SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 66
Museo Provincial de Lugo.
Convento de San Francisco, s. XIII-s. XX
Museoloxía
Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Friol
s. XVI-s. XVII
Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo
Escola Unitaria de Cervo, 1931
Xardín, Pazo de Tor, Monforte de Lemos, Cervo
s. XIV-XVIII
EXERCICIO DE ARQUEOLOXÍA na busca da raíz mesma
da nosa existencia, para finalmente atoparnos con
nos mesmas, coa memoria individual mais tamén
coa colectiva.
EXERCICICIO DE ARQEUOLOXÍA na
busca da memoria silenciada, de
cara revisitar os vellos,
esquecidos e silenciados
discursos e espazos das nosas
devanceiras.
DA MAN DA ARQUEOLOXÍA DE XÉNERO Estuda o rexistro arqueolóxico en clave de xénero,
tratando de extraer, a través da materialidade das
sociedades pasadas, información acerca de como
eran nelas as relacións entre homes e mulleres.
Sacar á luz, a través da reflexión sobre as diferentes pezas e obras de arte seleccionadas,
un mundo oculto no noso presente: a presenza e o protagonismo da muller na Prehistoria,
Protohistoria e Historia Antiga; e, asemade, na arqueoloxía lucense e, con ela, a da Galiza.
Prehistoria
A Vida
Elas ocuparíanse en conseguir os recursos, aproveitar as
diferentes materias primas, como a pedra para puír, e
transformalas en útiles de traballo; feito que subliñan as análises
de desgaste de algún osos de esqueletos femininos analizados.
Os desgastes óseos permiten coñecer que tamén realizaban
moitas máis tarefas que nos libros poñen nas mans dos “homes”.
Historicamente, ás mulleres da Prehistoria, vincúlaselles ao espazo do hábitat, á preparación dos
recursos, ao procesado dos alimentos, a elaboración de prendas de vestir, a ferver, a asar, a afumar,
etc. e tamén raspar a pel; que é para o que serven os raspadores e as raedeiras.
RASPADORES E RAEDEIRA
150.000-35.000 BP
Vilarmel, Quiroga
“Das NIñas” O Carrizo, Vilalba
Gándara Cha, Quiroga
Actividade femenina
La Prehistoria para niños
A recolección de froitos, herbas
medicinais e pequenos animais seria
unha actividade diaria, mentres que a
caza dun grande animal só ocorrería de
vez en cando.
A caza e a pesca podería ser unha
actividade en grupo, con redes e velenos,
nas que participarían homes e mulleres.
Nas sociedades cazadoras-recolectoras-pescadoras as mulleres recolectaban, cazaban e tamén
pescaban, tiñan un papel activo en todos os ámbitos da vida e comparten co resto do grupo, e cos
homes, todo tipo de esforzos de cara á supervivencia.
AZAGAIA
c.a. 32.000 BP
Cova da Valiña, Castroverde
Muller con lanza
La Prehistoria para niños
Muller arqueira
Museo Arqueológico Nacional
Nas primeiras sociedades cazadoras-recolectoras-pescadoras, o
espazo doméstico se recoñece como o lugar dentro de covas,
abrigos rochosos ou, incluso en cabanas que ocupan os grupos
humanos nos momentos nos que teñen que se refuxar.
Nestes espazos aparecen un fogar, restos de alimentos, utensilios
de pedra -como son o buril e coitelos- ou oso que permiten
interpretar as actividades se desenvolveron no lugar, aínda que
non quen as facía.
As mulleres da Prehistoria realizaron parte do seu traballo no ámbito doméstico, onde as actividades
de mantemento procuran o benestar e sostén do grupo.
BURIL E COITELOS
6.500-4.200 BP
Santalla de Burgás, Xermade
Pena Grande de Bordelle, Vilalba
Construír a comunidade
Past Woman
O traballo da muller no ámbito doméstico foi sempre
imprescindíbel: é ela quen organiza as actividades diarias de
mantemento, é tamén sobre a que recae unha parte
importante da socialización do grupo e a que mantén ás
persoas maiores ou enfermas que non realizan traballos
externos. Con elas e por elas as crianzas aprenden os valores
do grupo, as estratexias de supervivencia, a transformación
dos alimentos, o coñecemento das materias primas e a
produción de determinados bens.
O traballo doméstico e o que supón foi menosprezado, dando
máis valor ao aporte económico externo.
A razón pola que tradicionalmente se relacionou ás mulleres coa casa e cos traballos domésticos,
fronte ao traballo externo realizado polos homes, ven determinado porque elas son as protagonistas da
reproducción. É así que, todos os grupo humanos precisaron das mulleres para medrar e sobrevivir.
Poden chegar a parir unha vez ao ano, co desgaste físico que supón, e ocupábanse das súas crianzas
durante varios de xeito directo, senón falecían no parto. A reprodución, así como a dependencia directa
que as crianzas teñen da nai até que se poden alimentar, vencella á muller co espazo doméstico
durante un longo período de tempo.
O parto e o traballo doméstico
Deusa Tlazoltéotl, da Lúa
Museo Nacional, México
A Morte
Os enxovais funerarios serviron para interpretar cal puido ser o
papel na vida. Esas interpretacións teñen sido moi sexistas, xa
que, un mesmo elemento -unha punta de frecha, un muíño, un
colar- non se explicaba do mesmo xeito si o enterramento
contiña restos femininos ou masculinos. Isto acontece coa
machada circular e a dobre eixola da Medorra Veiga, das que
din “armas dos primeiros guerreiros”; nin armas, son cetros
simbólicos, nin androcentrismo xa que non se puido constatar a
quen acompañaban.
Hai máis de 100.000 anos que os seres humanos amosan unha sensibilidade cara as persoas que
falecen. En todos os períodos se atopan mulleres soterradas, soas ou en grupo, formando parte da
lembranza dunha sociedade que amosa unha preocupación polo máis alá.
MACHADA CIRCULAR E A DOBRE EIXOLA
4.800-3.800 BP
Medorra Veiga das Mámoas, Santiago
Entreambasaugas, Guntín
Actividade feminina
Past Woman
Cova de Valdavara, Becereá
O Lume
En ámbolos dous procesos, cerámica e metal, interviña o lume e o
seu uso marcou un antes e un despois para os grupos humanos.
Desde a aprendizaxe das técnicas de acendido, procesos de
coción até a fundición do metal, o lume intervén en todos os
procesos técnicos que supoñen unha mellora das condición de
vida para os seres humanos.
Os estudos arqueolóxicos sobre a tecnoloxía de fabricación da cerámica amosan que as mulleres
participaron na súa elaboración; como tamén puideron participar tanto no proceso de captación de
materia prima coma na fundición e refinamento do metal mais, a investigación tradicional asociou a
metalurxia aos homes, deixando fora ás mulleres sen argumento algún.
CAZOLA E MACHADAS
4.300-2.800 BP
Cista de Roupar, Xermade
O lume asociouse sempre ás mulleres; o lume ritual, o cotiá, o do
fogar e o do cociñado; mais porque nunca se lles asociou, coa
súa invención ou co seu aproveitamento óptimo?
Actividade femenina
Museu Municipal Arqueológico do Fundão
Xs
Deusxs
Coma o Ídolo de Vilapedre, as mulleres representadas nestas
“figuriñas” están completamente espidas e moitas delas non
posúen rostro.
Tamén se representaron en pintura: de xeito abstracto, como
moitas das mans de Altamira, ou realizando labores de
mantemento do grupo -sementeira e recolección-, coma as
representadas na arte rupestre do levante español.
Desde Siberia até Francia, ou en Malta, aparecen “figuriñas” femininas con datacións na Prehistoria
feitas en diferentes materiais. Sobre o seu significado especulouse moito: venus, deusa nai,
matriarcado, símbolos de fertilidade ou simplemente mulleres, mais a súa verdadeira interpretación
fica reservada para a persoa que as fixo hai máis de 21.000 anos.
ÍDOLO DE VILAPEDRE
2.000 BP
Castro de Vilapedre, Sárria
Protohistoria
A Terra
Herdeiras, coñecedoras e testamentarias da terra, as mulleres
galegas recibirían a dote dos seus maridos, rachando co tipo
de contrato matrimonial mediterráneo, e serían elas as que
buscarían muller para os seus irmáns.
Esta estrutura socio-económica serviría de base para unha
organización que concedería unha preeminencia destacada á
muller.
Ademais das tarefas agrícolas ou a recolección de froitos as mulleres dos castros estarían
relacionadas coa molienda dos cereais. Elas tamén prepararían os alimentos e bebidas; entre outros,
un tipo de torta ou pan de landras, cervexa ou zythos, o antecedente da sidra; e serían as encargadas
de velar pola súa conservación, ben en grandes olas, xerras, silos ou hórreos.
MUÍÑO BARQUIFORME E FORNO
4.300-2.800 BP
Castro de Penarrubia, Orbazai, Lugo
Castro de Barán, Paradela
No fogar
Exposición Los últimos carpetanos.
El oppidum de El Llano de la Horca
Herdeiras, coñecedoras e testamentarias da terra, as
mulleres galegas recibirían a dote dos seus maridos,
rachando co tipo de contrato matrimonial
mediterráneo, e serían elas as que buscarían muller
para os seus irmáns.
Esta estrutura socio-económica serviría de base para
unha organización que concedería unha
preeminencia destacada á muller.
Este tipo de puñal é o característico da denominada “cultura castrexa”, do ámbito do norte e noroeste
peninsular durante as primeiras etapas da Idade de Ferro, onde teñen unha longa pervivencia nun
momento en que no resto da península se están a usar e fabricar armas de ferro e o bronce fica
relgado a armas defensivas e adornos persoais.
PUÑAL DE ANTENAS
2.600-1.800 BP
Castro dos Penedos, San Xoan do Furco, Becerreá
A indumentaria
No ámbito doméstico, a vida das mulleres seguiría relacionada
coa súa tarefa procreadora e coidadora. Vida na que os xeógrafos
romanos recollen o costume de “a covada”, que consistía en que
tras parir a muller deixaba o leito e os coidados das crianzas aos
seus “homes”; quen sabe si nunha estraña e antiga co-
responsabilidade ou nun xesto directo do control e poder
masculino.
Ás mulleres, se lles relaciona coa obtención de materias primas e a realización produtos elaborados,
como o fío ou o tecido. Segundo Estrabón, os vestidos das mulleres galegas eran florais e levaban
sagum ou saio; unha peza do común, de lá ou liño que os homes tamén usaban. O saio era unha
especie de capa áspera que elas mesmas elaborarían ou, tamén participarían os homes?
FUSAIOLAS E PONDUS
2.350-2.000 BP
Lugo; San Miguel de Orbazai, Lugo
Actividade femenina
Museu Municipal Arqueológico do Fundão
Familia Carpetana.
Exposición Los últimos carpetanos.
El oppidum de El Llano de la Horca
Doas coma estas, con “ollos”, xs investigadorxs as poñen en
relación coa protección máxica, xa que cría que estas doas
protexían contra os malos espíritos e o mal de ollo.
A existencia de gran cantidade e calidade de xoias de ouro
atopadas na Galiza fai pensar na importancia do adorno persoal,
por unha banda, e na simboloxía do poder e a riqueza por outra.
As fontes romanas recollen as galegas tiñan un gusto refinado polos adornos persoais, extensíbel
tamén aos homes. Doas e adornos de diversos tipos; fíbulas, hebillas, pendentes, etc.; engalanaban
os corpos.
DOAS OCULADAS E CON GALLÓNS
2.350-2.000 BP
Quinta de Grade, Chantada
Castro de Zoñán, Mondoñedo
Reconstrución. Doas de pasta vítrea
Museo do Castro de Viladonga
Galaico-romana
O Look
Unha rapaza romana sempre levaría o cabelo solto e non o cortaría máis
que o preciso, tendo sempre un longo que permitise o recollido.
O peiteado cambiaba co matrimonio. Ás mulleres casadas non lles
estaba permitido levar o cabelo solto, debendo sempre telo recollido e,
en ocasións, cuberto por un velo. O día da voda era o momento no que
as rapazas recollían o seu cabelo por primeira vez nun peiteado ritual
chamado seni crines, que recollía o cabelo en seis mechóns trenzados.
O cabelo curto era só para as escravas, aquela muller libre que levara o
cabelo curto era considerada unha provocadora, indecente e
descoidada.
Fortes, robustas, e de longo cabelo describen as fontes ás mulleres galegas. Servíanse de todo un
conxunto de tocados que poderían ser expresión do grupo ou situación social á que pertencían:
solteiras, casadas ou viúvas. Unha realidade non moi distante das mulleres romanas con cuxas
formas se fusionaron.
ALFINETES
2.000 BP
Lugo
Os recollidos variarán segundo a moda do momento
e adoitaban ser moi elaborados. Estaba moi de
moda o uso de postizos e perrucas para conseguir
volume e altura e, tamén, era moi común o uso de
tintura, sobre todo o rubio avermellado, moi
cobizado entre as mulleres da alta sociedade.
A moda era o cabelo rizado e para conseguilos as
mulleres ou as perruqueiras empregaban os
alfinetes para suxeitar os rizos e, tamén o
calmistrum; un instrumento moi semellante ás
nosas tenaciñas actuais. Podían adornalos con
cintas de cores, coroas de flores e diademas
adornadas con pedras preciosas.
O cabelo
Unha vez contraía matrimonio, a muller romana completaba a súa
vestimenta coa stola, unha camisa rectangular, aberta na zona
superior, onde se prendía aos ombreiros con broches e fíbulas.
Debaixo do peito suxeitábase por medio dun cinto. Levar esta stola
proclamaba a respectabilidade da muller e o seu respecto polas
tradicións.
No caso das escravas, a súa vestimenta non variaba, será unha túnica
simple, curta e de lá, que lle permitiría levar a cabo as súas tarefas con
As rapazas novas vestirían unha interula, unha especie de camisa interior longa de la, liño ou algodón
que se colocaba directamente sobre a pel e que podía ser de manga longa ou curta. Sobre esta
levaban unha túnica de tecido, que cambiará o seu material dependendo da estación. Baixo todos
isto, levarían la ascia pectoralis, a xeito dun sostén moderno que, a falta de sacas nas túnicas,
chegaban a servir de bolso, onde gardaban moedas, cartas ou xoias.
PRENDEDOR
2.000 BP
Lugo
Oficios
Ademais de esposas e nais as mulleres romanas foron moito máis.
As mulleres libres e de clase plebeia adoitaban exercer oficios fóra do
fogar, coñecemos algúns grazas á fontes escritas e ás estelas
funerarias.
Moitas mulleres ao ficar viúvas tomaban o mando no negocio familiar,
adquirindo unha posición de poder e certa independencia. Precisamente,
por esta situación de independencia, moitas non querían volver casar,
posto que entón perderían a súa posición para volver a depender dun
marido.
O esqueleto de esta muller apareceu, no eu cadaleito por detrás de antiga sede de El Progreso, na
rúa do mesmo nome. É unha muller de entre 25/40 anos, enferma de osteoporose. Os dentes
presentaban burxismo marcado, tiña os dentes pequenos e comidos, o que podería ser debido a unha
patoloxía nerviosa; sendo un transtorno no que se rechina, cruxe ou se apretan os dentes chegando a
puilos; ou á profesión de talabardera, de coller o coiro cos dentes.
ESQUELETE
1.600 BP
Lugo
A emperatriz Helena
Foi emperatriz romana porque o seu fillo Constantino foi emperador.
A ela a podemos considerar como a primeira patrocinadora da
arqueoloxía, financiou os traballos por dar co Calvario e o Santo
Sepulcro.
FOLIS EMPERATRIZ HELENA
s. IV
Favia Xulia Helena, a que logo santificarán como Helena da Cruz ou de Constantinopla, nace en
Drépano cara ao 250 e falece en Roma no 330.
O ouro
Torques, diademas, colares, brazaletes, pulsos ou arracadas
realizaríanse grazas, en grande parte, ao esforzo das mulleres. Todas
poderían ser empregadas por homes e mulleres, coma o sáio, aínda que
houbo un tempo no que, sen base arqueolóxica algunha, se relacionou,
segundo que peza, con un ou outro sexo.
A explotación dos ríos auríferos por métodos artesanais, o bateo, recaeu segundo Estrabón nas
mulleres, que desenvolverían un papel significativo como man de obra nas tarefas conectadas coa
obtención dos recursos auríferos, con vistas á elaboración de xoias. As derradeiras oureiras da Galiza
bateaban, até non hai moito (anos 50-70 do s. XX).
Apana
Era difícil ser muller ou crianza en Roma. Nada máis nacer, si é que
o parto fora ben, as crianzas xa se enfrontaban a súa primeira
proba: tiñan que ser recoñecidas polo pai. A parteira depositábaa
no chan e o pai, si a recollía, entraba na familia, mais podía non
facelo.
A vida sería moi diferente para as nenas romanas segundo a familia
na que nacera. Non era o mesmo nacer nunha familia escrava,
nunha de libertxs ou nunha patricia, mais todas ían ter unha cousa
común, ningunha sería considerada cidadá romana.
Grande parte desta monolítica peza de pedra o ocupa un rexistro epigráfico, que nos indica que
Apana, filla de Ambolo e irmá de Apano, de 25 anos, falecera e que xacía alí e que seu irmán lle
dedicara este monumento funerario. Ela, unha Celitica Supertamárica, que se descoñece o porque se
transladara co seu irmá a Lugo, aparece representada no rexistro superior, é a que ten co colo á
crianza. Estaría solteira, casada ou viúva? Fixádevos, como leva o cabelo? A que se adicaría?
ESTELA DE CRECENTE. APANA
Fins do s. I-principios s. III
San Pedro de Meda, Crecente, Lugo
Até os sete anos, a educación entre nenos e nenas non se diferenciaba moito. Polo xeral, eran as
nais as que se encargaban da educación, mais nas familias patricias existía a figura da nutrix, a “ama
de cría” e podía tamén existir un nutritor, un mestre que se encargaba de lle dar as ensinanzas
básicas. Ao cumprir os sete anos rematábase a infancia e as rapazas comezarán a ser responsábeis
das súas accións e terán pouco a pouco novas obrigas, até chegar á idade legal para se casar: os
doce anos.
Era importante que as rapazas de familias libres e comúns, como
semella Apana, a partir dos sete anos aprenderan das súas nais as
labores do fogar. Si a súa familia vivía na aldea, comezaban a
colaborar nas tarefas do campo e si a súa familia tiña un negocio na
urbe podía ser que tamén axudase no mesmo. En ocasións
traballaba fóra da contorna familiar, xunto ao propietario dun
obradoiro ou negocio; traballaría e aprendería un oficio, como podía
ser o de tecelá, a cambio dun salario e a manutención.
ESTELA DE CRECENTE. APANA
Fins do s. I-principios s. III
San Pedro de Meda, Crecente, Lugo
Muller tocando a cítara, Boscorale
Metropolitan Museum New York
As noces eran un elemento máis nos xogos infantís, usándose como fichas ao xeito das canicas
actuais. Cando a rapaza medraba dicíase que “abandoaba as noces -relinquere nuces-“, como
símbolo de deixar atrás a infancia.
ESTELA DE CRECENTE. APANA
Fins do s. I-principios s. III
San Pedro de Meda, Crecente, Lugo
Existían outros xoguetes: os crepitacula, sonaxeiros de diferentes
estilos, fabricados en metal e que contiñan graos ou pequenas
pedras para que fixesen ruído; será o que leva na man dereita
acrianza que ten no colo Apana?; mais adiante, as crianzas xogarán
con pelotas de caucho, cometas, aros, buxainas, etc. e sabemos
tamén que existían as bonecas, fabricadas con madeira ou tecido, e
tamén pequenas olas, pratos ou vasos de cerámica para
Xogos no poboado
Exposición Los últimos carpetanos.
El oppidum de El Llano de la Horca
Os xoguetes
A infancia eran uns anos complicados e difíciles para calquera persoa,
debido ao alto índice de mortalidade infantil e, as rapazas, van estar
protexidas por numerosos deuses e deusas que se ían a encargar até do
máis mínimo aspecto da súa vida.
A divindade que acompaña exclusivamente ás nenas durante toda a súa
infancia e até o momento no que se converteran en mulleres a ollos da
sociedade, a través do matrimonio, era a deusa Diana. Si ben a esta
deusa a coñecemos como a deusa da caza, tamén o era da virxindade,
aspecto moi importante para toda rapaza romana ou galaico-romana
antes do seu matrimonio.
Quen sería esta muller que ademais se representa de forma culta? Podería ser unha patricia que vivía
na rúa Bispo Aguirre ou unha deusa que podería estar a decorar unha grande mansión?
CABEZA FEMININA
Estela funeraria de Adai,
s.II
Rúa Bispo Aguirre, Lugo.
Amor en Adai
A idade mínima legal para contraer matrimonio era de
doce anos para as mulleres e catorce para os homes. Xs
escravxs non podían contraer matrimonio, mais as súas
unións se recoñecían doutras formas.
A través do matrimonio, a muller pasaba de estar baixo a
autoridade do seu pau á do seu marido, no que se coñece
como matrimonio cum manu; na sine manu a muller
seguía conservando os lazos coa súa familia de orixe e,
polo tanto, respondía á vontade do seu pai por riba da do
seu marido.
O divorcio era moi habitual. Ao divorciarse a muller podía
reclamar a súa dote, conseguido así restituír os seus
bens, e ter opción a contraer matrimonio de novo.
O matrimonio na antiga Roma considerábase un contrato entre dúas familias, cuxa función era
garantir a leixtimidade dos fillos, que herdarían as riquezas e posición social dos seus pais. É por iso
que atopamos que, fóra da clase máis acomodada, non se contraía matrimonio senón que as parellas
simplemente vivían xuntas, nunha unión semellante á que hoxe en día coñecemos como parella de
feito.
ESTELA BRIFRONTE DE ADAI
Estela funeraria de Adai, s.IV
Vilamaior, Santa María Madalena de Adai, Corgo
Cassia Antipatra, muller libre
A Cassia Antipatra adícalle esta estala funeraria Lucios Septimus, o
seu compañeiro. Levaban casados vintecatro anos e el a debía de
apreciar moito porque se refiere a ela como “castísima esposa”.
Tivo que ser forte o amor que Cassia Antipatra debeu sentir por
Lucios Septimus, xa que o seu matrimonio é algo insólito na Roma
imperial; unha muller libre -feito que determina o estudo
onomástico- casada cun liberto, cun escravo que conseguira a
liberdade.
ESTELA DE CASSIA
ANTIPATRA
Estela funeraria, s.III
Muralla de Lugo
Philates, perruqueira escrava
Entre as mulleres plebeas atopamos multitude de oficios que levaban a
cabo fóra do fogar: no campo, ao servizo dunha familia, no comercio, a
artesanía ou o ocio. Había maquilladoras e perruqueiras, chamadas
ornatrix, que se encargaban de engalanar ás mulleres máis principais.
Moitas veces, este oficio recaía en mans de escravas, como é o caso de
Philates. Tamén atopamos “amas de cría”, tecelás, cociñeiras,
ceramistas, cesteiras, taberneiras, etc.; e as parteiras, un oficio case
exclusivamente exercido por mulleres.
Tamén no mundo do espectáculo atopamos ás mulleres, mais en
xéneros menos “cultivados” que a traxedia e a comedia e que en ocasión
remataban en espidos integrais. E as atopamos tamén no mundo
relixioso.
Philates era unha perruqueira que, a súa vez era escrava dunha familia aristócrata. Viviu no s.III e
pasou á eternidade a través da inscripción en pedra desta ara votiva. A súa parella ou os seus
compañeiros escravos son os que lle dedican a peza, agardando que os Manes a protexeran na outra
vida. Facendo un rastrexo do nome da familia, Augusto Taurino, conduciu até os Alpes. Viría dos
Alpes Philates?
ARA PHILATES
Ara aos deuses Manes,
s.III
Muralla de Lugo
Hackear.pptx museos

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula Maria Lemos Cerqueira
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019rmplugo
 
Petroglifos proyecto
Petroglifos proyectoPetroglifos proyecto
Petroglifos proyectoEva Garea
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoriaxmgomba
 
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular ColonizadoresTema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadoresdudashistoria
 
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)feli555
 
Os primeiros poboadores: cultura, sociedade e lingua
Os primeiros poboadores: cultura, sociedade e linguaOs primeiros poboadores: cultura, sociedade e lingua
Os primeiros poboadores: cultura, sociedade e linguanoagaliza
 

Was ist angesagt? (8)

Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019
 
Petroglifos
PetroglifosPetroglifos
Petroglifos
 
Petroglifos proyecto
Petroglifos proyectoPetroglifos proyecto
Petroglifos proyecto
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular ColonizadoresTema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
 
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
 
Os primeiros poboadores: cultura, sociedade e lingua
Os primeiros poboadores: cultura, sociedade e linguaOs primeiros poboadores: cultura, sociedade e lingua
Os primeiros poboadores: cultura, sociedade e lingua
 

Ähnlich wie Hackear.pptx museos

As híades da histori1
As híades da histori1As híades da histori1
As híades da histori1profexabier
 
A Estrada 2
A Estrada 2A Estrada 2
A Estrada 2nonpodo
 
A estrada
A estradaA estrada
A estradanonpodo
 
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexaPobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexaSerxio Folgueira Arias
 
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxicoFotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxicoMUSEO ETNOLOXICO
 
Paleolitico xenxo
Paleolitico xenxoPaleolitico xenxo
Paleolitico xenxoprofexabier
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegasagarridog
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegasagarridog
 
Noite de defuntos
Noite de defuntosNoite de defuntos
Noite de defuntosEva Garea
 
09 a prehistoria
09 a prehistoria 09 a prehistoria
09 a prehistoria roberto
 
Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria begoxin 1
 
A sociedade grega I
A sociedade grega IA sociedade grega I
A sociedade grega Ihonomastico
 
As imaxes do patrimonio.difus.
As imaxes do patrimonio.difus.As imaxes do patrimonio.difus.
As imaxes do patrimonio.difus.satelite1
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galizanoagaliza
 
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZA PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZBegoña Codesal
 
A prehistoria en galicia.lucia sanchez
A prehistoria en galicia.lucia sanchezA prehistoria en galicia.lucia sanchez
A prehistoria en galicia.lucia sanchezBegoña Codesal
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoriamasinisa
 

Ähnlich wie Hackear.pptx museos (20)

A prehistoriatemaesa
A prehistoriatemaesaA prehistoriatemaesa
A prehistoriatemaesa
 
As híades da histori1
As híades da histori1As híades da histori1
As híades da histori1
 
A Estrada 2
A Estrada 2A Estrada 2
A Estrada 2
 
A estrada
A estradaA estrada
A estrada
 
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexaPobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
 
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxicoFotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico
 
Paleolitico xenxo
Paleolitico xenxoPaleolitico xenxo
Paleolitico xenxo
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Noite de defuntos
Noite de defuntosNoite de defuntos
Noite de defuntos
 
09 a prehistoria
09 a prehistoria 09 a prehistoria
09 a prehistoria
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria
 
O entroido
O entroidoO entroido
O entroido
 
A sociedade grega I
A sociedade grega IA sociedade grega I
A sociedade grega I
 
As imaxes do patrimonio.difus.
As imaxes do patrimonio.difus.As imaxes do patrimonio.difus.
As imaxes do patrimonio.difus.
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galiza
 
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZA PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
 
A prehistoria en galicia.lucia sanchez
A prehistoria en galicia.lucia sanchezA prehistoria en galicia.lucia sanchez
A prehistoria en galicia.lucia sanchez
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 

Mehr von Encarna Lago

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfEncarna Lago
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdfEncarna Lago
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncarna Lago
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfEncarna Lago
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Encarna Lago
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorEncarna Lago
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...Encarna Lago
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdfEncarna Lago
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdfEncarna Lago
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdfEncarna Lago
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdfEncarna Lago
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 

Mehr von Encarna Lago (20)

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdf
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 

Hackear.pptx museos

  • 1.
  • 2.
  • 3. Museo Provincial de Lugo. Convento de San Francisco, s. XIII-s. XX Museoloxía
  • 4. Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Friol s. XVI-s. XVII
  • 5. Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo Escola Unitaria de Cervo, 1931
  • 6. Xardín, Pazo de Tor, Monforte de Lemos, Cervo s. XIV-XVIII
  • 7.
  • 8.
  • 9.
  • 10.
  • 11. EXERCICIO DE ARQUEOLOXÍA na busca da raíz mesma da nosa existencia, para finalmente atoparnos con nos mesmas, coa memoria individual mais tamén coa colectiva. EXERCICICIO DE ARQEUOLOXÍA na busca da memoria silenciada, de cara revisitar os vellos, esquecidos e silenciados discursos e espazos das nosas devanceiras.
  • 12.
  • 13. DA MAN DA ARQUEOLOXÍA DE XÉNERO Estuda o rexistro arqueolóxico en clave de xénero, tratando de extraer, a través da materialidade das sociedades pasadas, información acerca de como eran nelas as relacións entre homes e mulleres. Sacar á luz, a través da reflexión sobre as diferentes pezas e obras de arte seleccionadas, un mundo oculto no noso presente: a presenza e o protagonismo da muller na Prehistoria, Protohistoria e Historia Antiga; e, asemade, na arqueoloxía lucense e, con ela, a da Galiza.
  • 14.
  • 15.
  • 16.
  • 17.
  • 18.
  • 19.
  • 20.
  • 21.
  • 22.
  • 23.
  • 26. Elas ocuparíanse en conseguir os recursos, aproveitar as diferentes materias primas, como a pedra para puír, e transformalas en útiles de traballo; feito que subliñan as análises de desgaste de algún osos de esqueletos femininos analizados. Os desgastes óseos permiten coñecer que tamén realizaban moitas máis tarefas que nos libros poñen nas mans dos “homes”. Historicamente, ás mulleres da Prehistoria, vincúlaselles ao espazo do hábitat, á preparación dos recursos, ao procesado dos alimentos, a elaboración de prendas de vestir, a ferver, a asar, a afumar, etc. e tamén raspar a pel; que é para o que serven os raspadores e as raedeiras. RASPADORES E RAEDEIRA 150.000-35.000 BP Vilarmel, Quiroga “Das NIñas” O Carrizo, Vilalba Gándara Cha, Quiroga Actividade femenina La Prehistoria para niños
  • 27. A recolección de froitos, herbas medicinais e pequenos animais seria unha actividade diaria, mentres que a caza dun grande animal só ocorrería de vez en cando. A caza e a pesca podería ser unha actividade en grupo, con redes e velenos, nas que participarían homes e mulleres. Nas sociedades cazadoras-recolectoras-pescadoras as mulleres recolectaban, cazaban e tamén pescaban, tiñan un papel activo en todos os ámbitos da vida e comparten co resto do grupo, e cos homes, todo tipo de esforzos de cara á supervivencia. AZAGAIA c.a. 32.000 BP Cova da Valiña, Castroverde Muller con lanza La Prehistoria para niños Muller arqueira Museo Arqueológico Nacional
  • 28. Nas primeiras sociedades cazadoras-recolectoras-pescadoras, o espazo doméstico se recoñece como o lugar dentro de covas, abrigos rochosos ou, incluso en cabanas que ocupan os grupos humanos nos momentos nos que teñen que se refuxar. Nestes espazos aparecen un fogar, restos de alimentos, utensilios de pedra -como son o buril e coitelos- ou oso que permiten interpretar as actividades se desenvolveron no lugar, aínda que non quen as facía. As mulleres da Prehistoria realizaron parte do seu traballo no ámbito doméstico, onde as actividades de mantemento procuran o benestar e sostén do grupo. BURIL E COITELOS 6.500-4.200 BP Santalla de Burgás, Xermade Pena Grande de Bordelle, Vilalba Construír a comunidade Past Woman
  • 29. O traballo da muller no ámbito doméstico foi sempre imprescindíbel: é ela quen organiza as actividades diarias de mantemento, é tamén sobre a que recae unha parte importante da socialización do grupo e a que mantén ás persoas maiores ou enfermas que non realizan traballos externos. Con elas e por elas as crianzas aprenden os valores do grupo, as estratexias de supervivencia, a transformación dos alimentos, o coñecemento das materias primas e a produción de determinados bens. O traballo doméstico e o que supón foi menosprezado, dando máis valor ao aporte económico externo. A razón pola que tradicionalmente se relacionou ás mulleres coa casa e cos traballos domésticos, fronte ao traballo externo realizado polos homes, ven determinado porque elas son as protagonistas da reproducción. É así que, todos os grupo humanos precisaron das mulleres para medrar e sobrevivir. Poden chegar a parir unha vez ao ano, co desgaste físico que supón, e ocupábanse das súas crianzas durante varios de xeito directo, senón falecían no parto. A reprodución, así como a dependencia directa que as crianzas teñen da nai até que se poden alimentar, vencella á muller co espazo doméstico durante un longo período de tempo. O parto e o traballo doméstico Deusa Tlazoltéotl, da Lúa Museo Nacional, México
  • 31. Os enxovais funerarios serviron para interpretar cal puido ser o papel na vida. Esas interpretacións teñen sido moi sexistas, xa que, un mesmo elemento -unha punta de frecha, un muíño, un colar- non se explicaba do mesmo xeito si o enterramento contiña restos femininos ou masculinos. Isto acontece coa machada circular e a dobre eixola da Medorra Veiga, das que din “armas dos primeiros guerreiros”; nin armas, son cetros simbólicos, nin androcentrismo xa que non se puido constatar a quen acompañaban. Hai máis de 100.000 anos que os seres humanos amosan unha sensibilidade cara as persoas que falecen. En todos os períodos se atopan mulleres soterradas, soas ou en grupo, formando parte da lembranza dunha sociedade que amosa unha preocupación polo máis alá. MACHADA CIRCULAR E A DOBRE EIXOLA 4.800-3.800 BP Medorra Veiga das Mámoas, Santiago Entreambasaugas, Guntín Actividade feminina Past Woman Cova de Valdavara, Becereá
  • 33. En ámbolos dous procesos, cerámica e metal, interviña o lume e o seu uso marcou un antes e un despois para os grupos humanos. Desde a aprendizaxe das técnicas de acendido, procesos de coción até a fundición do metal, o lume intervén en todos os procesos técnicos que supoñen unha mellora das condición de vida para os seres humanos. Os estudos arqueolóxicos sobre a tecnoloxía de fabricación da cerámica amosan que as mulleres participaron na súa elaboración; como tamén puideron participar tanto no proceso de captación de materia prima coma na fundición e refinamento do metal mais, a investigación tradicional asociou a metalurxia aos homes, deixando fora ás mulleres sen argumento algún. CAZOLA E MACHADAS 4.300-2.800 BP Cista de Roupar, Xermade O lume asociouse sempre ás mulleres; o lume ritual, o cotiá, o do fogar e o do cociñado; mais porque nunca se lles asociou, coa súa invención ou co seu aproveitamento óptimo? Actividade femenina Museu Municipal Arqueológico do Fundão
  • 35. Coma o Ídolo de Vilapedre, as mulleres representadas nestas “figuriñas” están completamente espidas e moitas delas non posúen rostro. Tamén se representaron en pintura: de xeito abstracto, como moitas das mans de Altamira, ou realizando labores de mantemento do grupo -sementeira e recolección-, coma as representadas na arte rupestre do levante español. Desde Siberia até Francia, ou en Malta, aparecen “figuriñas” femininas con datacións na Prehistoria feitas en diferentes materiais. Sobre o seu significado especulouse moito: venus, deusa nai, matriarcado, símbolos de fertilidade ou simplemente mulleres, mais a súa verdadeira interpretación fica reservada para a persoa que as fixo hai máis de 21.000 anos. ÍDOLO DE VILAPEDRE 2.000 BP Castro de Vilapedre, Sárria
  • 38. Herdeiras, coñecedoras e testamentarias da terra, as mulleres galegas recibirían a dote dos seus maridos, rachando co tipo de contrato matrimonial mediterráneo, e serían elas as que buscarían muller para os seus irmáns. Esta estrutura socio-económica serviría de base para unha organización que concedería unha preeminencia destacada á muller. Ademais das tarefas agrícolas ou a recolección de froitos as mulleres dos castros estarían relacionadas coa molienda dos cereais. Elas tamén prepararían os alimentos e bebidas; entre outros, un tipo de torta ou pan de landras, cervexa ou zythos, o antecedente da sidra; e serían as encargadas de velar pola súa conservación, ben en grandes olas, xerras, silos ou hórreos. MUÍÑO BARQUIFORME E FORNO 4.300-2.800 BP Castro de Penarrubia, Orbazai, Lugo Castro de Barán, Paradela No fogar Exposición Los últimos carpetanos. El oppidum de El Llano de la Horca
  • 39. Herdeiras, coñecedoras e testamentarias da terra, as mulleres galegas recibirían a dote dos seus maridos, rachando co tipo de contrato matrimonial mediterráneo, e serían elas as que buscarían muller para os seus irmáns. Esta estrutura socio-económica serviría de base para unha organización que concedería unha preeminencia destacada á muller. Este tipo de puñal é o característico da denominada “cultura castrexa”, do ámbito do norte e noroeste peninsular durante as primeiras etapas da Idade de Ferro, onde teñen unha longa pervivencia nun momento en que no resto da península se están a usar e fabricar armas de ferro e o bronce fica relgado a armas defensivas e adornos persoais. PUÑAL DE ANTENAS 2.600-1.800 BP Castro dos Penedos, San Xoan do Furco, Becerreá
  • 41. No ámbito doméstico, a vida das mulleres seguiría relacionada coa súa tarefa procreadora e coidadora. Vida na que os xeógrafos romanos recollen o costume de “a covada”, que consistía en que tras parir a muller deixaba o leito e os coidados das crianzas aos seus “homes”; quen sabe si nunha estraña e antiga co- responsabilidade ou nun xesto directo do control e poder masculino. Ás mulleres, se lles relaciona coa obtención de materias primas e a realización produtos elaborados, como o fío ou o tecido. Segundo Estrabón, os vestidos das mulleres galegas eran florais e levaban sagum ou saio; unha peza do común, de lá ou liño que os homes tamén usaban. O saio era unha especie de capa áspera que elas mesmas elaborarían ou, tamén participarían os homes? FUSAIOLAS E PONDUS 2.350-2.000 BP Lugo; San Miguel de Orbazai, Lugo Actividade femenina Museu Municipal Arqueológico do Fundão Familia Carpetana. Exposición Los últimos carpetanos. El oppidum de El Llano de la Horca
  • 42. Doas coma estas, con “ollos”, xs investigadorxs as poñen en relación coa protección máxica, xa que cría que estas doas protexían contra os malos espíritos e o mal de ollo. A existencia de gran cantidade e calidade de xoias de ouro atopadas na Galiza fai pensar na importancia do adorno persoal, por unha banda, e na simboloxía do poder e a riqueza por outra. As fontes romanas recollen as galegas tiñan un gusto refinado polos adornos persoais, extensíbel tamén aos homes. Doas e adornos de diversos tipos; fíbulas, hebillas, pendentes, etc.; engalanaban os corpos. DOAS OCULADAS E CON GALLÓNS 2.350-2.000 BP Quinta de Grade, Chantada Castro de Zoñán, Mondoñedo Reconstrución. Doas de pasta vítrea Museo do Castro de Viladonga
  • 45. Unha rapaza romana sempre levaría o cabelo solto e non o cortaría máis que o preciso, tendo sempre un longo que permitise o recollido. O peiteado cambiaba co matrimonio. Ás mulleres casadas non lles estaba permitido levar o cabelo solto, debendo sempre telo recollido e, en ocasións, cuberto por un velo. O día da voda era o momento no que as rapazas recollían o seu cabelo por primeira vez nun peiteado ritual chamado seni crines, que recollía o cabelo en seis mechóns trenzados. O cabelo curto era só para as escravas, aquela muller libre que levara o cabelo curto era considerada unha provocadora, indecente e descoidada. Fortes, robustas, e de longo cabelo describen as fontes ás mulleres galegas. Servíanse de todo un conxunto de tocados que poderían ser expresión do grupo ou situación social á que pertencían: solteiras, casadas ou viúvas. Unha realidade non moi distante das mulleres romanas con cuxas formas se fusionaron. ALFINETES 2.000 BP Lugo
  • 46. Os recollidos variarán segundo a moda do momento e adoitaban ser moi elaborados. Estaba moi de moda o uso de postizos e perrucas para conseguir volume e altura e, tamén, era moi común o uso de tintura, sobre todo o rubio avermellado, moi cobizado entre as mulleres da alta sociedade. A moda era o cabelo rizado e para conseguilos as mulleres ou as perruqueiras empregaban os alfinetes para suxeitar os rizos e, tamén o calmistrum; un instrumento moi semellante ás nosas tenaciñas actuais. Podían adornalos con cintas de cores, coroas de flores e diademas adornadas con pedras preciosas. O cabelo
  • 47. Unha vez contraía matrimonio, a muller romana completaba a súa vestimenta coa stola, unha camisa rectangular, aberta na zona superior, onde se prendía aos ombreiros con broches e fíbulas. Debaixo do peito suxeitábase por medio dun cinto. Levar esta stola proclamaba a respectabilidade da muller e o seu respecto polas tradicións. No caso das escravas, a súa vestimenta non variaba, será unha túnica simple, curta e de lá, que lle permitiría levar a cabo as súas tarefas con As rapazas novas vestirían unha interula, unha especie de camisa interior longa de la, liño ou algodón que se colocaba directamente sobre a pel e que podía ser de manga longa ou curta. Sobre esta levaban unha túnica de tecido, que cambiará o seu material dependendo da estación. Baixo todos isto, levarían la ascia pectoralis, a xeito dun sostén moderno que, a falta de sacas nas túnicas, chegaban a servir de bolso, onde gardaban moedas, cartas ou xoias. PRENDEDOR 2.000 BP Lugo
  • 49. Ademais de esposas e nais as mulleres romanas foron moito máis. As mulleres libres e de clase plebeia adoitaban exercer oficios fóra do fogar, coñecemos algúns grazas á fontes escritas e ás estelas funerarias. Moitas mulleres ao ficar viúvas tomaban o mando no negocio familiar, adquirindo unha posición de poder e certa independencia. Precisamente, por esta situación de independencia, moitas non querían volver casar, posto que entón perderían a súa posición para volver a depender dun marido. O esqueleto de esta muller apareceu, no eu cadaleito por detrás de antiga sede de El Progreso, na rúa do mesmo nome. É unha muller de entre 25/40 anos, enferma de osteoporose. Os dentes presentaban burxismo marcado, tiña os dentes pequenos e comidos, o que podería ser debido a unha patoloxía nerviosa; sendo un transtorno no que se rechina, cruxe ou se apretan os dentes chegando a puilos; ou á profesión de talabardera, de coller o coiro cos dentes. ESQUELETE 1.600 BP Lugo
  • 51. Foi emperatriz romana porque o seu fillo Constantino foi emperador. A ela a podemos considerar como a primeira patrocinadora da arqueoloxía, financiou os traballos por dar co Calvario e o Santo Sepulcro. FOLIS EMPERATRIZ HELENA s. IV Favia Xulia Helena, a que logo santificarán como Helena da Cruz ou de Constantinopla, nace en Drépano cara ao 250 e falece en Roma no 330.
  • 53. Torques, diademas, colares, brazaletes, pulsos ou arracadas realizaríanse grazas, en grande parte, ao esforzo das mulleres. Todas poderían ser empregadas por homes e mulleres, coma o sáio, aínda que houbo un tempo no que, sen base arqueolóxica algunha, se relacionou, segundo que peza, con un ou outro sexo. A explotación dos ríos auríferos por métodos artesanais, o bateo, recaeu segundo Estrabón nas mulleres, que desenvolverían un papel significativo como man de obra nas tarefas conectadas coa obtención dos recursos auríferos, con vistas á elaboración de xoias. As derradeiras oureiras da Galiza bateaban, até non hai moito (anos 50-70 do s. XX).
  • 54. Apana
  • 55. Era difícil ser muller ou crianza en Roma. Nada máis nacer, si é que o parto fora ben, as crianzas xa se enfrontaban a súa primeira proba: tiñan que ser recoñecidas polo pai. A parteira depositábaa no chan e o pai, si a recollía, entraba na familia, mais podía non facelo. A vida sería moi diferente para as nenas romanas segundo a familia na que nacera. Non era o mesmo nacer nunha familia escrava, nunha de libertxs ou nunha patricia, mais todas ían ter unha cousa común, ningunha sería considerada cidadá romana. Grande parte desta monolítica peza de pedra o ocupa un rexistro epigráfico, que nos indica que Apana, filla de Ambolo e irmá de Apano, de 25 anos, falecera e que xacía alí e que seu irmán lle dedicara este monumento funerario. Ela, unha Celitica Supertamárica, que se descoñece o porque se transladara co seu irmá a Lugo, aparece representada no rexistro superior, é a que ten co colo á crianza. Estaría solteira, casada ou viúva? Fixádevos, como leva o cabelo? A que se adicaría? ESTELA DE CRECENTE. APANA Fins do s. I-principios s. III San Pedro de Meda, Crecente, Lugo
  • 56. Até os sete anos, a educación entre nenos e nenas non se diferenciaba moito. Polo xeral, eran as nais as que se encargaban da educación, mais nas familias patricias existía a figura da nutrix, a “ama de cría” e podía tamén existir un nutritor, un mestre que se encargaba de lle dar as ensinanzas básicas. Ao cumprir os sete anos rematábase a infancia e as rapazas comezarán a ser responsábeis das súas accións e terán pouco a pouco novas obrigas, até chegar á idade legal para se casar: os doce anos. Era importante que as rapazas de familias libres e comúns, como semella Apana, a partir dos sete anos aprenderan das súas nais as labores do fogar. Si a súa familia vivía na aldea, comezaban a colaborar nas tarefas do campo e si a súa familia tiña un negocio na urbe podía ser que tamén axudase no mesmo. En ocasións traballaba fóra da contorna familiar, xunto ao propietario dun obradoiro ou negocio; traballaría e aprendería un oficio, como podía ser o de tecelá, a cambio dun salario e a manutención. ESTELA DE CRECENTE. APANA Fins do s. I-principios s. III San Pedro de Meda, Crecente, Lugo Muller tocando a cítara, Boscorale Metropolitan Museum New York
  • 57. As noces eran un elemento máis nos xogos infantís, usándose como fichas ao xeito das canicas actuais. Cando a rapaza medraba dicíase que “abandoaba as noces -relinquere nuces-“, como símbolo de deixar atrás a infancia. ESTELA DE CRECENTE. APANA Fins do s. I-principios s. III San Pedro de Meda, Crecente, Lugo Existían outros xoguetes: os crepitacula, sonaxeiros de diferentes estilos, fabricados en metal e que contiñan graos ou pequenas pedras para que fixesen ruído; será o que leva na man dereita acrianza que ten no colo Apana?; mais adiante, as crianzas xogarán con pelotas de caucho, cometas, aros, buxainas, etc. e sabemos tamén que existían as bonecas, fabricadas con madeira ou tecido, e tamén pequenas olas, pratos ou vasos de cerámica para Xogos no poboado Exposición Los últimos carpetanos. El oppidum de El Llano de la Horca Os xoguetes
  • 58.
  • 59. A infancia eran uns anos complicados e difíciles para calquera persoa, debido ao alto índice de mortalidade infantil e, as rapazas, van estar protexidas por numerosos deuses e deusas que se ían a encargar até do máis mínimo aspecto da súa vida. A divindade que acompaña exclusivamente ás nenas durante toda a súa infancia e até o momento no que se converteran en mulleres a ollos da sociedade, a través do matrimonio, era a deusa Diana. Si ben a esta deusa a coñecemos como a deusa da caza, tamén o era da virxindade, aspecto moi importante para toda rapaza romana ou galaico-romana antes do seu matrimonio. Quen sería esta muller que ademais se representa de forma culta? Podería ser unha patricia que vivía na rúa Bispo Aguirre ou unha deusa que podería estar a decorar unha grande mansión? CABEZA FEMININA Estela funeraria de Adai, s.II Rúa Bispo Aguirre, Lugo.
  • 61. A idade mínima legal para contraer matrimonio era de doce anos para as mulleres e catorce para os homes. Xs escravxs non podían contraer matrimonio, mais as súas unións se recoñecían doutras formas. A través do matrimonio, a muller pasaba de estar baixo a autoridade do seu pau á do seu marido, no que se coñece como matrimonio cum manu; na sine manu a muller seguía conservando os lazos coa súa familia de orixe e, polo tanto, respondía á vontade do seu pai por riba da do seu marido. O divorcio era moi habitual. Ao divorciarse a muller podía reclamar a súa dote, conseguido así restituír os seus bens, e ter opción a contraer matrimonio de novo. O matrimonio na antiga Roma considerábase un contrato entre dúas familias, cuxa función era garantir a leixtimidade dos fillos, que herdarían as riquezas e posición social dos seus pais. É por iso que atopamos que, fóra da clase máis acomodada, non se contraía matrimonio senón que as parellas simplemente vivían xuntas, nunha unión semellante á que hoxe en día coñecemos como parella de feito. ESTELA BRIFRONTE DE ADAI Estela funeraria de Adai, s.IV Vilamaior, Santa María Madalena de Adai, Corgo
  • 63. A Cassia Antipatra adícalle esta estala funeraria Lucios Septimus, o seu compañeiro. Levaban casados vintecatro anos e el a debía de apreciar moito porque se refiere a ela como “castísima esposa”. Tivo que ser forte o amor que Cassia Antipatra debeu sentir por Lucios Septimus, xa que o seu matrimonio é algo insólito na Roma imperial; unha muller libre -feito que determina o estudo onomástico- casada cun liberto, cun escravo que conseguira a liberdade. ESTELA DE CASSIA ANTIPATRA Estela funeraria, s.III Muralla de Lugo
  • 65. Entre as mulleres plebeas atopamos multitude de oficios que levaban a cabo fóra do fogar: no campo, ao servizo dunha familia, no comercio, a artesanía ou o ocio. Había maquilladoras e perruqueiras, chamadas ornatrix, que se encargaban de engalanar ás mulleres máis principais. Moitas veces, este oficio recaía en mans de escravas, como é o caso de Philates. Tamén atopamos “amas de cría”, tecelás, cociñeiras, ceramistas, cesteiras, taberneiras, etc.; e as parteiras, un oficio case exclusivamente exercido por mulleres. Tamén no mundo do espectáculo atopamos ás mulleres, mais en xéneros menos “cultivados” que a traxedia e a comedia e que en ocasión remataban en espidos integrais. E as atopamos tamén no mundo relixioso. Philates era unha perruqueira que, a súa vez era escrava dunha familia aristócrata. Viviu no s.III e pasou á eternidade a través da inscripción en pedra desta ara votiva. A súa parella ou os seus compañeiros escravos son os que lle dedican a peza, agardando que os Manes a protexeran na outra vida. Facendo un rastrexo do nome da familia, Augusto Taurino, conduciu até os Alpes. Viría dos Alpes Philates? ARA PHILATES Ara aos deuses Manes, s.III Muralla de Lugo