e nos que habitan cidades mergulladas, augas que curan,
santuarios abondosos en milagres, cobizados tesouros, pantasmas e un amplo
repertorio de fauna féerica.
Museo Provincial do Mar
107
A FÁBRICA ENTRE NÓS
O cervense Juan Maya presentou, na Rede Museística Provincial de Lugo, o
documental A FÁBRICA ENTRE NÓS, no que se fai un percorrido pola historia
do complexo industrial alumineiro de San Cibrao.
As datas e lugares da presentación foron:
·Xoves 17 de xuño, ás 18:30, no facebook do Museo do Mar.
·Sábado 19 de xuño, ás 18:30, no Museo Provincial do Mar.
Museo Provincial do Mar
108
·Mércores 23 de xuño, ás 18:00, no Museo Provincial de Lugo. (Aforo limitado)
Juan Maya, vinculado desde sempre ao Museo Provincial do Mar, foi membro
do seu clube Pequeamig@s e Ei, posteriormente estudou Comunicación
Audiovisual na Universidade da Coruña, e realizou como Traballo de Fin de
Grao (TFG) un documental titulado A fábrica entre nós, no que deixa patente
a súa vinculación e identificación co seu territorio (a Mariña lucense), coa súa
comunidade (as xentes da Mariña) , e co seu patrimonio cultural, social,
ambiental e económico.
As problemáticas circunstancias ao redor do posible peche da factoría
mariñana provocaron o nacemento do movemento A MARIÑA SÁLVASE
LOITANDO, movemento ao que a Rede Museística Provincial de Lugo se
adheriu coa exposición AMAR A MAR. MAROSAS,MARIÑAS E MARUXAINAS,
que ten a súa orixe no 50 aniversario do Museo Provincial do Mar, e ao que
de algún xeito, Juan Maya tamén se une con este seu traballo.
El é o director, produtor, guionista e a voz narradora deste traballo que
consistiu nun documental en formato podcast e unha serie de 27 fotografías
en branco e negro, ambos formatos centrados no complexo de Alúmina-
Aluminio de San Cibrao.
As imaxes, que foron tomadas entre maio do 2020 e maio do 2021 en Viveiro,
Xove, Morás e San Cibrao, reforzan visualmente a historia e na meirande
parte delas están presentes as súas chemineas, xigantes ubicuos que observan
aos suxeitos dende o lonxe. No primeiro episodio do podcast repásanse, entre
outros eventos, a construción do complexo na década dos setenta, a chegada
dos bidóns do Casón e o impacto e as causas da recente decisión do peche da
factoría de Aluminio de San Cibrao.
Participaron no pódcast, entre outros, José Antonio Zan, presidente do Comité
de Empresa de Alcoa San Cibrao; Olalla Rodil, deputada por Lugo do Bloque
Nacionalista Galego; Ramón Miguélez Tola, membro despedido do Comité de
Empresa de Inespal durante a crise do Casón; Óscar Varela, traballador
afectado de Alu Ibérica na Coruña e membro de Rebelión Aluminio; Miguel
González-Loureiro, profesor titular na Universidade de Vigo; Adra Pallón,
fotógrafo lucense; Miguel Ángel Valls Haendel, extraballador de Inespal; e
Francisco Fra Rico, carpinteiro de Ribeira.
Museo Provincial do Mar
109
O 20 de novembro, o profesor da UNED e investigador da USC Chema leal
impartiu no Museo Provincial do Mar unha conferencia baixo o título:
HOMES E MULLERES NA MARIÑA NO SÉCULO XVIII. O CASO DE SAN CIBRAO.
Nesta charla fíxose un percorrido polas características que definían a vida no
mar galego no século XVIII tanto de homes como de mulleres, tentando por
en coñecemento e en valor as actividades duns e doutras nese mar e nese
momento.
Tamén se fixo unha comparativa entre a vida civil e a militar dando a coñecer
as cargas e prestacións civís, militares e fiscais que soportaban as
comunidades litorais cantábricas galegas.
Museo Provincial do Mar
110
O 11 d decembro, Juan Ramón Fernández Pacios, licenciado en Xeografía e
Historia pola USC impartiu unha charla co título:
Submarinos alemáns na Mariña Lucense. 1917.
Nela abordou a temática da primeira guerra mundial e os seus efectos na
Mariña de Lugo, onde, dende principios do ano 1917, polo menos tres
submarinos alemáns patrullaron esa zona.
Durante a charla púidose ver unha lista de naufraxios de barcos estranxeiros
provocados por estes submarinos, asistindo á chegada de lanchas con
Museo Provincial do Mar
111
náufragos ás praias de San Cibrao e ao desembarco, nunha praia de Burela,
dunha lancha con mariños alemáns, membros da tripulación dun submarino
alemán.
Tamén se abordou o tema da participación da poboación mariñana nesta
guerra, vendo como se asistiu co mesmo cariño aos náufragos ingleses, gregos
e franceses que aos mariños alemáns, acollidos todos en Viveiro, que se
converteu na Casablanca da Mariña de Lugo.
Tamén se deu conta de como afectaron, favorablemente, á economía mariñán
eses naufraxios producidos polos submarinos.
Museo Provincial do Mar
112
5.6. Programación Maruxaina
Un ano máis, Maruxaina non chegou á Praia do Torno, pero si seguiu presente
entre nós e continuou traballando para difundir a nosa historia e tradición a
outros lares.
Grazas a Rede Museística Provincial de Lugo Maruxaina estivo a levar a cultura
mariñeira e o amor ao mar a todos os recunchos da xeografía galega a través
da exposición Amar a mar.
Pero como non podía ser doutro xeito, na súa casa, achegámola de novo a
todxs grazas á labor das xentes de San Cibrao.
Museo Provincial do Mar
113
Tivemos unha xornada máxica e única coa comunidade do Museo Provincial
do Mar.
MORRIÑA DE MARUXAINA.
Lídia Pernas do Club Sénior do Museo Provincial do Mar ,a través dos seus
versos, demostrounos que o espírito da Maruxaina segue entre nós,
agardando un ano máis nos nosos corazóns, latexando con forza para saír máis
vivo ca nunca o vindeiro ano. Cumpriranse os nosos desexos?
Lugar: Facebook Museo Provincial do Mar Hora: 11:00
MARUXAINA A XUÍZO.
Innovando, obrigados pola actual situación sanitaria, xs nenxs do Club
Pequeamigxs quixeron manter a tradición desta Festa de Interese Turístico
interpretando un orixinal xuízo a serea máis insigne da Mariña.
Lugar: Museo Provincial do Mar
Hora: 12:15
Museo Provincial do Mar
114
MARUXAINA, ONDE ESTÁS?
Percorrido polos diferentes museos da Rede Museística Provincial de Lugo
buscando a Maruxaina. Onde estaba? O enigma resolveuse ...nun vídeo no
que participaron os catro Museos da Rede.
Lugar: Facebook Museo Provincial do Mar e Museo Provincial de Lugo
Hora: 18:00
Museo Provincial do Mar
115
MARUXAINA SEN CLARA.
Homenaxe a unha das nosas máis queridas mulleres do Club Sénior do Museo
Provincial do Mar, Clara Rey Sarmiento, que nos deixou no mes de abril, pero
que permanecerá sempre no noso recordo e nos nosos corazóns.
Lugar: Facebook Museo Provincial do Mar Hora: 22:00
6. MEMORIA COVID (ESPECIAL)
Por desgraza, este ano 2021 a nosa memoria tamén ten que levar un apartado
dedicado a aquelas actuacións especiais que se tiveron que levar a cabo por
causa da crise sanitaria da COVID-19
Desde o comezo do ano seguíamos a ter limitación de aforo a 4 persoas por
hora, cun amplo protocolo de limpeza de pes e mans, toma de temperatura,
aireamento das zonas visitadas, etc.
Tras un forte incremento de casos de COVID, recibimos o día 16 de xaneiro o
seguinte correo do departamento de Recursos Humanos da Deputación de
Lugo:
Adopción de novas medidas organizativas pola situación COVID
Achégase resolución da presidencia en relación as decisións reorganizativas
debidas á situación COVID:
Museo Provincial do Mar
116
D E C R E T O
Desde o inicio da crise sanitaria derivada da Covid-19, os Gobernos, Central e
Autonómico, adoptaron distintas medidas co obxecto de protexer a saúde dos
cidadáns.
Seguindo as pautas e decisións das autoridades sanitarias, a Deputación
Provincial de Lugo, adoptou todas as medidas preventivas que consideraron
necesarias, incluso con maior intensidade e rigor que as de carácter xeral, co
obxectivo de preservar a saúde e a seguridade dos seus empregados e
empregadas, así como das persoas que se relacionan con esta Entidade sen
desatender o servizo aos cidadáns máis que naquelas actividades en que a
pandemia fixo imposibles de realizar.
Non obstante, os negativos datos xerais no conxunto da poboación que se
veñen producindo nas últimas datas, e algunhas incidencias que se produciron
na propia Entidade, fan pensar que nos atopamos diante dun repunte notable
de pandemia que obriga a volver adoptar medidas de protección máis
intensas.
En consecuencia, á vista da negativa evolución da pandemia a nivel xeral,
tomando co máximo nivel de esixencia e rigor as recomendacións das
autoridades sanitarias, co obxecto de garantir a máxima protección tanto dos
traballadores/as así como dos cidadáns; en uso das atribucións que
me confire o artigo 34 da Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases de
Réxime Local, RESOLVO:
1º.- Ordenar que todo o persoal provincial cuxas funcións permitan o seu
desenvolvemento a distancia, prestará o servizo desde o seu domicilio, na
modalidade traballo non presencial desde o 18 ó 31 de xaneiro de 2021,
ambas datas incluídas. A partir do 1 de febreiro de 2021, pasarán a realizar
traballo presencial en quendas estables do 50% dos efectivos de cada servizo.
2º.- Ordenar que todo o persoal provincial que realice funcións que non
poidan ser desempeñadas mediante o traballo non presencial preste servizos
en quendas estables do 50% dos efectivos, co obxecto de preservar os
Museo Provincial do Mar
117
contactos entre os empregados de cada servizo, e garantir a prestación do
servizo no máximo que sexa posible.
3º.- Non obstante ó sinalado, todos os empregados públicos provinciais
deberán permanecer localizables e deberán reincorporarse aos seus postos
de traballo presenciais se así se lles require por necesidades excepcionais do
servizo.
4º.- Dadas as especiais condicións de traballo do Parque Móbil, manteranse
os equipos de traballo para posibilitar que se poida seguir prestando o servizo
respectando sempre, co máximo rigor, as distancias entre empregados e
demais medidas de seguridade e prevención.
5º.- Os Xefes de Servizo, enviarán á Sección de Administración de Recursos
Humanos (Servizo de Recursos Humanos) a través do tramitador electrónico
(GTM) a información necesaria que reflicta a situación organizativa de cada
Servizo ou Unidade.
6º.- Establecer que as medidas de carácter extraordinario ordenadas terán a
duración imprescindible para dar resposta á situación que motiva a súa
adopción, e poderán ser revogadas por necesidades excepcionais do servizo
e, en todo caso, cando cesen as recomendacións das autoridades sanitarias.
DESCARGAR DECRETO ORIXINAL
Despois de recibir o citado correo e por indicación da Xerencia, a vixiante-guía
Ángeles Miguélez, pasa a teletraballar.
O 27 de xaneiro, entran en vigor as medidas recollidas no BOG nº16BIS,
quedando os museos pechados ao público.
No caso dos Museos da Rede Museística Provincial de Lugo, establécense uns
servizos mínimos, e por encomenda da Xerente Encarna Lago, no caso do
Museo Provincial do Mar, será Amelia Pernas a que se encargue de tales
servizos mínimos, e polo tanto seguirá a acudir presencialmente ao seu lugar
de traballo, no mesmo horario no que o estaba a facer, realizando funcións de
vixilancia, administrativas, e atención telemática ao público.
Angeles Miguélez seguirá traballando na modalidade virtual.
Museo Provincial do Mar
118
O día 28 de xaneiro hai de novo cambios e recibimos un novo correo do servizo
de Prevención e tamén por encomenda da Xerente do Servizo de
Comunicación Información COVID: Quendas 50%.
En relación co DECRETO da Presidencia de data 16 de xaneiro de 2021, no que
se establecen medidas de protección máis intensas na entidade vista a
evolución da pandemia de Covid-19, de obrigado cumprimento, comunícase
o seguinte:
No punto primeiro ordénase que a partir do 1 de febreiro de 2021 o traballo
presencial será realizado en quendas estables o 50% dos efectivos de cada
servizo, estas quendas terán unha duración de quince días.
As xefaturas de servizo, sección ou unidade, deberán comunicar ao Servizo de
Prevención as incidencias particulares que se poidan dar cos traballadores que
por necesidades ou circunstancias non previstas asistan ao posto de traballo,
fora da quenda establecida, comunicando a identidade do traballador e a data
na que estivo de xeito presencial nas instalacións do servizo.
Deberán extremarse as medidas xerais de prevención, ventilación das oficinas
de xeito diario, un mínimo de dez minutos cada dúas horas. Será de aplicación
obrigatoria o uso de mascarilla en todo momento nas dependencias de
Deputación, aínda que se dispoña de distancia de seguridade ou despacho
propio.
As mascarillas entregaranse no Servizo de Prevención que levará un rexistro
de entrega, polo que os empregados deberán acudir persoalmente a
recollelas, asinando o preceptivo acuse de recibo.
DESCARGA ORIXINAL.
Despois desta nova notificación, por encomenda da Xerente, no Museo
Provincial do Mar, será Amelia Pernas a que seguirá a facer o traballo
presencial nas quendas do 2 ó 14 de febrero e do 16 ó 28, pero solo no horario
no que non coincida co persoal de limpeza, o resto do horario teletraballará.
No caso de Angeles Miguélez, seguirá a Teletraballar.
Reapertura dos museos a partir do 17 de febrero.
Museo Provincial do Mar
119
Ás 22:00 h, do 16 de febrero, xs auxiliares de sala da Rede Museística
Provincial de Lugo somos convocadxs a unha reunión organizativa vía zoom,
na que a Xerente nos informa de que tras as novas disposicións da Xunta, o
día 17 procederase á reapertura dos museos, cun aforo limitado ao 30% e
tamén no caso dos auxiliares de sala establecéndose unhas quendas do 50%,
para establecer deste xeito grupos burbulla e tratar de evitar os contaxios.
No caso do Museo Provincial do Mar, e dadas as circunstancias da vixiante-
guía Ángeles Miguélez, ela seguirá a tele-traballar, namentres Amelia Pernas
traballará de forma presencial.
Polo tanto, mantense a carteleira establecida para o mes de febreiro, a
expensas de posibles novos cambios.
Achégase a nota informativa que no día 16 de febreiro nos foi trasladada ao
Museo do Mar.
Os museos da Rede Museística Provincial reabrimos e continuamos as
actividades presenciais a partir do 17 de febreiro de 2021
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo reabrimos co horario
habitual e reanudamos as actividades presenciais coas condicións
establecidas na ORDE do 15 de febreiro de 2021, DOG Núm. 30-bis a partir do
día 17 de febreiro de 2021.
NORMATIVA APLICABLE
ORDE do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a
modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26
de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación
epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Bis, 15 de febreiro de 2021.
O persoal incorporárase segundo as quendas establecidas co rogo de que cada
quen, por razóns de prevención sanitaria, ocupe o posto-lugar asignado sen
variación.
O xoves 25 de febreiro énos comunicado por parte da Xerente Encarna Lago,
que a partir do luns 1 de marzo, reanudarase o traballo presencial para todo
o persoal da Deputación Provincial.
Museo Provincial do Mar
120
Bo día, ante as posibles dúbidas que puideran xurdir, en canto a
organización do traballo nos distintos servizos nas próximas datas,
informamos que a partir do 1 de marzo de 2021 todo o persoal da
Deputación Provincial de Lugo, pasará a prestar os seus servizos
presencialmente, tal e como se viña facendo antes da aplicación da
Resolución da Presidencia do 16 de xaneiro de 2021. Recordando a todos
os traballadores/as a necesidade de seguir cumprindo coas medidas de
prevención recollidas no Protocolo de Avaliación de Risco Biolóxico á
Exposición de Coronavirus (SARS-CoV-2).
Un cordial saúdo,
7. PLAN DE FORMACIÓN DO PERSOAL
BLOQUE II
“FORMACIÓN MEDIACIÓN E INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO”
A cargo de Isabel Fernández.
❖ Este curso levouse acabo os luns do 14 de decembro ao 01 de
febreiro 2021 mediante a plataforma ZOON e en sesións de 10:00 a
11:30h.
❖ Na sesión do 25 de xaneiro, foi a presentación, conclusión e paradas 1,
2 Ángeles Miguélez a encargada de guiar a visita.
Museo Provincial do Mar
121
❖ CURSO INICIAL DE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR E
DESFIBRILACIÓN EXTERNA SEMIAUTOMÁTICA:
Curso presencial de 6 horas impartido por Cualtis.(8 de marzo)
Este curso foi realizado satisfactoriamente por Amelia Pernas e Ángeles
Miguélez.
❖ ACCIÓN FORMATIVA PARA O PROCEDEMENTO DE PROMOCIÓN
INTERNA HORIZONTAL DOS EMPREGADOS PÚBLICOS DA DEPUTACIÓN
PROVINCIAL DE LUGO. GRUPOS:
AGRUPACIÓNS PROFESIONAIS (GRUPO 3A) GRUPOS C1 E C2 (GRUPO 2C)
(Do 17 de febreiro ao 31 de maio)
O primeiro foi cursado por Amelia Pernas e o segundo por Ángeles Miguélez.
8. PROXECIÓN EXTERNAS DO MUSEO
A Rede Museística Provincial de Lugo, é un importante referente en
materia de Museoloxía Social en todo o Estado español e tamén entre os
museos Ibero-americanos.
É esta a causa de que participe con moita frecuencia en numerosos
foros e congresos comunicando sobre das súas accións comunitarias, sociais
e colaborativas, sostibles.
Moitos destes encontros realízanse na modalidade virtual, xa que a
situación xenerada a partir da aparición do COVID 19 propiciou a xeralización
Museo Provincial do Mar
122
deste formato, que por outra banda permite a participación tanto de
ponentes como de público ubicadxs en lugares diversxs e distantes.
Algúns deses foros nos que a Rede participou e dalgún xeito o Museo do Mar
tamén estivo representado foron:
Terceira entrega das Xornadas de Mediación Cultural, organizada
pola Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais (CCG) do
Consello da Cultura Galega e coordinada por Sergio Lago, o día 21 de xaneiro
de 2021.
O obxectivo xeral das Xornadas de Mediación Cultural foi trazar unha
panorámica e estimular o debate sobre aquelas disciplinas académicas ou
profesionais que se centran en analizar e facilitar o acceso da cidadanía á
cultura e/ou en propiciar a participación cidadá no feito creativo. O obxectivo
específico desta terceira xornada foi realizar unha aproximación ao impacto
da COVID-19 na participación e hábitos culturais da cidadanía.
Debateuse sobre o impacto da pandemia na participación cultural en Galicia,
a través dunha mesa redonda de axentes que traballaban en diferentes
institucións socioculturais de proximidade en Galicia.
O Encontro contou coa participación de Håkan Casares (Observatorio
da Cultura Galega, CCG), Nicolàs Barbieri (Observatori de Dades Culturals de
Barcelona, Institut de Cultura de l’Ajuntament de Barcelona), Marcos Lorenzo
(membro da Comisión e técnico de Cultura en Ferrol), Assumpta Manils e
Montserrat Tort (Observatori de Dades Culturals de Barcelona), Sergio Lago
(membro da Comisión e coordinador das Xornadas), Jaime Capilla (xestor e
mediador cultural no Museo de Belas Artes da Coruña), Ángeles Miguélez
(encargada de auxiliares de sala na Rede Museística de Lugo) e Elena Pernas
(subdirectora adxunta da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña)
Museo Provincial do Mar
123
XORNADAS VIRTUAIS "EDUCACIÓN E INVESTIGACIÓN EN MUSEOS"
Coordinado pola Dra. Dolores Álvarez Rodríguez.
Datas: Do 25 ao 28 de xaneiro de 2021.
O luns, 25 de xaneiro, desde as 19.00 ás 21.00 h. Encarna Lago González
(xerente da Rede Museística de Lugo. Movemento Internacional para a nova
Museoloxía, MINOM) impartiu o relatorio 'Los valores sociais e comunitarios
nos proxectos educativos e de xestión cultural. Traballo colaborativo e
inclusivo no museo'.
Museo Provincial do Mar
124
Tamén participaron achegando as súas experiencias na Rede Samuel García
(Club PequeamigXs), Angeles Miguélez (encargada de auxiliares de sala da
Rede), Cristina Alonso (COGAMI, Ana Verigozartúa (Asociación Rioplatenses),
Silvia Fiallega( Rede Museística)e Rubén Pérez (artista escénico e profesor).)
GRADO PROPIO EN TÉCNICO AUXILIAR EN ENTORNOS CULTURALES DA
UNIVERSIDAD DE MÁLAGA
Por terceiro ano consecutivo, Encarna Lago, xerente da Rede Museística, foi
convidada a impartir diversos relatorios no Curso para Técnico Auxiliar en
Entornos.
Culturales que organiza a Universidad de Málaga en colaboración coa
Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo para o emprego xuvenil. Este curso
formativo está dirixido a alumnado con discapacidade intelectual onde a ARTE
é a principal protagonista e ten como obxectivos xerais os seguintes:
Potenciar a responsabilidade social da Universidade de Málaga, favorecer a
cohesión da Universidade de Málaga coa súa contorna social e co colectivo de
persoas con discapacidade, promover a apertura da Universidade cara as
demandas sociais de formación e preparación laboral, incentivar a inclusión
social de persoas con discapacidade intelectual, potenciar a autonomía e
preparación laboral da xente nova con discapacidade intelectual e
proporcionar experiencias
inclusivas e de normalización dentro da Comunidade Universitaria.
Estes relatorios impartíronse durante os días 15 e 16 de febreiro, e neles
colaborou con Encarna Ángeles Miguélez.
O sábado 2 de abril, venres Santo, Angeles Miguélez do Museo
Provincial do Mar, intervíu na edición especial que o periodista José Manuel
Orriols facía do seu programa “Viaja con nosotros”.
Nesta intervención radiofónica fíxose unha pequena visita virtual do
Museo, explicando ás súas orixes, as súas coleccións e a posibilidade de
visitalo virtualmente a través da plataforma www.comunidadermpl.es.
Museo Provincial do Mar
125
De novo o 9 de abril, o Museo Provincial do Mar intervén no programa de
Radio Voz “Viaje con nosotros”, facendo desta vez unha visita un pouco máis
amplia do Museo polas ondas radiofónicas.
• Diagnose e necesidades do Museo Local.
A CULTURA É UN DEREITO.
Xornadas organizadas pola Deputación Provincial da Coruña no Museo das
Peregrinacións de Santiago.
• La inclusión en los museos y sitios patrimoniales.
Con motivo das Xornadas Europeas do Patrimonio e organizadas pola
Deputación Foral de Vizcaia.
Relatorio: La inclusión en la Red Museística de la Diputación Provincial de
Lugo. 22 años de resistencias y resilencias
• La inclusión en los museos y sitios patrimoniales.
Con motivo das Xornadas Europeas do Patrimonio e organizadas pola
Deputación Foral de Vizcaia.
Relatorio: La inclusión en la Red Museística de la Diputación Provincial de
Lugo. 22 años de resistencias y resilencias
Museo Provincial do Mar
126
9. PROGRAMA DE PERSOAL
Xerencia: Encarna Lago González
Vixilancia-guía: Ángeles Miguélez Martínez
Vixilancia: Amelia Pernas García
Servizo de limpeza: María Isabel Baño López

More Related Content

More from Encarna Lago

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfEncarna Lago
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdfEncarna Lago
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncarna Lago
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfEncarna Lago
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Encarna Lago
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorEncarna Lago
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...Encarna Lago
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdfEncarna Lago
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdfEncarna Lago
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdfEncarna Lago
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdfEncarna Lago
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 

More from Encarna Lago (20)

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdf
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 

Memoria Museo Provincial do Mar 2021. Rede Museística Provincial Lugo

  • 1. Rede Museística Provincial de Lugo – Deputación Provincial de Lugo MEMORIA MUSEO PROVINCIAL DO MAR 2021
  • 2. Museo Provincial do Mar 1 INDICE 1.LIMIAR ...........................................................................................................................2 2. ESTADISTICA ANUAL DE VISITANTES......................................................................2 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO ................................................................................6 4. PROGRAMA DIDÁCTICO...........................................................................................15 4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES.....................................................................15 4.2. MUSEOLOXÍA SOCIAL..............................................................................31 4.3. PROGRAMACIÓN DE VERÁN...................................................................43 4.4. PROGRAMACIÓN DE NADAL...................................................................60 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL ......................................................................64 5.1. SEMANA DOS MUSEOS............................................................................64 5.2. PROGRAMA DE MUSEOLOXÍA SOCIAL NA REDE COVID 19................73 5.3. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS..............................................................101 5.4. SERVIZO DO MUSEO A OUTRAS ACTIVIDADES..................................103 5.5. PROGRAMA CONFERENCIAS, PRESENTACIÓN E CONCERTOS.......105 5.6. PROGRAMA DE MARUXAINA ................................................................112 6. MEMORIA COVID (ESPECIAL) ................................................................................115 7. PLAN DE FORMACIÓN DO PERSOAL....................................................................120 8. PROXECCIÓNS EXTERNAS DO MUSEO................................................................121 9. PROGRAMA DE PERSOAL .....................................................................................126
  • 3. Museo Provincial do Mar 2 1. LIMIAR. O 2021 estivo de novo marcado pola crise sanitaria da COVID 19, que como xa fixera no 2020, obrigounos a facer un intenso e duro esforzo para enfrontar os retos e dificultades que nos foron aparecendo polo camiño. Pero na Rede Museística provincial de Lugo, dende a súa creación fai xa 15 anos, temos moi claro que con determinación e actitude, a actitude que está na propia xenética da Rede, combatemos as dificultades co traballo, poñendo ás persoas no centro, cocreando con elas para reconstruír e reimaxinar o mundo en pandemia. E así foi como de novo neste ano de dificultades conquerimos implementar unha chea de innovadoras iniciativas e proxectos aos que logramos que se foran sumando vontades, porque non debemos esquecer nunca que un museo pode e debe ser o impulsor de cambios sociais positivos que procuren a mellora das vidas das persoas que forman parte das nosas comunidades. Grazas a todxs por unir as vosas vontades, grazas a todxs por formar parte de nós, grazas a todxs por axudarnos a ser de verdade un museo social, inclusivo e igualitario. 2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES.
  • 4. Museo Provincial do Mar 3 XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLOAGOS SETE OUT NOV DEC ANUAL HOMES 46 20 105 105 157 199 711 882 408 435 337 330 3735 MULLERES 43 26 94 115 184 215 799 935 413 595 462 397 4278 0-10 13 5 26 33 79 58 238 330 46 54 115 96 1093 11-14 3 2 4 15 52 22 128 128 27 11 24 31 447 15-18 0 1 0 2 4 10 17 42 21 23 52 22 194 19-25 0 0 1 1 5 16 14 55 9 4 18 15 138 26-40 18 5 44 46 66 65 246 227 65 79 48 74 983 41-65 39 25 113 105 102 177 727 842 395 315 167 264 3271 66 16 8 11 18 33 66 140 193 258 544 375 225 1887 LUGO CIDADE 12 20 46 49 43 53 234 199 57 63 16 49 841 LUGO PROVINCIA 52 20 103 83 183 132 200 224 136 295 277 176 1881 GALICIA 8 4 44 78 79 53 184 207 120 229 172 203 1381 ANDALUCIA 4 0 0 0 0 6 39 84 60 4 0 5 202 ARAGON 0 0 0 0 0 6 12 19 6 4 0 0 47 ASTURIAS 0 0 0 4 22 31 83 58 43 56 23 58 378 BALEARES 0 0 0 0 0 4 4 4 6 3 35 0 56 CANARIAS 0 0 0 0 0 0 1 4 0 32 0 14 51 CANTABRIA 0 0 0 2 0 7 27 2 14 36 36 11 135 CATALUÑA 0 0 0 0 0 5 31 62 8 0 0 1 107 CASTILLA-LEON 3 0 0 0 14 30 160 151 61 16 9 20 464 CASTILLA-LA MANCHA 0 0 0 0 0 6 88 68 68 0 0 4 234 EUSKADI 2 0 0 0 0 18 50 107 38 2 0 18 235 EXTREMADURA 0 0 0 0 0 0 22 17 12 0 52 0 103 MADRID 8 2 6 4 0 54 328 509 159 278 177 164 1689 MURCIA 0 0 0 0 0 2 9 28 5 0 0 0 44 NAVARRA 0 0 0 0 0 0 13 7 2 0 0 0 22 LA RIOJA 0 0 0 0 0 0 10 3 4 0 0 2 19 VALENCIA 0 0 0 0 0 4 12 45 12 8 0 0 81 ESTRANXEIROS 0 0 0 0 0 3 3 19 10 4 2 2 43 MAÑAS 60 29 139 144 193 242 953 1070 471 740 506 487 5034 TARDES 29 17 60 76 148 172 557 747 350 290 293 240 2979 LUNS 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 MARTES 18 5 26 13 68 76 210 331 89 133 247 83 1299 MERCORES 12 8 24 27 30 49 286 429 199 161 120 111 1456 XOVES 11 3 11 29 31 43 379 367 125 116 120 43 1278 VENRES 3 6 23 35 90 66 232 267 102 174 69 151 1218 SABADO 25 15 77 67 73 93 245 250 186 218 168 224 1641 DOMINGO 20 9 38 49 49 87 158 173 120 228 75 115 1121 GRUPOS ESCOLARES 0 0 0 83 15 91 92 27 127 31 466 GRUPOS ADULTOS 0 0 0 18 222 226 283 719 463 377 2308 VISITAS INDIVIDUAIS 69 37 161 171 209 294 1039 1326 418 56 134 204 4118 DOMINGOS NO MUSEO 20 9 38 49 49 87 158 173 120 228 75 115 1121 TOTAIS MENSUAIS 89 46 199 220 341 414 1510 1817 821 1030 799 727 8013 *RESUME EXTRANXEIROS ALEMANIA ARXENTINA BRASIL CUBA BELGA COLOMBIA CHINA RUSIA HOLANDA ITALIA ESCOCIA RUMANIA EEUU FRANCIA PUER. RICO AUSTRALIA ANDORRA AUSTRIA BRUSELAS BELXICA TURQUIA VENEZUELA SUIZA PORTUGAL CHILE IRLANDA REPU. CHECA SIR LANCA ESCOCIA XAPÓN URUGUAI UCRANIA RUMANIA REINO UNIDO MARRUECOS INDIA MEXICO FINLANDIA FILIPINOS SÁHARA PANAMA ANUAL XANEIRO 0 FEBREIRO 0 MARZO 0 ABRIL 0 MAIO 0 XUÑO 2 1 3 XULLO 3 3 AGOSTO 0 SETEMBRO 0 OUTUBRO 4 4 NOVEMBRO 2 2 DECEMBRO 2 2 TOTAL 0 2 0 0 3 0 0 0 0 4 0 0 0 2 0 0 0 0 0 0 0 0 2 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 1 0 14 * Nº DE GRUPOS XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLOAGOS SET OUT NOV DEC ANUAL Nº GRUPOS ESCOLARES 5 1 9 8 8 4 35 Nº GRUPOS ADULTOS 1 1 11 10 15 28 22 23 111 0 0 1 0 5 2 20 18 15 28 30 27 146 8013 RESUME DE VISITAS ANUALES MUSEO PROVINCIAL DO MAR 2021 8013 8013 8013 8013
  • 5. Museo Provincial do Mar 4 956 1082 421 0 0 30 273 512 351 183 146 100 89 46 199 220 341 414 1510 1817 821 1030 799 727 0 200 400 600 800 1000 1200 1400 1600 1800 2000 MUSEO PROVINCIAL DO MAR Ano 2020 Ano 2021 0 200 400 600 800 1000 1200 1400 1600 1800 2000 89 46 199 220 341 414 1510 1817 821 1030 799 727 Por número de visitantes
  • 6. Museo Provincial do Mar 5 14% 6% 2% 2% 12% 41% 23% Por idades 0-10 11-14 15-18 19-25 26-40 41-65 66 0 500 1000 1500 2000 841 1881 1381 202 47 378 56 51135107 464 234235 103 1689 44 22 19 81 43 Por Procedencias LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCIA ARAGON ASTURIAS BALEARES CANARIAS CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LA MANCHA EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA NAVARRA LA RIOJA VALENCIA ESTRANXEIROS
  • 7. Museo Provincial do Mar 6 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO ❖ Venres 12 de febreiro, realizouse a inspección periódica reglamentaria da instalación eléctrica de baixa tensión do Museo do Mar. A inspección foi realizada pola técnica do organismo de control autorizado CIMESA Rosana Meis e por José Luis Lamas do Servizo de Arquitectura da Deputación Provincial. 0 1299 1456 1278 1218 1641 1121 0 200 400 600 800 1000 1200 1400 1600 1800 Por días da semana DOMINGO SABADO VENRES XOVES MERCORES MARTES LUNS
  • 8. Museo Provincial do Mar 7 ❖ Xoves 25 de febreiro, Matías Linares e Julián Mayor, revisan as necesidades arquitectónicas do Museo do Mar para a súa futura reparación. Entre outras necesidades examinan as rodas das vitrinas das salas do Museo para proceder á súa substitución debido ao seu mal estado, a pintura das portas exteriores e a necesidade de por uns burletes que eviten a entrada de aire, auga e area, o pintado e chorreado de cancelas e pezas expostas no exterior ou a revisión do tellado xa que se comprobou que hai lousas movidas. Martes 9 marzo Traen unha impresora nova para o Museo, LEXMARK, XC 4150. Son dous empregados do Grupo Solitium os que a traen e a colocan na oficina ás 9:30, pero logo veñen un técnico do Grupo Solitium e outro do CAU a configurala. A impresora Brother que estaba onde agora se pon a nova, lévase para o contedor á espera de que a recollan. ❖ Tarefas de xardinería levadas a cabo polo Concello de Cervo: Corte de herba tanto na parte dianteira como a traseira, 10 de marzo, 10 de xuño, 9 de xullo, 24 de agosto.
  • 9. Museo Provincial do Mar 8 O xoves 18 de marzo, realizáronse traballos de mantementos regrados segundo r.d.513/2017 de 22 de maio ripci, das instalacións de protección contra incendios do museo do mar, por persoal da empresa mantedora, Apagal s. y p. c. i. nesta primeira fase revisáronse e substituíronse os extintores caducados, retirándose aqueles extintores nos que era preciso o seu retimbrado. O operario cualificado de apagal : que realizou os citados traballos foi Pedro Vázquez Rúa.
  • 10. Museo Provincial do Mar 9 O venres día 30 de abril realizáronse traballos de mantementos regrados segundo R.D.513/2017 de 22 de maio RIPCI, DAS INSTALACIÓNS DE PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS DO MUSEO DO MAR, por persoal da empresa mantedora, APAGAL S. Y P. C. I. 2ª, na súa segunda fase de Reposición de detectores caducados. Os traballos foron levados a cabo polo operario cualificado de Apagal Mario Lazos Romero, que tras situar os detectores non foi quen de confirmar si os ditos receptores estaban ou non conectados a ningún tipo de instalación eléctrica.
  • 11. Museo Provincial do Mar 10 O xoves 17 de xuño, o encargado de mantemento da Rede Museística Provincial de Lugo, Matías Linares, procedeu a baleirar e limpar de lodos e fangos o depósito realizado no xardín traseiro do Museo do Mar, onde se atopa mergullada a áncora atopada na praia do Torno en agosto de 2017, e depositada desde entón no Museo Provincial do Mar. Tras do baleirado e limpeza do mencionado depósito, procedeuse de novo a enchelo e a realizar as accións precisas para a conservación da peza. 30 xuño o técnico de Apagal Pedro Vázquez Rúa ven a facer a revisión periódica dos extintores do Museo. En dita revisión atopa un baixo de presión, que leva para ser reparado. O extintor foi reposto polo mesmo operario o 21 de xullo. O mesmo 30 de Xuño veñen outros dos operarios de Apagal Ricardo Fernández e Iván Guimarei para repoñer os detectores de fume.
  • 12. Museo Provincial do Mar 11 De novo o 13 agosto realízanse traballos de inspeccións periódicas (OCA) DE INSTALACIÓNS DE PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS, POR UN ORGANISMO DE CONTROL ACREDITADO, para cumprir coas condicións e os requisitos aplicables segundo Real Decreto 513/2017, no seu Artigo 22. Durante a mañá do 13 de agosto, José Abel Mato, do Servizo de Arquitectura da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Hermida Torrente, Inspector acreditado da empresa APPLUS e Luis Pombo López, Operario cualificado da empresa mantedora APAGAL, estiveron a comprobar o funcionamento das alarmas dos detectores de fume. Cando o 10 de setembro veñen os operarios de APAGAL, a facer a revisión trimestral, acompáñaos Abel e proceden a volver a situalos a menor altura para que sexan accesibles. A última revisión do ano foi feira o 1 de decembro por Pedro Vázquez Rúa.
  • 13. Museo Provincial do Mar 12 7 de xullo Veñen María José Ferreiro e Diego Pérez do Servizo de Prevención da Deputación, para retirar todos os medicamentos da caixa de medicamentos, porque agora non se poden ter no Museo. Tamén traen o desfibrilador que terá que ser colocado por o persoal de Mantemento. O día 30 de xullo veñen Matías e Manuel para rematar o proceso de instalación do desfibrilador. Diego Pérez viría o 6 de outubro a facer a primeira revisión.
  • 14. Museo Provincial do Mar 13 29 de xullo Luis Lamas, do Servizo de Arquitectura da Deputación Provincial de Lugo, ven xunto co encargado da empresa Instalaciones Valdés, adxudicataria da obra para a corrección dos defectos da instalación de baixa tensión do Museo Provincial do Mar. Estes traballos levaranse a cabo os días 4 e 5 de agosto por parte dos operarios Antonio Irinia López e José Antonio Fernández Maseda da citada empresa, e remataranos o 10 de agosto, coa finalización duns traballos nos enchufes e a confirmación dos planos por parte do enxeñeiro. Finalmente o 26 de agosto, a inspectora acreditada da empresa Control Industrial Métodos y Ensaios S.L. , Rosa Ana Meis Fernández, Ven a realizar traballos de inspeccións PERIÓDICAS (OCA) DE BAIXA TENSIÓN , POR UN ORGANISMO DE CONTROL ACREDITADO, para cumprir coas condicións e os requisitos aplicables segundo Real Decreto B.T. 10 agosto Envían dous operarios a limpar cristais polo exterior e as partes altas do interior do Museo
  • 15. Museo Provincial do Mar 14 8 de outubro reponse a mangueira, xa que a anterior atopábase en moi mal estado. O 29 de outubro o técnico de Movistar Natanael Fernández ven a reparar a rede de internet, e tamén a línea telefónica, volvendo o día 2 de novembro a rematar as reparacións. O 19 de novembro, Eric Martínez Vila, da empresa Bastet, realizou labores de mantemento do equipo de seguridade, tanto cámaras como alarma, procedendo a renovar o SAI, a cambiar baterías dos detectores de movemento e a limpar as cámaras.
  • 16. Museo Provincial do Mar 15 4. PROGRAMA DIDÁCTICO 4.1. Actividades escolares Programa de actividades escolares curso 2020/2021 A educación é unha función intrínseca aos museos, polo que desde a Rede Museística Provincial de Lugo consideramos fundamental tecer lazos cos centros educativos. Así pois, traballamos no deseño de actividades e inciciativas que nos permitan achegarnos tanto ao profesorado como ao alumnado, co fin de construír proxectos en común. Neste ano tan atípico tivemos que reinventarnos e elaborar actividades que podan ser usadas dende os colexios, ata que se poida volver as visitas presencias. As actividades ofertadas para o Museo Provincial do Mar son: • Visitas inmersivas para escolares: A Rede Museística Provincial pon a disposición dos centros escolares unha serie de visitas inmersivas ao Museo Provincial de Lugo co obxectivo de fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio conservado nos nosos museos.
  • 17. Museo Provincial do Mar 16 Cada docente poderá decidir, de acordo co plan de estudos e o proxecto educativo que estea desenvolvendo, a mellor maneira de utilizar os recuros que lle ofertamos. Áreas Temáticas: Propoñemos ao profesorado unha relación de 12 áreas temáticas, cuxos obxectivos e contidos describimos brevemente en cada caso, tendo en conta tanto as coleccións e obras expostas no museo como a Axenda 2030 e os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que enumera a UNESCO. • Escape Room: Obxectivos: Achegar ás rapazas e rapaces as diferentes coleccións dos museos de xeito interactivo, lúdico e interdisciplinario. Profundar en aspectos propios do currículo escolar no ámbito de Galicia, e especialmente no referente á Historia, á Xeografía, á contorna natural e ao patrimonio artístico e cultural. Aprender a través do xogo e a participación directa. Densenvolvemento: Os xogos Escape Room son actividades lúdicas, cada vez máis estendidas, nas que as persoas que participan usan a lóxica, coñecementos e enxeño para escapar, nun tempo limitado, dalgunha situación. En todos se tratan temas transversais tales como educación para a convivencia, a educación en valores, a educación para a conciencia ambiental e tamén para a equidade de xénero. https://view.genial.ly/5f5b3ff979626a0d7127c1be/interactive-content-escaperoommar
  • 32. Museo Provincial do Mar 31 4.2. Museoloxía Social Desde fai xa 15 anos, a Rede Museística Provincial de Lugo fuxe de esa idea do museo como meros espazos expositivos reservados para unha elite, para unha minoría da sociedade, procurando transformarse en museos comunitarios, dinamizadores sociais, converténdose en contornas nas que se producen procesos de comunicación, aprendizaxe e diálogo entre distintos interlocutores, propiciándose o establecemento de vínculos significativos no espazo museístico. Nestes museos inclusivos, igualitarios e sostibles, a persoa pasa a ser o eixe vertebrador, abríndose as portas á procura a novas conexións e significados, permitindo recoñecer os trazos significativos da súa contorna física (territorio), social (comunidade) e da experiencia inmediata ou da pasada (patrimonio). ❖ VIAXE AO LOMBO DA BALEA O Museo Provincial do Mar de San Cibrao: Recuperando o pasado para reimaxinar o futuro. Con esta actividade o Museo Provincial do Mar, e tendo en conta o lema do DIM 2021, pretende Establecer lazos entre o Museo e a cidadanía, poñendo en valor o patrimonio dunha comunidade mariñeira ligada a un territorio vinculado ao mar que se conserva no Museo Provincial do Mar, relacionando as pezas do Museo co seu contexto orixinal, tentando así de espertar o interese das persoas que conforman esta comunidade polo seu patrimonio de xeito lúdico, participativo e interactivo. A metodoloxía utilizada desta volta consistiu nunha proba con seis singraduras distribuídas por distintos puntos da vila de San Cibrao, tendo os participantxs que buscar ditos puntos, nos que atoparán un código QR cun enlace a un sinxelo reto que terán que resolver. Unha vez resolto o reto das seis singraduras, a viaxe ao lombo da balea terá rematado e xs viaxeirxs recibirán a súa recompensa. Na mañá do 1 de xuño, xs membrxs da Asociación Enfermos Mentais da Mariña foron os que viaxaron ao lombo da balea, rematando de xeito moi
  • 33. Museo Provincial do Mar 32 satisfactoria a súa viaxe, e dando mostras de coñecer moi ben o seu territorio, a súa comunidade e o seu patrimonio.
  • 34. Museo Provincial do Mar 33 TAPAS DE CULTURA Esta foi unha actividade dentro da programación de actividades organizadas pola Rede Museística Provincial de Lugo, consistente en visitas guiadas presenciais de curta duración ás principais salas de cada un dos catro museos, excepto no Pazo de Tor onde se visitou a exposición Viaxe no Tempo. As visitas tiveron lugar do 4 ao 30 de setembro ás 13.30h. Para realizalas era preciso inscribirse na plataforma : comunidadermpl@gmail.es Dentro da programación de actividades organizadas pola Rede Museística Provincial de Lugo anunciamos unha nova proposta, “Tapas de cultura”, consistente en visitas guiadas presenciais de curta duración ás principais salas de cada un dos catro museos, excepto no Pazo de Tor onde se visitará a exposición Viaxe no Tempo. As visitas terán lugar do 4 ao 30 de setembro ás 13.30h.
  • 35. Museo Provincial do Mar 34 COÑECENDO AS ESTRELAS O sábado 21 de agosto a Rede Museística Provincial e Arte Viva presentaron Coñecendo as estrelas, un obradoiro de iniciación á astronomía. Cales son as estrelas máis visibles do noso ceo, como se relacionan arte e astronomía, que é e como se elabora un planisferio... son algunhas das curiosidades que @astroxabi nos ensinou neste obradoiro. Ao rematar, tíñamos todas as ferramentas necesarias para dar os primeiros pasos na arte de observar o universo. Foi fantástico desfrutar desta experiencia estelar! A actividade tivo lugar o sábado 21 ás 17:00 no Museo Provincial do Mar.
  • 36. Museo Provincial do Mar 35 A SAÚDE MENTAL. Un dereito necesario MAÑÁ PODES SER TI O 10 de outubro conmemoramos o Día Mundial da Saúde Mental que este ano leva por lema “A saúde mental, un dereito necesario. Mañá podes ser ti” e ofrecemos un amplo programa de actividades coa implicación dos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo. Co fin de romper co tabú que envolve as enfermidades mentais e co propósito de desvelarnos como seres conscientes das súas emocións, creamos esta unidade na que as coleccións dos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo actúan como mediadores e espellos nos que recoñecernos. Propuxemos un conxunto de actividades nas que creamos e difundimos novos relatos e formas de entender a arte como vehículo de transmisión dunha importante mensaxe: MAÑÁ PODESSER TI. Programa: UNHA REDE DE EMOCIÓNS Con motivo da conmemoración o 10 de outubro do Día Mundial da Saúde Mental, que este ano tiña por lema “A saúde mental, un dereito necesario.
  • 37. Museo Provincial do Mar 36 Mañá podes ser ti”, estendemos no Museo Provincial do Mar unha rede física, na que puidemos colgar mensaxes que reflectían as nosas emocións e sentimentos, os nosos medos e esperanzas, os nosos equilibrios e desequilibrios. Data:10 outubro. Horario: 11:30. Modalidade: presencial, Museo Provincial do Mar. Colectivo: Asociación Enfermos Mentais a Mariña.
  • 38. Museo Provincial do Mar 37 EMOCION ARTE As persoas estamos compostas de emocións diversas, unhas sinxelas e outras complexas, unhas ben coñecidas e outras máis difíciles de recoñecer. Con esta actividade falamos das emocións, tratando de identificalas na colección do Museo Provincial do Mar e tentamos darlles forma a través da creación artística. Data:13 outubro. Horario: 11:00. Modalidade: presencial, Museo Provincial do Mar. Colectivo: Asociación Enfermos Mentais a Mariña.
  • 39. Museo Provincial do Mar 38 A árbore da vida A saúde é como unha semente que para medrar precisa dos coidados de todxs nxs. É por iso que creamos esta árbore que nos recibiría en cada museo da Rede Museística Provincial de Lugo, na que poidamos deixar comentarios, vivencias, anotacións ou desexos relacionados coa saúde mental que sirvan de alento para outras persoas. Data:15 outubro. Horario: 11:00. Modalidade: presencial, Museo Provincial do Mar. Colectivo: Asociación enfermos Mentais a Mariña.
  • 40. Museo Provincial do Mar 39 A búsqueda do norte (Visita inmersiva) A procura do Norte, fixar un rumbo, idear instrumentos para se orientar no infinito da mar foron algunhas das prioridades das persoas que en todos os tempos se dedicaron a percorrer a mar
  • 41. Museo Provincial do Mar 40 Imos a visitar as antigas aulas que conforman o Museo do Mar e a describir a Arte de Marear. Data:20 outubro. Horario: 11:00. Modalidade: on line. Colectivo: ALUME. O museo tamén Sona Os museos teñen que ser espazos multisensoriais, nos que poñamos en activo todos os nosos sentidos para que as emocións e os sentimentos flúan con liberdade. Como na modalidade virtual quedamos limitadxs á vista e ao oído, aproveitamos os sons para que os nosos sentimentos e emocións aflorasen. Data:10 novembro. Horario: 11:00. Modalidade: on line. SENTIMOS IGUAL? Somos persoas, somos sensibles, obxectos, sons, cheiros, cores, …espertan as nosas sensacións. Pero esas sensacións son diversas en cada ser humano. Con esta actividade comprobamos cal era o collage sensorial que algunhas das pezas da colección do Museo do mar provocaban en cada unha das persoas que participaban. Data:8 decembro.
  • 42. Museo Provincial do Mar 41 Horario: 11:00. Modalidade: on line. Colectivo: ALUME. PROGRAMA IMAXINANDO ÁS ESCURAS Co espírito que nos inspira desde hai xa moitos anos de achegar os Museos da Rede Museística Provincial de Lugo a todos os colectivos, perdendo o medo a saír do confort dos nosos muros, a deixar que sexan as persoas quenes expoñan as súas necesidades e preferencias, a adaptarnos a satisfacer esas necesidades e preferencias, levamos de novo a riqueza patrimonial das nosas coleccións ao colectivo de persoas cegas e con discapacidade visual da ONCE de Galicia. Estas visitas que se englobaron baixo o nome de “Imaxinando ás escuras”, fixéronse en modalidade online mediante a plataforma ZOOM. Esta actividade, consistente nunha serie de visitas inmersivas multicanle, foi deseñada para este colectivo de persoas cegas ou con grave discapacidade visual. As visitas que se progrmaron ao longo deste ano 2021 foron 6, dúas co Museo do mar como protagonista, os días 20 de abril e 9 de novembro. Coñecendo o Museo do Mar. Data: 20 de abril. Coñecendo o Museo Provincial de Lugo. Data: 18 de maio. Coñecendo o pazo de Tor
  • 43. Museo Provincial do Mar 42 Data:15 de xuño. Viaxe pola Fortaleza medieval de San Paio de Narla. Data: 19 outubro. A caza da balea en Galicia do século XIII ao século XX. Museo Provincial do Mar. Data: 9 de novembro. A arqueoloxía no Museo Provincial de Lugo. Data: 23 de novembro. MUSEOS VIAXEIROS O 1 de decembro, o Museo Provincial do Mar viaxou ao CIP Península da Paz de Cervo, achegándolle o Museo a todo o alumnado de primaria, máis de 100 cativxs que a través da actividade MALETAS VIAXEIRAS descubriron museos inclusivos nos que se custodia o patrimonio que lles aporta identidade como membrxs dunha comunidade que se asenta nun territorio.
  • 44. Museo Provincial do Mar 43 4.3. Programación de verán NO VERÁN A MUSEAR Na Rede Museística Provincial de Lugo sabemos certamente que o noso maior valor son as persoas, as que sempre poñemos no centro, ás que enredamos e deixamos que nos enreden, das que nos nutrimos e aspiramos a nutrir, as que fan de nos verdadeiros museos sociais. Nestas datas de verán, de boas temperaturas e tempo libre e de lecer, queremos ofertar aos máis cativxs unha serie de obradoiros nos que poderán achegarse un pouco máis a coñecer os catro museos que conformamos a Rede Museística Provincial de Lugo que este ano está de 15º aniversario, e o patrimonio cultural e as tradicións desta parte da provincia de Lugo que é a Mariña Lucense. Os nosos obradoiros dirixidos a nenxs de 4 a 14 anos, cun límite de prazas de 10 nenxs, levaranse a cabo os mércores de 11:30 a 13:30 no propio museo. No caso de que a demanda superase o aforo, faríamos outra edición dos obradoiros os xoves. ENRÉDATE NA REDE A Rede Museística provincial de Lugo está de 15º aniversario. e imos a celebralo enredando e enredándonos co Museo Provincial do Mar.
  • 45. Museo Provincial do Mar 44 Anímate e se outrx enredadx máis.. Data: 7 de xullo. Prazas: 10. Idades: de 4 a 14 anos.
  • 46. Museo Provincial do Mar 45 “A MANEIRA DE” «PINTAR CON FÍOS, UNA POSIBLE REPRESENTACIÓN DO FOGAR" CON REBECA LAR Este obradoiro enténdese como unha aproximación a procesos artísticos vinculados co bordado contemporáneo co fin de achegar novas técnicas e recursos pictóricos, coa idea do fogar como punto de inspiración e creación.”
  • 47. Museo Provincial do Mar 46 DE MUSEO A MUSEO Canto sabes da Rede Museística e de cada un dos catro museos que a conforman? Mergúllate con nos na aventura de viaxar de museo a museo. Data: 14 xullo. Prazas: 10. Idades: de 4 a 14 anos.
  • 50. Museo Provincial do Mar 49 A ARTE DE ANOAR Para que servían os nós nos barcos? De que material se facían os cabos cos que logo se elaboraban os nós? Cantos tipos de nós coñeces? Trataremos de contestar a todas estas preguntas ao tempo que facemos uns cantos auténticos nós mariñeiros. Data: 21 de xullo. Prazas: 10. Idades: de 4 a 14 anos.
  • 52. Museo Provincial do Mar 51 BRIGADA SALVAMAR O ODS nº 14 aconséllanos coidar da vida submarina para deste xeito lograr un planeta máis sostible e unha sociedade máis xusta e igualitaria. Cales están a ser as consecuencias dos nosos malos hábitos sostibles? Que podemos facer para cambialos? Imos a traballar en conxunto para acadar algunha resposta. Data: 28 xullo. Prazas: 10. Idades: de 4 a 14 anos.
  • 53. Museo Provincial do Mar 52 E TI QUE ES, PIRATA OU CORSARIX? Cal é a diferencia entre pirata e corsarix? En que mares facían das súas? Era unha ocupación so de chicos? De seguro que si te achegas ao noso obradoiro levarás unha grande sorpresa. Data: 4 agosto. Prazas: 10. Idades: de 4 a 14 anos.
  • 55. Museo Provincial do Mar 54 MARIÑAS, MAROSAS E MARUXAINAS Sabes quen é Maruxaina? Coñeces a súa lenda? Imos votar a nosa rede na procura das máis creativas Maruxainas xamáis imaxinadas. Data: 11 de agosto. Prazas: 10. Idades: de 4 a 14 anos.
  • 57. Museo Provincial do Mar 56 A BÚSQUEDA DO TESOURO Algo habitual na comunidade pirata era agochar en ocultos lugares parte dos tesouros que conseguían nas súas abordaxes. Atopar eses tesouros non era unha cuestión doada. Eran moitos os misterios a resolver e as provas a superar. Como no Museo Provincial do Mar temos un espírito moi pirata, tamén temos agachados algúns tesouros. Serás quen de atopalos?
  • 58. Museo Provincial do Mar 57 Data: 18 de agosto. Prazas: 10. Idades: de 4 a 14 anos.
  • 59. Museo Provincial do Mar 58 RECUPERAR ONDE VIVÍAMOS, REIMAXINAR ONDE VIVIREMOS. Saber como son as paisaxes e os espazos nos que hoxe vivimos é unha tarefa moi sinxela. Saber como eran esas paisaxes e espazos no pasado require dunha labor de investigación. Saber como serán esas paisaxes e espazos no futuro precisa dunha labor de imaxinación e creatividade. Anímaste a imaxinar e crear. Data: 25 de agosto. Prazas: 10. Idades: de 4 a 14 anos.
  • 61. Museo Provincial do Mar 60 4.4. Programación de Nadal NO NADAL A MUSEAR O Nadal é unha época máxica onde a ilusión se mestura coa tradición, e por iso, un ano máis, desde a Rede Museística Provincial de Lugo ofertamos unha serie de actividades pensadas para xs máis cativxs, protagonistas destas festas. A través de diferentes obradoiros aprendemos como vivir estas datas buscando a esencia do Nadal en nós mesmos. Deste xeito, reflexionamos sobre a importancia dos agasallos transformados en instantes, lembranzas, vivencias e soños, e puxemos en valor a familia, as amizades… e por suposto ensinanzas como a solidariedade, humildade ou xenerosidade. • CAMIÑOS DE ESTRELAS Dende fai séculos e séculos as estrelas marcaron os camiños a seguir polos viaxeiros de terra e mar. Cada época do ano, cada parte do planeta ten ás súas estrelas específicas, e encargámonos de buscar as que brillan no Nadal no noso pedazo de ceo.
  • 62. Museo Provincial do Mar 61 Data: 29 de decembro.
  • 63. Museo Provincial do Mar 62 • NOVO ANO, NOVO ALMANAQUE Moitos foron os xeitos nos que a humanidade desde o principio dos tempos medíu o paso do tempo. Investigar algún dos diversos almanaques que as diversas culturas usaron e usan foi a nosa meta neste casi derradeiro último día do ano. Data: 30 de decembro.
  • 65. Museo Provincial do Mar 64 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL 5.1. Semana dos museos DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2021 REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar 10 Como cada ano desde 1977, o ICOM proponnos celebrar o 18 de maio o Día Internacional dos Museos como data excepcional para a comunidade museística internacional. Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo súmanse aos milleiros de museos do mundo que participan nesta celebración mundial
  • 66. Museo Provincial do Mar 65 na que, segundo ICOM, o ano pasado tomaron parte 37.000 museos en 158 países e territorios. O obxectivo é concienciar sobre o feito de que os museos son un importante medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos. Ademais, este ano, como sempre, celebramos as tres datas sinaladas para o mundo da cultura galega: o día 15 de maio, a Noite dos Museos, o 17, o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xela Arias, e o 18, Día Internacional dos Museos. PROGRAMA 5 de maio. Presentación do DIM2021 e convocatorias Presentamos o Día Internacional dos Museos 2021 cuxo lema ‘O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar’, inspira desde hai 15 anos a liña de traballo desta Rede Museística Provincial de Lugo. Toca por tanto facer memoria do que fomos para visualizar o que queremos ser. Como vén sendo habitual, poremos en práctica esta idea a través de diferentes actividades (convocatorias, obradoiros e conferencias) que dan comezo neste mes de maio e que se estenderán ata o final de ano tomando a colaboración cos diversos públicos como base para a reflexión e a construción de futuro. Por tanto, convocamos á participación nas seguintes actividades: CONVOCATORIAS DE PARTICIPACIÓN: Lendo a Xela Con motivo da celebración o día 17 de maio do Día das Letras Galegas dedicado a Xela Arias abrimos convocatoria para recibir as vosas lecturas da obra da destacada poeta. O formato será en vídeo de máximo dous minutos de duración, preferiblemente en horizontal, que publicaremos nas nosas redes sociais na noite do 17 de maio. Envío de material: comunidadermpl@gmail.com
  • 67. Museo Provincial do Mar 66 Sementando galego Unha experiencia educativa e reflexiva para mirar ao pasado a través daquelas palabras que nos suxiren outros momentos e dirixir a vista cara ao presente con aqueloutras que nos importan conservar. Sementándoas, pasarán a ser o substrato necesario para construír o noso futuro. Esta convocatoria está dirixida, tecendo redes coa comunidade, a todos os públicos que poderán participar de forma individual e colectiva como familias, colexios ou grupos, traballando en todo caso unha reflexión previa relacionada co recuperar e o reimaxinar a nosa lingua, o que, en definitiva, queremos que sexa o que marque este Día dos Museos. Datas e lugares da sementeira: 16 de maio ás 18:00h. en San Paio de Narla. 18 de maio ás 14:00h. no Pazo de Tor.
  • 68. Museo Provincial do Mar 67 18 de maio. Escape-room do patrimonio. Recuperando o pasado para re- imaxinar o futuro Queres coñecer un pouco máis da provincia de Lugo e o dos seus museos? Dende a Rede Museística propoñémosche unha serie de retos para que demostres canto sabes sobre a túa contorna. O desafío atópase en códigos QR agochados en distintos puntos, que ao lelos co móbil danche paso a unha misión que debes resolver. Serás quen de superar todas as misións? Por cada unha que completes obterás un díxito e unha pista para atopar a seguinte. Se consegues todos os díxitos, obterás unha recompensa! Anímaste? Non precisa inscrición previa. O día 18 de maio, a aventura comeza nos seguintes puntos: Lugo: Xardín do Museo Provincial de Lugo. Friol: Gasolineira á entrada (Estrada L-232, 19) San Cibrao: Temón da entrada do Museo Provincial do Mar. Monforte de Lemos: Oficina de Turismo. A aventura comeza nos seguintes puntos: Lugo: Xardín do Museo Provincial de Lugo. Friol: Gasolineira á entrada (estrada L-232, 19) San Cibrao: Temón da entrada do Museo Provincial do Mar. Monforte de Lemos: Oficina de Turismo.
  • 69. Museo Provincial do Mar 68 Recuperar onde vivimos, imaxinar onde viviremos Actividade aberta á participación onde traballaremos ao redor de tres datas que marcan o ronsel que estamos a debuxar: o pasado, representado no nacemento da Rede Museística en 2006, o presente con este 18 de maio como Día Internacional dos Museos, e o futuro coa vista posta na consecucións dos Obxectivos da Axenda 2030. Así, dende o 18 de maio ata o 18 de decembro, Día Internacional das Migracións, recolleremos imaxes do pasado relaciona as cos lugares que habitamos: prazas, edificios, tendas, paisaxes polas que descorría o cotiá que queremos recuperar. Ademais, completar a actividade, respondede con imaxinación a como pensades que serán e como viviremos estes espazos cando chegue ese ano 2030. O formato é libre poden ser achegas multimedia, textos, composicións, colaxes, etc... AXENDA DIM2021 14 de maio. Conferencia de Nekane Aramburu.
  • 70. Museo Provincial do Mar 69 Lugar: Online Hora: De 17:00 a 18:00h. Inscricións: comunidadermpl@gmail.com Conferencia online de Nekane Aramburu sobre o seu libro Alternativas. Políticas de lo independiente en las Artes Visuales. Para todos os públicos con interese en museos, xestión cultural e inclusión de outras narrativas. Con esta publicación a autora ofrece ferramentas de pensamento crítico para abordar os relatos da historia da arte. Durante os días seguintes un grupo de traballo de profesionais da xestión cultural analizará en profundidade metodoloxías e conceptos evolutivos inclusivos. 15 de maio. Noite dos museos Lugar: San Paio de Narla. Hora: 20:00h. Inscricións: comunidadermpl@gmail.com Presentación de 4 proxectos que poñen en práctica o lema deste Día Internacional dos Museos como liña de xestión da Rede Museística Provincial de Lugo nestes 15 anos de traxectoria. -Arquitecturas de memoria Desde Friol, recollida de testemuñas orais e en primeira persoa das vivencias das nosas comunidades, en especial as rurais, coas que subliñamos o valor do noso patrimonio cultural e a súa raizame no territorio. -Xornadas 15 anos da Rede Museística. Rede de Museos, Redes de Persoas. “Á maneira de” recuperar e reimaxinar Obradoiros da man de creadoras e creadores contemporáneos que tecen rede na historia da Rede Museística Provincial de Lugo. Dende maio ata outubro, desenvolveranse diferentes propostas relacionadas con técnicas diversas que ofrecen outras maneiras de contar. Ilustración, estampados, bordado, traballo co papel, debuxo e escultura ademais dun
  • 71. Museo Provincial do Mar 70 relatorio sobre as mulleres artistas na historia da arte. Contamos coa participación de Iria Fafián, Iria do Castelo, Rebeca Lar, Bibí Martí e Virginia Rivas. -Presentación e estrea do capítulo 0 da web-serie Ronsel de Futuro. Contará coa actuación dos e das integrantes de Producións Señor López. -Recuperar onde vivimos, reimaxinar onde viviremos Actividade aberta á participación onde traballaremos ao redor de tres datas que marcan o ronsel que estamos a debuxar: o pasado, representado no nacemento da Rede Museística en 2006, o presente con este 18 de maio como Día Internacional dos Museos, e o futuro coa vista posta na consecucións dos Obxectivos da Axenda 2030. Así, dende o 18 de maio ata o 18 de decembro, Día Internacional das Migracións, recolleremos imaxes do pasado relacionadas cos lugares que habitamos: prazas, edificios, tendas, paisaxes polas que descorría o cotiá que queremos recuperar. Ademais, completar a actividade, respondede con imaxinación a como pensades que serán e como viviremos estes espazos cando chegue ese ano 2030. O formato é libre poden ser achegas multimedia, textos, composicións, colaxes, etc... 16 de maio. Sementando Galego Lugar: San Paio de Narla Hora: 18:00h. Inscricións: comunidadermpl@gmail.com Aforo: 30 persoas Unha experiencia educativa e reflexiva para mirar ao pasado a través daquelas palabras que nos suxiren outros momentos e dirixir a vista cara ao presente con aquelas outras que nos importan conservar. Sementándoas, pasarán a ser o substrato necesario para construír o noso futuro. Esta convocatoria está dirixida, tecendo redes coa comunidade, a todos os
  • 72. Museo Provincial do Mar 71 públicos que poderán participar de forma individual e colectiva, como familias, colexios ou grupos, traballando en todo caso unha reflexión previa relacionada co recuperar e o reimaxinar a nosa lingua, o que, en definitiva, queremos que sexa o que marque este Día dos Museos. 18 de maio. Unha xornada palaciana: pasado, presente e futuro da vida dos pazos galegos. Os casos de Tor e Meirás Lugar: Museo Pazo de Tor Hora: De 10:00 a 14:00h. Inscricións: comunidadermpl@gmail.com Aforo: 15 persoas Construirase un novo espazo de reflexión patrimonial e cultural cunha mirada múltiple da que participarán especialistas e testemuñas directas do mundo palaciano. Abordarase tanto a dimensión histórica e cultural dos pazos, coma os aspectos patrimoniais, museolóxicos e sociais que lles concirnen: -Primeiro bloque: dedicado á visión histórica da vida palaciana. Con Pegerto Saavedra Fernández e Antonio Presedo Garazo. -Segundo bloque: dedicado á recuperación pública dun ben patrimonial. Con Manuel Monge González e Carlos Babío Urkidi. -Terceiro bloque: en relación co pasado inmediato e o presente do Museo Pazo de Tor. Con Ángeles Rivada González, Encarna Lago González, Verónica Fulgencio Fernández, Tar López López e Simón Vicente López. Presenta: Tareixa Antía Ferreiro Tallón Modera: Encarna Lago 18 de maio. Sementando galego Lugar: Pazo de Tor Hora: 14:00h. Inscricións: comunidadermpl@gmail.com Aforo: 30 persoas
  • 73. Museo Provincial do Mar 72 Unha experiencia educativa e reflexiva para mirar ao pasado a través daquelas palabras que nos suxiren outros momentos e dirixir a vista cara ao presente con aquelas outras que nos importan conservar. Sementándoas, pasarán a ser o substrato necesario para construír o noso futuro. Esta convocatoria está dirixida, tecendo redes coa comunidade, a todos os públicos que poderán participar de forma individual e colectiva, como familias, colexios ou grupos, traballando en todo caso unha reflexión previa relacionada co recuperar e o reimaxinar a nosa lingua, o que, en definitiva, queremos que sexa o que marque este Día dos Museos. 18 de maio. Obradoiro de ilustración con Iria Fafián con versión online Lugar: Museo Provincial de Lugo Hora: de 17:00 a 20:00h. Inscricións: comunidadermpl@gmail.com Aforo: 10 nenxs de 8 a 12 anos acompañados dunha persoa adulta. Destinado a familias, este obradoiro está orientado a estimular a creatividade e a colaboración a través dun exercicio sinxelo e divertido en torno ao deseño de personaxes. A intención é dar unhas ferramentas de creación que se poidan utilizar a modo de xogo. Ademais, as persoas interesadas sen praza presencial poderán seguir este obradoiro vía streaming solicitando o enlace no mesmo correo electrónico. 18 de maio. Imaxinando ás escuras Lugar: Museo Provincial de Lugo Hora: 11:00h. Visita sensorial co colectivo ONCE de Galicia. 18 de maio. Recuperando e reimaxinando proxectos de xénero na Rede Museística. Lugar: Museo Provincial de Lugo Hora: 20:00h. Inscricións: comunidadermpl@gmail.com
  • 74. Museo Provincial do Mar 73 Aforo: 15 persoas Eu..., ti..., elas..., nosoutras, nosoutrxs... en rede é un proxecto artístico de diversidade e igualdade. Presentamos así co fío de recuperar a nosa memoria, e que sirva para reimaxinar un mundo máis xusto, o catálogo que dá visibilidade ás propostas colaborativas desenvoltas neste tempo de singradura comezado en 2018. Completaremos o actividade coa presentación da unidade educativa dedicada a igualdade de xénero destinada á comunidade escolar e ás familias. 18 de maio. Concerto de Carmen Penin Lugar: Museo Provincial de Lugo Hora: 20:30h. Inscricións: comunidadermpl@gmail.com Aforo: 15 persoas Broche final ao DIM 2021 no Museo Provincia de Lugo. 5.2. Programa de museoloxía social na Rede-COVID 19 Como museos sociais, temos claro que traballamos con persoas e que as persoas van a estar sempre no centro. É por iso que nestes tempos tan duros e complexos, nos que temos que ter as portas pechadas e manter unha distancia física, hai que buscar a canle máis axeitada para estar a carón da nosa comunidade, e a canle dixital, con moitas, moitísimas dificultades, debidas a unha fenda dixital que ten moitas variantes, resulta nestes momentos un dos xeitos de manternos preto das persoas. Algunhas das propostas dixitais que durante esta época se programaron para seguir preto das nosas comunidades foron: Rumbo 2030: Os museos quérente, querémoste!
  • 75. Museo Provincial do Mar 74 Cada día da semana, de martes a domingo, os museos da Rede Museística Provincial de Lugo queren darche todo o afecto e agarimo que mereces, queremos estar contigo, acompañarte da maneira máis segura posible, coa máxima calidez posible e contarche todos os nosos segredos. De martes a domingo, ás 5 da tarde Comezamos este novo proxecto pensado para todos os públicos con relatos mediados, ao vivo, sempre en directo, a través do noso facebook Parladoiros, Escape Room, obradoiros, xogos ... conéctate cada serán ás 17:00h no facebook da Rede Museística e nós levarémoste de paseo polas coleccións, salas e recunchos dos catro Museos. Atentos ao calendario: Os martes, xoves e sábados dende o Museo Provincial de Lugo Os mércores dende o Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo. Os venres desde o Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos. Os domingos dende o Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol. Esta é o noso recibidor: https://www.facebook.com/redemuseisticaprovincial Hora da cita, cada día: 17:00h Convida a quen queiras! Hai sitio de sobras!
  • 76. Museo Provincial do Mar 75 Mércores 27 de xaneiro: A caza da balea en Galicia no século XX. O uso do arpón quente e do insuflador. Mércores 03 de febreiro: Glosario mariñeiro para pricipiantes
  • 77. Museo Provincial do Mar 76 Mércores 10 de febreiro:Sargadelos nos museos da Rede.
  • 78. Museo Provincial do Mar 77 Mércores 17 de febreiro:As escolas vellas de San Cibrao.
  • 79. Museo Provincial do Mar 78 Mércores 24 de febreiro:Museo Inclusivo. DERIVAS Obradoiro de fotografía con Nachok (2ª PARTE): 8 sesións. Obradoiro online, en directo e en aberto por facebook e youtube. »Vídeo sesión 1 DATA E HORARIOS: Sábados 6, 13, 20 e 27 de febreiro e 6, 13, 20 e 27 de marzo, ás 12:00 h. DURACIÓN: 45 min cada sesión. IMPARTE: Nachok Desde a sesión do 13 de febreiro, Angeles Miguélez, vixiante-guía do Museo Provincial do Mar, participa tratando de facer unha audiodescripción das fotografías que aparecen no obradoiro e unha traducción das mesmas desde a visión dunha persoa cega.
  • 80. Museo Provincial do Mar 79 Sábado 06(Sesión 1) Sábado 13(Sesión 2) Sábado 20(Sesión 3)
  • 81. Museo Provincial do Mar 80 Sábado 27 (Sesión 4) Sábado 06 (Sesión 5)
  • 82. Museo Provincial do Mar 81 Sábado 13 (Sesión 6)
  • 84. Museo Provincial do Mar 83 Sábado 20 (Sesión 7)
  • 85. Museo Provincial do Mar 84 Sábado 27 (Sesión 8) MULLERES Ó SALSEIRO As mulleres da Mariña xúntanse ó salseiro para botar unha parola! Concello a concello reunirémonos cada semana ó redor da exposición “Mariñas, Marosas e Maruxainas” (https://my.matterport.com/show/?m=NybLhDkFY78) con aquelas que fixeron posible que este proxecto saíra adiante e algunha máis O sábado 13 de febreiro inagurouse este parladoiro con mulleres do Concello de Cervo, participando desde o Museo do Mar Angeles Miguélez e Amelia Pernas, nai de Aurora Fraga, a muller que neste proxecto expositivo representa ao Concello de Cervo, e que é filla e esposa de mariñeiro, mariscadora, recolledora de alga, lavrega e coidadora de pais, nais e fillxs Tamén participan sara Campo, a nena que inagurou o Club Pequemigxs e que sigue en contacto co Museo do Mar, e Lola Galdo, unha das mulleres que
  • 86. Museo Provincial do Mar 85 participan no Club Sénior, e que foi filla de mariñeiro, costureira polas casas, muller de carpinteiro de ribeira e mariscadora. Sábado 13 Concello de Cervo. Sábado 20 Concello do Valodouro
  • 87. Museo Provincial do Mar 86 Sábado 27 Concello de Mondoñedo.
  • 88. Museo Provincial do Mar 87 Sábado 6 Concello de Burela Sábado 13 Concello de Ourol.
  • 89. Museo Provincial do Mar 88 Sábado 20 Concello de A Pontenova
  • 90. Museo Provincial do Mar 89 Sábado 27 Concello Vicedo
  • 91. Museo Provincial do Mar 90 Sábado 3 de abril Concello Trabada
  • 92. Museo Provincial do Mar 91 Sábado 10 de abril Concello Ribadeo Sábado 17 de abril Concello Lourenza.
  • 93. Museo Provincial do Mar 92 Sábado24 de abril Concello Xove.
  • 94. Museo Provincial do Mar 93 Sábado01 de maio Alfoz.
  • 95. Museo Provincial do Mar 94 Sábado08 de maio Barreiros
  • 96. Museo Provincial do Mar 95 Sábado15 de maio Riotorto Sábado22 de maio Viveiro
  • 97. Museo Provincial do Mar 96 Sábado29 de maio Foz DÍA DE ROSALÍA (24 febreiro 2021) Celebramos o Día de Rosalía coa entrega dun caravel branco e unha ilustración de Alba Nimbos inspirada no poema "Cando a luniña aparece" de Cantares Galegos nos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo Museo de Lugo, Museo deProvincial do Mar, Pazo de Tor e Fortaleza de San Paio de Narla. Xuntamos ao agasallo unha copia do manifesto da Asociación Escritoras-es Lingua Galega - AELG de Anna R. Figueiredo #TeusDocesCantares "Ser Rosalía é un acto de rebeldía, é unha acción política. Cada mirar nos ollos fire coma cen saetas. Non precisamos máis, só mirar. Quen mira a obra de Rosalía entende a muller de vangarda que hai detrás dela, a insubmisa, a creadora do pensamento, a inconformista, a muller valente que elixe a palabra para loitar contra a inxustiza e para crear un país sublime. Ser Rosalía é ollar cara a unha nova normalidade na que só podemos avanzar"
  • 98. Museo Provincial do Mar 97 Coma cada 24 de febreiro, a forza solemne dos versos de Rosalía retumba aínda con máis forza en todos e cada un dos rincóns da Rede Museística. Celebremos coa nosa lingua! Palabra de Rosalía!
  • 99. Museo Provincial do Mar 98 DÍA DA MULLER (8 de Marzo 2021) Día da Muller, programa para o 8M na Rede Museística. Dentro do plan Museos Xénero, Arte e Educación pretendemos afianzar neste 8 de marzo os valores para o futuro a través dun novo proxecto educativo, o Programa Escolar sobre Igualdade de Xénero centrado na comunidade escolar, as familias e, sobre todo, as nosas nenas e nenos. Así mesmo queremos que todas as mulleres que forman parte da nosa comunidade se vexan representadas: artistas, educadoras, mulleres do mar, mulleres do rural, mulleres migrantes, mulleres con discapacidade... PRROGRAMA 5M - 18:30h.- A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, participa como xestora convidada na inauguración online da VII Edición de Mujeres Mirando, Mujeres (MMM). 6M - 19:00h.- Unha nova parolada das Mulleres ó salseiro. Nesta ocasión con mulleres de Burela, a través da facebook da Rede Museística. 8M Día da Muller 2021 - 17:00h. Tecendo territorio e redes de colaboración cos museos portugueses de Leiría, Oeste e Médio-Tejo nun webinar dentro do proxecto Rede Cultura 2027, Capital Europea da Cultura en 2027, Portugal, no que participará Encarna
  • 100. Museo Provincial do Mar 99 Lago, xerente da Rede Museística Provincial, co obxectivo de reflexionar sobre a cooperación e a axuda entre institucións museolóxicas, o traballo en rede e o intercambio de coñecementos como medio para revitalizar equipos e nivelar a calidade entre museos desiguais. Este webimar, que será moderado pola directora da Rede de Museo do Médio-Tejo, vaise retransmitir en canle aberto vía streaming. 8M Día da Muller 2021 - 18:30h. Mónica Sueiro realizará a performance Subterránea e, posteriormente, ás 19:00 horas, un debate que constituirá un punto de encontro aberto para todas as que queiran unirse para debatir e visibilizar a situación actual da muller no noso territorio, que contara coa participación da vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro. RECUPERAR ONDE VIVIMOS IMAXINAR ONDE VIVIREMOSS Nesta actividade que comenzou o 18 de maio ( Día Internacional dos Museos )e que se prolongou ata o 18 de decembro ( Día Internacional das migracións) recollimos 24 imaxes do pasado, de espazos nos que descorría o cotiá, emfrentándoas a imaxes do mesmo lugar, pero no presente que habitamos, para invitar a imaxinar o futuro que marca a Axenda 20-30 co obxectivo de acadar os ODS Tratamos pois de marcar nestas 24 entradas no facebook o ronsel do noso pasado (no que tanto futuro se agocha), do noso presente e do noso futuro.
  • 102. Museo Provincial do Mar 101 5.3. Programa de exposicións A exposición é o método de difusión cultural do museo, un medio de comunicación baseado na exhibición de obxectos e dos soportes complementarios que axudan na súa comprensión, nun espazo determinado, usando para elo una serie de técnicas e secuencias de comprensión, co obxectivo de transmitir e difundir conceptos, valores e coñecementos. A exposición permanente do museo e a súa exposición de referencia, aquela na que se plasma o discurso, natureza e o significado público do mesmo, converténdose no seu eixe central . Fronte a elas, as exposicións temporais, son as que nun espazo limitado de tempo, ofrécenlle xs visitantes a oportunidade de coñecer algo novo que non ten porque se axustar ó discurso central do museo e a súa historia
  • 103. Museo Provincial do Mar 102 ❖ FACÉMONOS ESCOITAR? A plataforma multicanle da Rede Museística Provincial alberga un mapa sonoro da memoria diversa, con medio cento de testemuños orais que relatan vivencias, anécdotas, experiencias e lembranzas vinculadas á temática LGTBIQA+. Este arquivo sonoro é o resultado do proxecto “Facémonos escoitar?” desenvolvido polo Colectivo Agrocuír da Ulloa que, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recolleu e documentou os audios nas distintas comarcas da provincia. Testemuñas relatando espertares sexuais, momentos fundacionais do activismo, experiencias vividas nos centros educativos, lembranzas sobre os primeiros amores ou historias cotiás en supermercados, pubs ou no entorno familiar forman a escolma de relatos recollidos neste arquivo. Na súa presentación, Maite Ferreiro sinalou o “compromiso da Vicepresidencia cos dereitos e liberdades de todas as persoas e coa diversidade todos os días do ano”. Ademais do mapa sonoro multicanle, unha exposición itinerante que recolleu o proxecto percorreu varios concellos da provincia, permanecendo do 27 de xullo ao 2 de agosto no xardín do Museo Provincial do Mar.
  • 104. Museo Provincial do Mar 103 5.4. Servizo do museo para outras actividades O Museo é unha parte máis da Comunidade que o rodea, engloba o seu Territorio e salvagarda o seu Patrimonio, polo cal é totalmente comprensible que en ocasións, o espazo do Museo sexa o escenario idóneo para simbolizar a unidade que conforman comunidade,e territorio e patrimonio. O mércores 31 de marzo, os artistas visuais José Reigosa, Jaime Pardo, Martín Blarés e Javier Gómez, da Productora imaxin, gravaron no Museo Provincial do Mar imaxes a utilizar nun futuro reportaxe no que colabora a Deputación Provincial de Lugo sobre o CAMIÑO NO MAR.
  • 105. Museo Provincial do Mar 104 O 21 de abril, seis persoas da produtora Celta gravan en horario de mañá e tarde no Museo do Mar recursos e imaxes para o programa “O clan das mariñeiras”, no que interveñen Amelia Pernas e Ángeles Miguélez.
  • 106. Museo Provincial do Mar 105 DE BOTÓNS é un proxecto audiovisual promovido pola Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo para difundir os contidos dun cancioneiro galego para acordeón diatónico. Este proxecto que tivo por escenario os museos da Rede Museística Provincial de Lugo, atracou no Museo Provincial do Mar o luns 20 de setemvro coa artista Ugía Pedreira. https://www.youtube.com/watch?v=YAatUvxzhns 5.5. Programa de Conferencias, presentacións e concertos Os museos son medios de comunicación con credibilidade, espazos onde compartir o coñecemento e difundir a cultura, abertos a todo tipo de persoas, cada unha cos seus intereses e capacidades. É por iso que ademais de visibilizar as memorias e relatos daquelas persoas que tradicionalmente quedaron fora dos museos Deben tamén dar voz a
  • 107. Museo Provincial do Mar 106 discursos que desde o rigor da investigación científica e do academicismo nos aportan novas visións que desde a aprendizaxe crítica nos permitan acadar os nosos pensamentos e opinións en liberdade. ❖ Presentación no Museo Provincial do Mar do libro ‘CEN HISTORIAS MÁXICAS POLA MARIÑA ENCANTADA’ Data: sábado , 27 de marzo de 2021. Hora: 11:00h. Lugar de presentación: Museo Provincial do Mar. Interveñen: Maite Ferreiro, vicepresidenta e delegada de Cultura da Deputación de Lugo, Xoán Ramiro Cuba, responsable de publicacións da Deputación de Lugo e Antonio Reigosa, autor. Esta obra ilustrada, luxosamente editada por Libros Lar de Viveiro e patrocinada pola área de Cultura da Deputación de Lugo, contén unha antoloxía de encantos, milagres, seres e lugares lendarios localizados nos 15 concellos que conforman a Mariña lucense: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Os textos son da autoría de Antonio Reigosa e as excelentes ilustracións do artista de Viveiro, Neira Brochs. Contén 100 relatos cunha variedade enorme, tanto de protagonistas do lendario popular —demos, trasnos, nubeiros, bruxas, ánimas, mouras e mouros, encantos e tesouros, serpes, sereas, santos e santas...— como de lugares mariños e terrestres como fontes, montes, covas, rochas, illas, fervenzas e outros elementos naturais singulares. Tamén están, obviamente, os grandes personaxes míticos ou mitificados das terras mariñás. Desde Pardo de Cela ao Conde Santo, pasando por San Gonzalo, a serea Maruxaina, o rei Cintolo e ata o Gardarríos. E os grandes lugares máxicos como a Serra do Xistral, a Frouxeira, san Estevo do Ermo, a illa Coelleira ou a cova da Doncela, e outros imaxinarios que só existen na nosa fantasía e nos que habitan cidades mergulladas, augas que curan, santuarios abondosos en milagres, cobizados tesouros, pantasmas e un amplo repertorio de fauna féerica.
  • 108. Museo Provincial do Mar 107 A FÁBRICA ENTRE NÓS O cervense Juan Maya presentou, na Rede Museística Provincial de Lugo, o documental A FÁBRICA ENTRE NÓS, no que se fai un percorrido pola historia do complexo industrial alumineiro de San Cibrao. As datas e lugares da presentación foron: ·Xoves 17 de xuño, ás 18:30, no facebook do Museo do Mar. ·Sábado 19 de xuño, ás 18:30, no Museo Provincial do Mar.
  • 109. Museo Provincial do Mar 108 ·Mércores 23 de xuño, ás 18:00, no Museo Provincial de Lugo. (Aforo limitado) Juan Maya, vinculado desde sempre ao Museo Provincial do Mar, foi membro do seu clube Pequeamig@s e Ei, posteriormente estudou Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña, e realizou como Traballo de Fin de Grao (TFG) un documental titulado A fábrica entre nós, no que deixa patente a súa vinculación e identificación co seu territorio (a Mariña lucense), coa súa comunidade (as xentes da Mariña) , e co seu patrimonio cultural, social, ambiental e económico. As problemáticas circunstancias ao redor do posible peche da factoría mariñana provocaron o nacemento do movemento A MARIÑA SÁLVASE LOITANDO, movemento ao que a Rede Museística Provincial de Lugo se adheriu coa exposición AMAR A MAR. MAROSAS,MARIÑAS E MARUXAINAS, que ten a súa orixe no 50 aniversario do Museo Provincial do Mar, e ao que de algún xeito, Juan Maya tamén se une con este seu traballo. El é o director, produtor, guionista e a voz narradora deste traballo que consistiu nun documental en formato podcast e unha serie de 27 fotografías en branco e negro, ambos formatos centrados no complexo de Alúmina- Aluminio de San Cibrao. As imaxes, que foron tomadas entre maio do 2020 e maio do 2021 en Viveiro, Xove, Morás e San Cibrao, reforzan visualmente a historia e na meirande parte delas están presentes as súas chemineas, xigantes ubicuos que observan aos suxeitos dende o lonxe. No primeiro episodio do podcast repásanse, entre outros eventos, a construción do complexo na década dos setenta, a chegada dos bidóns do Casón e o impacto e as causas da recente decisión do peche da factoría de Aluminio de San Cibrao. Participaron no pódcast, entre outros, José Antonio Zan, presidente do Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao; Olalla Rodil, deputada por Lugo do Bloque Nacionalista Galego; Ramón Miguélez Tola, membro despedido do Comité de Empresa de Inespal durante a crise do Casón; Óscar Varela, traballador afectado de Alu Ibérica na Coruña e membro de Rebelión Aluminio; Miguel González-Loureiro, profesor titular na Universidade de Vigo; Adra Pallón, fotógrafo lucense; Miguel Ángel Valls Haendel, extraballador de Inespal; e Francisco Fra Rico, carpinteiro de Ribeira.
  • 110. Museo Provincial do Mar 109 O 20 de novembro, o profesor da UNED e investigador da USC Chema leal impartiu no Museo Provincial do Mar unha conferencia baixo o título: HOMES E MULLERES NA MARIÑA NO SÉCULO XVIII. O CASO DE SAN CIBRAO. Nesta charla fíxose un percorrido polas características que definían a vida no mar galego no século XVIII tanto de homes como de mulleres, tentando por en coñecemento e en valor as actividades duns e doutras nese mar e nese momento. Tamén se fixo unha comparativa entre a vida civil e a militar dando a coñecer as cargas e prestacións civís, militares e fiscais que soportaban as comunidades litorais cantábricas galegas.
  • 111. Museo Provincial do Mar 110 O 11 d decembro, Juan Ramón Fernández Pacios, licenciado en Xeografía e Historia pola USC impartiu unha charla co título: Submarinos alemáns na Mariña Lucense. 1917. Nela abordou a temática da primeira guerra mundial e os seus efectos na Mariña de Lugo, onde, dende principios do ano 1917, polo menos tres submarinos alemáns patrullaron esa zona. Durante a charla púidose ver unha lista de naufraxios de barcos estranxeiros provocados por estes submarinos, asistindo á chegada de lanchas con
  • 112. Museo Provincial do Mar 111 náufragos ás praias de San Cibrao e ao desembarco, nunha praia de Burela, dunha lancha con mariños alemáns, membros da tripulación dun submarino alemán. Tamén se abordou o tema da participación da poboación mariñana nesta guerra, vendo como se asistiu co mesmo cariño aos náufragos ingleses, gregos e franceses que aos mariños alemáns, acollidos todos en Viveiro, que se converteu na Casablanca da Mariña de Lugo. Tamén se deu conta de como afectaron, favorablemente, á economía mariñán eses naufraxios producidos polos submarinos.
  • 113. Museo Provincial do Mar 112 5.6. Programación Maruxaina Un ano máis, Maruxaina non chegou á Praia do Torno, pero si seguiu presente entre nós e continuou traballando para difundir a nosa historia e tradición a outros lares. Grazas a Rede Museística Provincial de Lugo Maruxaina estivo a levar a cultura mariñeira e o amor ao mar a todos os recunchos da xeografía galega a través da exposición Amar a mar. Pero como non podía ser doutro xeito, na súa casa, achegámola de novo a todxs grazas á labor das xentes de San Cibrao.
  • 114. Museo Provincial do Mar 113 Tivemos unha xornada máxica e única coa comunidade do Museo Provincial do Mar. MORRIÑA DE MARUXAINA. Lídia Pernas do Club Sénior do Museo Provincial do Mar ,a través dos seus versos, demostrounos que o espírito da Maruxaina segue entre nós, agardando un ano máis nos nosos corazóns, latexando con forza para saír máis vivo ca nunca o vindeiro ano. Cumpriranse os nosos desexos? Lugar: Facebook Museo Provincial do Mar Hora: 11:00 MARUXAINA A XUÍZO. Innovando, obrigados pola actual situación sanitaria, xs nenxs do Club Pequeamigxs quixeron manter a tradición desta Festa de Interese Turístico interpretando un orixinal xuízo a serea máis insigne da Mariña. Lugar: Museo Provincial do Mar Hora: 12:15
  • 115. Museo Provincial do Mar 114 MARUXAINA, ONDE ESTÁS? Percorrido polos diferentes museos da Rede Museística Provincial de Lugo buscando a Maruxaina. Onde estaba? O enigma resolveuse ...nun vídeo no que participaron os catro Museos da Rede. Lugar: Facebook Museo Provincial do Mar e Museo Provincial de Lugo Hora: 18:00
  • 116. Museo Provincial do Mar 115 MARUXAINA SEN CLARA. Homenaxe a unha das nosas máis queridas mulleres do Club Sénior do Museo Provincial do Mar, Clara Rey Sarmiento, que nos deixou no mes de abril, pero que permanecerá sempre no noso recordo e nos nosos corazóns. Lugar: Facebook Museo Provincial do Mar Hora: 22:00 6. MEMORIA COVID (ESPECIAL) Por desgraza, este ano 2021 a nosa memoria tamén ten que levar un apartado dedicado a aquelas actuacións especiais que se tiveron que levar a cabo por causa da crise sanitaria da COVID-19 Desde o comezo do ano seguíamos a ter limitación de aforo a 4 persoas por hora, cun amplo protocolo de limpeza de pes e mans, toma de temperatura, aireamento das zonas visitadas, etc. Tras un forte incremento de casos de COVID, recibimos o día 16 de xaneiro o seguinte correo do departamento de Recursos Humanos da Deputación de Lugo: Adopción de novas medidas organizativas pola situación COVID Achégase resolución da presidencia en relación as decisións reorganizativas debidas á situación COVID:
  • 117. Museo Provincial do Mar 116 D E C R E T O Desde o inicio da crise sanitaria derivada da Covid-19, os Gobernos, Central e Autonómico, adoptaron distintas medidas co obxecto de protexer a saúde dos cidadáns. Seguindo as pautas e decisións das autoridades sanitarias, a Deputación Provincial de Lugo, adoptou todas as medidas preventivas que consideraron necesarias, incluso con maior intensidade e rigor que as de carácter xeral, co obxectivo de preservar a saúde e a seguridade dos seus empregados e empregadas, así como das persoas que se relacionan con esta Entidade sen desatender o servizo aos cidadáns máis que naquelas actividades en que a pandemia fixo imposibles de realizar. Non obstante, os negativos datos xerais no conxunto da poboación que se veñen producindo nas últimas datas, e algunhas incidencias que se produciron na propia Entidade, fan pensar que nos atopamos diante dun repunte notable de pandemia que obriga a volver adoptar medidas de protección máis intensas. En consecuencia, á vista da negativa evolución da pandemia a nivel xeral, tomando co máximo nivel de esixencia e rigor as recomendacións das autoridades sanitarias, co obxecto de garantir a máxima protección tanto dos traballadores/as así como dos cidadáns; en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, RESOLVO: 1º.- Ordenar que todo o persoal provincial cuxas funcións permitan o seu desenvolvemento a distancia, prestará o servizo desde o seu domicilio, na modalidade traballo non presencial desde o 18 ó 31 de xaneiro de 2021, ambas datas incluídas. A partir do 1 de febreiro de 2021, pasarán a realizar traballo presencial en quendas estables do 50% dos efectivos de cada servizo. 2º.- Ordenar que todo o persoal provincial que realice funcións que non poidan ser desempeñadas mediante o traballo non presencial preste servizos en quendas estables do 50% dos efectivos, co obxecto de preservar os
  • 118. Museo Provincial do Mar 117 contactos entre os empregados de cada servizo, e garantir a prestación do servizo no máximo que sexa posible. 3º.- Non obstante ó sinalado, todos os empregados públicos provinciais deberán permanecer localizables e deberán reincorporarse aos seus postos de traballo presenciais se así se lles require por necesidades excepcionais do servizo. 4º.- Dadas as especiais condicións de traballo do Parque Móbil, manteranse os equipos de traballo para posibilitar que se poida seguir prestando o servizo respectando sempre, co máximo rigor, as distancias entre empregados e demais medidas de seguridade e prevención. 5º.- Os Xefes de Servizo, enviarán á Sección de Administración de Recursos Humanos (Servizo de Recursos Humanos) a través do tramitador electrónico (GTM) a información necesaria que reflicta a situación organizativa de cada Servizo ou Unidade. 6º.- Establecer que as medidas de carácter extraordinario ordenadas terán a duración imprescindible para dar resposta á situación que motiva a súa adopción, e poderán ser revogadas por necesidades excepcionais do servizo e, en todo caso, cando cesen as recomendacións das autoridades sanitarias. DESCARGAR DECRETO ORIXINAL Despois de recibir o citado correo e por indicación da Xerencia, a vixiante-guía Ángeles Miguélez, pasa a teletraballar. O 27 de xaneiro, entran en vigor as medidas recollidas no BOG nº16BIS, quedando os museos pechados ao público. No caso dos Museos da Rede Museística Provincial de Lugo, establécense uns servizos mínimos, e por encomenda da Xerente Encarna Lago, no caso do Museo Provincial do Mar, será Amelia Pernas a que se encargue de tales servizos mínimos, e polo tanto seguirá a acudir presencialmente ao seu lugar de traballo, no mesmo horario no que o estaba a facer, realizando funcións de vixilancia, administrativas, e atención telemática ao público. Angeles Miguélez seguirá traballando na modalidade virtual.
  • 119. Museo Provincial do Mar 118 O día 28 de xaneiro hai de novo cambios e recibimos un novo correo do servizo de Prevención e tamén por encomenda da Xerente do Servizo de Comunicación Información COVID: Quendas 50%. En relación co DECRETO da Presidencia de data 16 de xaneiro de 2021, no que se establecen medidas de protección máis intensas na entidade vista a evolución da pandemia de Covid-19, de obrigado cumprimento, comunícase o seguinte: No punto primeiro ordénase que a partir do 1 de febreiro de 2021 o traballo presencial será realizado en quendas estables o 50% dos efectivos de cada servizo, estas quendas terán unha duración de quince días. As xefaturas de servizo, sección ou unidade, deberán comunicar ao Servizo de Prevención as incidencias particulares que se poidan dar cos traballadores que por necesidades ou circunstancias non previstas asistan ao posto de traballo, fora da quenda establecida, comunicando a identidade do traballador e a data na que estivo de xeito presencial nas instalacións do servizo. Deberán extremarse as medidas xerais de prevención, ventilación das oficinas de xeito diario, un mínimo de dez minutos cada dúas horas. Será de aplicación obrigatoria o uso de mascarilla en todo momento nas dependencias de Deputación, aínda que se dispoña de distancia de seguridade ou despacho propio. As mascarillas entregaranse no Servizo de Prevención que levará un rexistro de entrega, polo que os empregados deberán acudir persoalmente a recollelas, asinando o preceptivo acuse de recibo. DESCARGA ORIXINAL. Despois desta nova notificación, por encomenda da Xerente, no Museo Provincial do Mar, será Amelia Pernas a que seguirá a facer o traballo presencial nas quendas do 2 ó 14 de febrero e do 16 ó 28, pero solo no horario no que non coincida co persoal de limpeza, o resto do horario teletraballará. No caso de Angeles Miguélez, seguirá a Teletraballar. Reapertura dos museos a partir do 17 de febrero.
  • 120. Museo Provincial do Mar 119 Ás 22:00 h, do 16 de febrero, xs auxiliares de sala da Rede Museística Provincial de Lugo somos convocadxs a unha reunión organizativa vía zoom, na que a Xerente nos informa de que tras as novas disposicións da Xunta, o día 17 procederase á reapertura dos museos, cun aforo limitado ao 30% e tamén no caso dos auxiliares de sala establecéndose unhas quendas do 50%, para establecer deste xeito grupos burbulla e tratar de evitar os contaxios. No caso do Museo Provincial do Mar, e dadas as circunstancias da vixiante- guía Ángeles Miguélez, ela seguirá a tele-traballar, namentres Amelia Pernas traballará de forma presencial. Polo tanto, mantense a carteleira establecida para o mes de febreiro, a expensas de posibles novos cambios. Achégase a nota informativa que no día 16 de febreiro nos foi trasladada ao Museo do Mar. Os museos da Rede Museística Provincial reabrimos e continuamos as actividades presenciais a partir do 17 de febreiro de 2021 Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo reabrimos co horario habitual e reanudamos as actividades presenciais coas condicións establecidas na ORDE do 15 de febreiro de 2021, DOG Núm. 30-bis a partir do día 17 de febreiro de 2021. NORMATIVA APLICABLE ORDE do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Bis, 15 de febreiro de 2021. O persoal incorporárase segundo as quendas establecidas co rogo de que cada quen, por razóns de prevención sanitaria, ocupe o posto-lugar asignado sen variación. O xoves 25 de febreiro énos comunicado por parte da Xerente Encarna Lago, que a partir do luns 1 de marzo, reanudarase o traballo presencial para todo o persoal da Deputación Provincial.
  • 121. Museo Provincial do Mar 120 Bo día, ante as posibles dúbidas que puideran xurdir, en canto a organización do traballo nos distintos servizos nas próximas datas, informamos que a partir do 1 de marzo de 2021 todo o persoal da Deputación Provincial de Lugo, pasará a prestar os seus servizos presencialmente, tal e como se viña facendo antes da aplicación da Resolución da Presidencia do 16 de xaneiro de 2021. Recordando a todos os traballadores/as a necesidade de seguir cumprindo coas medidas de prevención recollidas no Protocolo de Avaliación de Risco Biolóxico á Exposición de Coronavirus (SARS-CoV-2). Un cordial saúdo, 7. PLAN DE FORMACIÓN DO PERSOAL BLOQUE II “FORMACIÓN MEDIACIÓN E INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO” A cargo de Isabel Fernández. ❖ Este curso levouse acabo os luns do 14 de decembro ao 01 de febreiro 2021 mediante a plataforma ZOON e en sesións de 10:00 a 11:30h. ❖ Na sesión do 25 de xaneiro, foi a presentación, conclusión e paradas 1, 2 Ángeles Miguélez a encargada de guiar a visita.
  • 122. Museo Provincial do Mar 121 ❖ CURSO INICIAL DE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR E DESFIBRILACIÓN EXTERNA SEMIAUTOMÁTICA: Curso presencial de 6 horas impartido por Cualtis.(8 de marzo) Este curso foi realizado satisfactoriamente por Amelia Pernas e Ángeles Miguélez. ❖ ACCIÓN FORMATIVA PARA O PROCEDEMENTO DE PROMOCIÓN INTERNA HORIZONTAL DOS EMPREGADOS PÚBLICOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO. GRUPOS: AGRUPACIÓNS PROFESIONAIS (GRUPO 3A) GRUPOS C1 E C2 (GRUPO 2C) (Do 17 de febreiro ao 31 de maio) O primeiro foi cursado por Amelia Pernas e o segundo por Ángeles Miguélez. 8. PROXECIÓN EXTERNAS DO MUSEO A Rede Museística Provincial de Lugo, é un importante referente en materia de Museoloxía Social en todo o Estado español e tamén entre os museos Ibero-americanos. É esta a causa de que participe con moita frecuencia en numerosos foros e congresos comunicando sobre das súas accións comunitarias, sociais e colaborativas, sostibles. Moitos destes encontros realízanse na modalidade virtual, xa que a situación xenerada a partir da aparición do COVID 19 propiciou a xeralización
  • 123. Museo Provincial do Mar 122 deste formato, que por outra banda permite a participación tanto de ponentes como de público ubicadxs en lugares diversxs e distantes. Algúns deses foros nos que a Rede participou e dalgún xeito o Museo do Mar tamén estivo representado foron: Terceira entrega das Xornadas de Mediación Cultural, organizada pola Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais (CCG) do Consello da Cultura Galega e coordinada por Sergio Lago, o día 21 de xaneiro de 2021. O obxectivo xeral das Xornadas de Mediación Cultural foi trazar unha panorámica e estimular o debate sobre aquelas disciplinas académicas ou profesionais que se centran en analizar e facilitar o acceso da cidadanía á cultura e/ou en propiciar a participación cidadá no feito creativo. O obxectivo específico desta terceira xornada foi realizar unha aproximación ao impacto da COVID-19 na participación e hábitos culturais da cidadanía. Debateuse sobre o impacto da pandemia na participación cultural en Galicia, a través dunha mesa redonda de axentes que traballaban en diferentes institucións socioculturais de proximidade en Galicia. O Encontro contou coa participación de Håkan Casares (Observatorio da Cultura Galega, CCG), Nicolàs Barbieri (Observatori de Dades Culturals de Barcelona, Institut de Cultura de l’Ajuntament de Barcelona), Marcos Lorenzo (membro da Comisión e técnico de Cultura en Ferrol), Assumpta Manils e Montserrat Tort (Observatori de Dades Culturals de Barcelona), Sergio Lago (membro da Comisión e coordinador das Xornadas), Jaime Capilla (xestor e mediador cultural no Museo de Belas Artes da Coruña), Ángeles Miguélez (encargada de auxiliares de sala na Rede Museística de Lugo) e Elena Pernas (subdirectora adxunta da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña)
  • 124. Museo Provincial do Mar 123 XORNADAS VIRTUAIS "EDUCACIÓN E INVESTIGACIÓN EN MUSEOS" Coordinado pola Dra. Dolores Álvarez Rodríguez. Datas: Do 25 ao 28 de xaneiro de 2021. O luns, 25 de xaneiro, desde as 19.00 ás 21.00 h. Encarna Lago González (xerente da Rede Museística de Lugo. Movemento Internacional para a nova Museoloxía, MINOM) impartiu o relatorio 'Los valores sociais e comunitarios nos proxectos educativos e de xestión cultural. Traballo colaborativo e inclusivo no museo'.
  • 125. Museo Provincial do Mar 124 Tamén participaron achegando as súas experiencias na Rede Samuel García (Club PequeamigXs), Angeles Miguélez (encargada de auxiliares de sala da Rede), Cristina Alonso (COGAMI, Ana Verigozartúa (Asociación Rioplatenses), Silvia Fiallega( Rede Museística)e Rubén Pérez (artista escénico e profesor).) GRADO PROPIO EN TÉCNICO AUXILIAR EN ENTORNOS CULTURALES DA UNIVERSIDAD DE MÁLAGA Por terceiro ano consecutivo, Encarna Lago, xerente da Rede Museística, foi convidada a impartir diversos relatorios no Curso para Técnico Auxiliar en Entornos. Culturales que organiza a Universidad de Málaga en colaboración coa Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo para o emprego xuvenil. Este curso formativo está dirixido a alumnado con discapacidade intelectual onde a ARTE é a principal protagonista e ten como obxectivos xerais os seguintes: Potenciar a responsabilidade social da Universidade de Málaga, favorecer a cohesión da Universidade de Málaga coa súa contorna social e co colectivo de persoas con discapacidade, promover a apertura da Universidade cara as demandas sociais de formación e preparación laboral, incentivar a inclusión social de persoas con discapacidade intelectual, potenciar a autonomía e preparación laboral da xente nova con discapacidade intelectual e proporcionar experiencias inclusivas e de normalización dentro da Comunidade Universitaria. Estes relatorios impartíronse durante os días 15 e 16 de febreiro, e neles colaborou con Encarna Ángeles Miguélez. O sábado 2 de abril, venres Santo, Angeles Miguélez do Museo Provincial do Mar, intervíu na edición especial que o periodista José Manuel Orriols facía do seu programa “Viaja con nosotros”. Nesta intervención radiofónica fíxose unha pequena visita virtual do Museo, explicando ás súas orixes, as súas coleccións e a posibilidade de visitalo virtualmente a través da plataforma www.comunidadermpl.es.
  • 126. Museo Provincial do Mar 125 De novo o 9 de abril, o Museo Provincial do Mar intervén no programa de Radio Voz “Viaje con nosotros”, facendo desta vez unha visita un pouco máis amplia do Museo polas ondas radiofónicas. • Diagnose e necesidades do Museo Local. A CULTURA É UN DEREITO. Xornadas organizadas pola Deputación Provincial da Coruña no Museo das Peregrinacións de Santiago. • La inclusión en los museos y sitios patrimoniales. Con motivo das Xornadas Europeas do Patrimonio e organizadas pola Deputación Foral de Vizcaia. Relatorio: La inclusión en la Red Museística de la Diputación Provincial de Lugo. 22 años de resistencias y resilencias • La inclusión en los museos y sitios patrimoniales. Con motivo das Xornadas Europeas do Patrimonio e organizadas pola Deputación Foral de Vizcaia. Relatorio: La inclusión en la Red Museística de la Diputación Provincial de Lugo. 22 años de resistencias y resilencias
  • 127. Museo Provincial do Mar 126 9. PROGRAMA DE PERSOAL Xerencia: Encarna Lago González Vixilancia-guía: Ángeles Miguélez Martínez Vixilancia: Amelia Pernas García Servizo de limpeza: María Isabel Baño López