SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 25
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Balance e continuidade do
Programa Novos Públicos da Rede Museística da
Deputación Provincial de Lugo
Xullo 2017
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
2
No contexto social e económico no que nos atopamos é
sempre necesario crear solucións e estratexias imaxinativas
para fortalecer a relación dos museos co seu público. Ofrecer
experiencias de valor será o mellor recurso para atraer a
visitantes cada vez máis esixentes. Captar a novxs visitantes
custa entre 5 e 15 veces máis que facer que volva outra persoa
que xa nos coñece (FERNÁNDEZ, 2013).
En coherencia coa metodoloxía marcada no Programa de
Novos Públicos 2017, a seis meses da súa implementación,
estamos no momento de avaliar o seu desenvolvemento e
formular as debidas correccións.
Na natureza desta Rede está situar axs visitantes no centro da
acción museolóxica, buscando a súa fidelización, unha
relación máis forte co museo a través da total accesibilidade, a
identificación coas coleccións e a participación activa.
Facemos balance destes seis meses de execución do
programa de Novos Públicos e as actividades que se levaron
a cabo apoiando aos departamentos de didáctica,
comunicación e xerencia.
Enfocamos os puntos claves deste informe nos seguintes
puntos: Incremento das visitas, os públicos máis fieis, a
comunidade participante dos museos e recoñecemento na
xestión.
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
3
Balance
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
4
Incremento das visitas
Coa execución do Programa de Novos Públicos, neste
primeiro semestre de 2017, os catro museos da Rede
gozaron dun salientable aumento das visitas. De feito,
estamos ante a mellor cifra dos últimos 17 anos.
Só no mes de xullo no Museo Provincial de Lugo,
contabilizáronse 2480 visitantes máis que en 2016, o
que significa un incremento do 171%. Esta porcentaxe é
tamén aplicable ao resto dos museos da Rede, mesmo
aqueles que pecharon para a súa desinsectación (San
Paio de Narla ou o Pazo de Tor) que medraron o seu
número de visitas durante os dias que foron visitables.
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
5
Número de visitantes no mes de xuño desde 2000 a 2017
3.319 3.256
2.591
3.941
3.780
4.144
5.679
3.909
5.461
4.039
4.201
3.877 3.842
4.737
4.063
3.779
3.483
5.963
1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019
ANOS
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
6
Públicos máis fieis
Pero unha boa xestión de públicos non insiste tanto no
número como na relación que establece cada visitante
tras a súa visita. Un museo sostible é aquel que mantén
vínculos duradeiros e de reciprocidade para coa súa
comunidade é un museo. Neste aspecto, destacamos os
comentarios deixados nas redes sociais, así como o
crecemento de seguidorxs en cada un dos perfís de
facebook e twitter.
Na rede especializada en turismo como é Tripadvisor, os
museos da Rede acadaron os primeiros postos na
clasificación de museos da provincia.
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
7
Por outra banda, na atención directa que se realiza
desde a vixilancia en sala, recóllese un alto nivel de
satisfacción dxs viaxeirxs de fóra de Galicia a través das
observacións sobre os contidos e as súas preguntas de
orientación No que respecta a visitantes galegxs,
denotan un crecente interese sobre as actividades e
exposicións temporais que se desenvolven nos museos
e unha evidencia de visita repetida en máis dunha
ocasión.
Por último, non esqueceremos aos propios habitantes
de cada unha das poboacións onde se sitúan os museos
que declaran como “redescubren” o museo por mor de
catro motivacións:
▪ Da man dos seus fillos ou netos que viñeron co
colexio e agora ensinan o museo aos seus
familiares.
▪ Visitando as exposicións temporais ou asistindo ás
actividades (conferencias, obradoiros, proxeccións).
▪ Porque “hai moito tempo que non viña” e escoitaron
falar que estaba moi ben.
▪ Como anfitrións de amigos e familiares que están de
paso pola cidade.
Enquisa de captación de novos
públicos
Un formulario deseñado para recoller datos e impresións de
quen nos visita. As súas conclusións serán xermolo de novas
accións de captación e fidelización de públicos
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
8
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
9
Comunidade máis participante
Nestes primeiro semestre fomentamos a participación dos
colectivos sociais en actividades de inclusión organizadas
desde a Rede Museística. Sobre este punto a Rede convértese
e plataforma de diálogo para os temas sensibles que
preocupan á nosa sociedade: capacidades diferentes,
identidade de xéneros, violencia de xénero, dereitos da muller
e migracións. Fagamos balance das actividades levadas a
cabo por/para/con estes colectivos.
 Culturas en Diálogo. Refuxiadxs e migrantes
O 23 de xaneiro de 2017, dentro do programa de Culturas en
Diálogo, de Museoloxía Social, tivo lugar no Museo Provincial
de Lugo, unha mesa redonda sobre Alepo, a cidade siria que
se converteu en campo de batalla das diferentes faccións
enfrontadas na longa guerra de Siria. Interviñeron a delegada
de Cultura, Pilar García Porto, o director do Centro de
Educación Permanente de Adultos do C. P. Monterroso, Pedro
Cantero, o tradutor del C. P. Monterroso, experto en culturas
mediterráneas e orientais, Alí Lhana Díaz, o director de
programas do C. Penitenciario de Monterroso, Víctor Fraga
Gayoso, a estudante de Socioloxía na Universidade Central de
Venezuela, Nour Salih Chami, o refuxiado sirio residente na
Coruña, Ahmad Llovia, a máster en Estudos Internacionais da
USC e politóloga. Nour Al-Houssen, e Encarna Lago, xerente
da Rede Museística.
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
10
 Nós + Outrxs en rede
Proxecto de colaboración que se desenvolve en torno á
reflexión sobre a identidade, o xénero, o traballo en grupo, e o
respecto á diversidade. Esta edición érguese desde a
xenerosidade de nove artistas que ofrecen nove proxectos
expositivos con todo tipo de linguaxes. A partir de aquí se
realizan os obradoiros como unha creación artística conxunta
entre asociacións sensibles e artistas. Participaron colectivos
de toda a provincia: Asociación axuda ó enfermo mental A
Mariña, Fundación ONCE, Síndrome de Down Lugo,Cogami
Lugo, Cogami Ulloa, Agora Monforte, Centro de persoas con
discapacidade de Bóveda, Secretariado Gitano, Asociación de
Familias con menores Trans*, Arelas, ANPA colexio A Ponte,
máis o club Senior da Rede Museística.
En total, estiveron implicadas máis de 300 persoas realizando
os diferentes obradoiros e chegaron a realizar entre todxs unha
obra conxunta, monitoreada pola artista Violeta Bernardo.
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
11
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
12
 IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
Para responder ao debate sobre identidade sexual e a súa
representatividade nos museos, a Rede Museística acometeu a cuarta
edición deste congreso con sesións dedicadas a colectivos, a relatorios
científicos, a diferentes experiencias artísticas e doutros museos, e
finalmente unha xornada dedicada a Maruja Mallo. Participaron 44
relatorxs, entre xs que se incluían representantes de colectivos sociais,
artísticos e educativos, artistas e profesionais de museos de Lugo, Galicia,
Castela e León e Madrid, que presentaron as súas propostas ante un aforo
completo aos poucos días de iniciar o prazo de inscrición. Ademais dos
relatorios presenciais, o congreso contou co conferencias enviadas a través
de vídeo desde México, Costa Rica e Arxentina. Cunha asistencia limitada
a 50 persoas, recibíronse 70 solicitudes de inscrición para os catro días de
celebración: 10, 11, 31 de marzo e 1 de abril.
Na necesidade de expandir as xornadas. utilizamos as redes socias,
principalmente Facebook e Twitter para comunicar en directo o que
acontecía en cada sesión. En Facebook, con preto de 2300 seguidorxs,
chegouse aos 4378 impactos no punto máximo. En Twitter con apenas 267
seguidores e 1154 tuits publicados, acadáronse 30300 impresións no mes
de marzo e 990 visitas ao perfil.
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
13
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
14
 Mesa redonda contra a violencia de xénero
Dentro do programa da Rede Museística da Deputación de
Lugo de xestión co tecido social con distintas asociacións,
venres, día 16 de xuño, tivo lugar no Refectorio do Museo
Provincial de Lugo, unha mesa redonda baixo o título Non
quero ser a seguinte vítima, non quero ser un número mais, na
que interviron como poñentes o maxistrado Adriano J. Alfonso
Rodríguez, Doutor en Dereito, Criminólogo e xuíz dependente
da Audiencia Provincial de Pontevedra e Marta Rodríguez
Engroba, presidenta da Asociación Si, hai saída contra a
violencia de Xénero.
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
15
 Xornada Feminista
Organizado pola Plataforma Feminista de Lugo, e dentro do
programa da Rede Museística da Deputación de Lugo de
xestión co tecido social a través de distintas asociacións, o 17
de xuño tivo lugar no xardín do Museo Provincial de Lugo unha
xornada feminista con diversas actividades: uo obradoiro
"Desmontando os mitos do amor romántico", un pequeno
xantar de convivio e unha charla de Cristina Palacios, da
asociación de familias de menores transexuais Arelas.

Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
16
 Xuntanza de profesionais invitados por COGAMI
Dentro do programa da Rede Museística da Deputación de
Lugo con diversos colectivos sociais (Redes de Liberdade) e a
participación de proxectos europeos da man de COGAMI e os
seus socios, o 22 de xuño, desenvolveuse, no Refectorio do
Museo Provincial, unha xuntanza con profesionais de
entidades procedentes de Italia, Grecia, Suecia e Gran Bretaña
para coñecer como se traballa na Confederación Galega de
Persoas con Discapacidade (COGAMI). Nesta xuntanza,
enmarcada dentro do programa Cultural Arts que permite
recoñecer habilidades e coñecementos adquiridos por persoas
con discapacidade a través da creatividade, a xerente,
Encarna Lago, acompañada dos fotógrafos José Reigosa e
Germán Limeres, do proxecto Fotografía a Cegas, así como
tamén de persoal do Departamento de Capacidades Diferentes
e Accesibilidade dos catro museos que integran esta Rede,
explicou aos visitantes que significa a accesibilidade cultural,
que implica o acceso á cultura de todas as persoas, sen
importar a súa condición.
Tamén estivo presente o artista plástico Alberto Pena Rey, que
falou do coñecido mural El Bosque Colectivo no que participou
COGAMI.
Pola tarde, representouse a performance “Cidade Palabra-
Escritura Falada” de Vita Martínez, na que o seu corpo será o
soporte da escritura e pintura.
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
17
 Orgullo LGTBI: Lugo Diversx
"Orgullo LGTBI: Lugo Diversx", desenvolveuse durante sete
días con actividades socioculturais, lúdicas e deportivas que
buscan visibilizar e sensibilizar no respecto á diversidade
sexual, poñendo énfase no orgullo e o empoderamento das
persoas e colectivos minorizados pola sociedade. Todo isto
unindo as sinerxias do eido asociativo e as administracións a
través do programa da Rede Museística da Provincia de Lugo,
Nós+outrxs en rede. Contu coa colaboración de Arelas,
asociación de familias de menores trans, o Concello de Lugo.
Conferencias, convocatorias artísticas, andainas, obradoiros,
intervencións urbanas e concertos a prol de amosar a
diversidade da nosa comunidade.
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
18
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
19
 50 anos de Breo. Enredando museos, cultura e deporte para a
mocidade
A exposición xira arredor do percorrido histórico e social do
Club de Baloncesto Breogán, un dos clubs de baloncesto máis
relevantes do panorama nacional que este ano celebra o seu
50 aniversario. Trátase dunha pequena homenaxe, a través de
obxectos e paneis, por primeira vez expostos nun espazo
museístico coas características axeitadas para poder visitala,
consultala e gozala polas novas e vellas xeracións.
Igualmente, a exposición tamén quere inducir á práctica
saudable e lúdica da actividade deportiva.
Dado que as necesidades dos cidadáns están sempre
mudando, especialmente as dos máis novos, a Deputación de
Lugo está na obriga de ofrecer respostas diferentes, e a
organización de eventos e espazos culturais creativos e
innovadores pode ser unha desas respostas adaptada aos
novos tempos.
A Rede Museística Provincial deu continuidade en 2017 ao seu
Programa de Captación de Novos Públicos. Un dos seus
públicos obxectivo é a mocidade, desde os 11 ata os 25 anos,
que son, segundo as nosas estatísticas, quen menos afluencia
e uso fai do propio museo. Con esta idea de fondo e na
necesidade de seducir aos públicos novos con temas que lles
interesan, relacionamos deporte/mocidade/cultura a través
dun proxecto expositivo que amose a traxectoria histórica e
social do Club Baloncesto Breogán, un dos clubs de
baloncesto máis relevantes do panorama nacional, e que este
ano celebra o seu 50 aniversario.
Ademais da exposición, realizáronse conferencias e
actividades coa finalidade de festexar os 50 anos do club
atraendo nos seus dous meses de exhibición a 842 persoas
entre os que se encontraban grades afeccionaxs e deportistas,
novxs visitantes ao museo, colectivos de capacidades
diferentes, etc.
Salientable foi a a xornada conmemorativa As Redes como
xeradoras de cambio social, con unha notable presenza de
colectivos sociais.
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
20
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
21
Recoñecementos ao modelo da Rede Museística
Desde a posta en marcha do programa de Novos Públicos, a xerencia da Rede Museística foi invitada a compartir a súa experiencia
como modelo de inclusión de públicos en diferentes ocasións de relevante importancia:
 Invitada polo IV Encontro de Museos Portugal-Espanha,
organizado polos organismos de tutela dos museos dos dous
países: a Direçao Geral do Património Cultural e a Subdirección
General de Museos Estatales, 13 de decembro 2016, Lisboa.
 Publicación en el Boletín de AMMA (Asociación de Museólogos y
Museógrafos de Andalucía) #9. Febrero 2017.
 Exposición Culturas en diálogo . Lugo, Argentina Uruguay,
caminos de ida y vuelta, no Museo de América. Do 24 de febreiro
ao 26 de marzo. Madrid.
 XIII Curso de Primavera Culturalb, 21 de maio, Universidade ed
Santiago de Compostela.
 Xornada de fomento da accesibilidade universal en Lugo,
organizado por Auxilia, Predif Galicia e Lugo Monumental.
Colaboran Raiolas, Asorlu, ONCE, Rede Museística provincial e
voluntarios da UDP. 8 de xuño.
 Os museos da Rede, museos mellor valorados da provincia
segundo Tripadvisor
 Artigo publicado en Lugo. Cultura Dixital Muralla Aberta #1. A Rede
Museística Provincial. Dez anos construíndo comunidade.
 Participación no congreso sobre O futuro da Educación organizado
por Igaciencia, 4 de xullo. Santiago de Compostela.
 Inclusión do programa institucional inclusivo da Rede Mueística
Provinicial de Lugo no Banco de Boas Prácticas para a Xestión
Cultural da Asociación Galega de Profesionais da xestión Cultura.
 Intervención no Seminario Museos Etnografía e Antropoloxía no
Museo do Pobo Galego, 28, 29 e 30 setembro, Santiago de
Compostela,
 IV Congresso Internacional de Educação e Acessibilidade em
Museus e Património. Formação para a Inclusão: A Acessibilidade
Universal é exequível, seleccionou a conferencia de Encarna Lago,
Experiencias innovadoras de formación e inclusión social, en la red
museística provincial de Lugo, como exemplo de boas prácticas na
UE. 2, 3, 4 de outubro, Lisboa.
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
22
Continuidade
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
23
Os resultados de xeito positivo expostos anteriormente marcan
a liña ascendente no que se está a desenvolver este programa
de Novos Públicos. Pero aínda queda moito traballo por facer,
Continuamos coa metodoloxía cíclica deste proxecto baseada
en coñecer, deseñar, difundir, executar, documentar e avaliar
para seguir facendo.
 Recoller enquisas e información para completar a base
de datos de colectivos e axentes sensibles e máis o
terceiro sector.
 Facilitar o traballo dos departamentos de comunicación,
didáctica e conservación, como canles de transmisión
ao público.
 Potenciar a impresión que xs visitantes, usuarixs e
participantes das actividades levan dos museos, na
mellora da súa orientación e accesibilidade aos
contidos.
 Fomentar a participación da comunidade tamén nos
clubs da Rede: Pequeamigos, Ei!,e Senior.
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
24
Coñecer
Enquisas
Entrevistas
Deseñar
Plan para
escolares
Plan para a
mocidade
Plan para
maiores
Plan para
colectivos
Difundir
Feiras
Puntos de
información
RRSS
Executar
Museo
Provincial de
Lugo
Museo Pazo
de Tor
Museo
Fortaleza
San Paio de
Narla
MUseo
Provincial do
Mar
Documentar
RRSS
Arquivo
Avaliar
Criterios
Correccións
Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo
25
.Novas estratexias a engadir ao Plan
 Proxección provincial
O compromiso da Deputación de Lugo na mellora dos servizos públicos dos concellos da provincia maniféstase neste plan a
través dunha liña de achegamento dos 67 concellos da provincia aos catro museos da Rede. Queremos con isto ampliar a acción
de comunidade da Rede e os resultados acadados nos localidades de cada un dos museos. Con este fin deseñamos as seguintes
accións:
• Realización dun mapa de xeolocalización coas distancias entre os 67 concellos e os catro museos.
• Distribución de información nas concellerías de cultura e turismo de todos os entes locais.
• Solicitude de transporte entre os concellos que o requiran e os museos da Rede.
 Ano Domingo Fotán
En 2017 cómprense 200 anos desde o comezo dos traballos de Domingo Fontán, por “ponerlle cara a Galicia” que diría Otero
Pedrayo, no seu nomeado mapa que se exhibe nas dependencias do Pazo de Tor.

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADEPlan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADEEncarna Lago
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoEncarna Lago
 
Da Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentes
Da Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentesDa Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentes
Da Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentesEncarna Lago
 
Programa iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariadoPrograma iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariadosatelite1
 
Crónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela abertaCrónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela abertasatelite1
 
Iaf133
Iaf133Iaf133
Iaf133IGADI
 
Presentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da celaPresentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da celasatelite1
 
Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Charo García
 
Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)Encarna Lago
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadesatelite1
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Encarna Lago
 
Crónica proxecto móvete
Crónica proxecto móveteCrónica proxecto móvete
Crónica proxecto móvetesatelite1
 

Was ist angesagt? (13)

Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADEPlan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
 
Da Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentes
Da Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentesDa Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentes
Da Ulloa para a Ulloa Olladas femininas sobre o territorio e as súas xentes
 
Programa iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariadoPrograma iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariado
 
Crónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela abertaCrónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela aberta
 
Iaf133
Iaf133Iaf133
Iaf133
 
Presentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da celaPresentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da cela
 
Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14
 
Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidade
 
Memoria Tor 2014
Memoria Tor 2014Memoria Tor 2014
Memoria Tor 2014
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014
 
Crónica proxecto móvete
Crónica proxecto móveteCrónica proxecto móvete
Crónica proxecto móvete
 

Ähnlich wie Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo

Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaEncarna Lago
 
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAConvite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAEncarna Lago
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfEncarna Lago
 
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de LugoIV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de LugoEncarna Lago
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
Un museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todosUn museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todosrmplugo
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...PSM
 
Programa iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariadoPrograma iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariadosatelite1
 
Ccg ac 2019_encontrosnormalizacion-def3
Ccg ac 2019_encontrosnormalizacion-def3Ccg ac 2019_encontrosnormalizacion-def3
Ccg ac 2019_encontrosnormalizacion-def3satelite1
 
mptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivamptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivarmplugo
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolCoordinadora Galega ENDL
 
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Encarna Lago
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015rmplugo
 
IAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixitalIAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixitalIGADI
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Iolidesarandon
 

Ähnlich wie Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo (20)

Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentina
 
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAConvite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdf
 
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de LugoIV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
Un museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todosUn museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todos
 
Lugo Camerata dossier informativo
Lugo Camerata dossier informativoLugo Camerata dossier informativo
Lugo Camerata dossier informativo
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
 
Programa iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariadoPrograma iv encontro rces congreso voluntariado
Programa iv encontro rces congreso voluntariado
 
Ccg ac 2019_encontrosnormalizacion-def3
Ccg ac 2019_encontrosnormalizacion-def3Ccg ac 2019_encontrosnormalizacion-def3
Ccg ac 2019_encontrosnormalizacion-def3
 
mptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivamptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitiva
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
 
O Fiadeiro 2007
O Fiadeiro 2007O Fiadeiro 2007
O Fiadeiro 2007
 
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
 
IAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixitalIAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixital
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 

Mehr von Encarna Lago

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfEncarna Lago
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdfEncarna Lago
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncarna Lago
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfEncarna Lago
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Encarna Lago
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorEncarna Lago
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...Encarna Lago
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdfEncarna Lago
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdfEncarna Lago
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdfEncarna Lago
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdfEncarna Lago
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfEncarna Lago
 

Mehr von Encarna Lago (20)

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdf
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdf
 

Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo

  • 1. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo Xullo 2017
  • 2. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 2 No contexto social e económico no que nos atopamos é sempre necesario crear solucións e estratexias imaxinativas para fortalecer a relación dos museos co seu público. Ofrecer experiencias de valor será o mellor recurso para atraer a visitantes cada vez máis esixentes. Captar a novxs visitantes custa entre 5 e 15 veces máis que facer que volva outra persoa que xa nos coñece (FERNÁNDEZ, 2013). En coherencia coa metodoloxía marcada no Programa de Novos Públicos 2017, a seis meses da súa implementación, estamos no momento de avaliar o seu desenvolvemento e formular as debidas correccións. Na natureza desta Rede está situar axs visitantes no centro da acción museolóxica, buscando a súa fidelización, unha relación máis forte co museo a través da total accesibilidade, a identificación coas coleccións e a participación activa. Facemos balance destes seis meses de execución do programa de Novos Públicos e as actividades que se levaron a cabo apoiando aos departamentos de didáctica, comunicación e xerencia. Enfocamos os puntos claves deste informe nos seguintes puntos: Incremento das visitas, os públicos máis fieis, a comunidade participante dos museos e recoñecemento na xestión.
  • 3. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 3 Balance
  • 4. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 4 Incremento das visitas Coa execución do Programa de Novos Públicos, neste primeiro semestre de 2017, os catro museos da Rede gozaron dun salientable aumento das visitas. De feito, estamos ante a mellor cifra dos últimos 17 anos. Só no mes de xullo no Museo Provincial de Lugo, contabilizáronse 2480 visitantes máis que en 2016, o que significa un incremento do 171%. Esta porcentaxe é tamén aplicable ao resto dos museos da Rede, mesmo aqueles que pecharon para a súa desinsectación (San Paio de Narla ou o Pazo de Tor) que medraron o seu número de visitas durante os dias que foron visitables.
  • 5. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 5 Número de visitantes no mes de xuño desde 2000 a 2017 3.319 3.256 2.591 3.941 3.780 4.144 5.679 3.909 5.461 4.039 4.201 3.877 3.842 4.737 4.063 3.779 3.483 5.963 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 ANOS
  • 6. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 6 Públicos máis fieis Pero unha boa xestión de públicos non insiste tanto no número como na relación que establece cada visitante tras a súa visita. Un museo sostible é aquel que mantén vínculos duradeiros e de reciprocidade para coa súa comunidade é un museo. Neste aspecto, destacamos os comentarios deixados nas redes sociais, así como o crecemento de seguidorxs en cada un dos perfís de facebook e twitter. Na rede especializada en turismo como é Tripadvisor, os museos da Rede acadaron os primeiros postos na clasificación de museos da provincia.
  • 7. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 7 Por outra banda, na atención directa que se realiza desde a vixilancia en sala, recóllese un alto nivel de satisfacción dxs viaxeirxs de fóra de Galicia a través das observacións sobre os contidos e as súas preguntas de orientación No que respecta a visitantes galegxs, denotan un crecente interese sobre as actividades e exposicións temporais que se desenvolven nos museos e unha evidencia de visita repetida en máis dunha ocasión. Por último, non esqueceremos aos propios habitantes de cada unha das poboacións onde se sitúan os museos que declaran como “redescubren” o museo por mor de catro motivacións: ▪ Da man dos seus fillos ou netos que viñeron co colexio e agora ensinan o museo aos seus familiares. ▪ Visitando as exposicións temporais ou asistindo ás actividades (conferencias, obradoiros, proxeccións). ▪ Porque “hai moito tempo que non viña” e escoitaron falar que estaba moi ben. ▪ Como anfitrións de amigos e familiares que están de paso pola cidade. Enquisa de captación de novos públicos Un formulario deseñado para recoller datos e impresións de quen nos visita. As súas conclusións serán xermolo de novas accións de captación e fidelización de públicos
  • 8. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 8
  • 9. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 9 Comunidade máis participante Nestes primeiro semestre fomentamos a participación dos colectivos sociais en actividades de inclusión organizadas desde a Rede Museística. Sobre este punto a Rede convértese e plataforma de diálogo para os temas sensibles que preocupan á nosa sociedade: capacidades diferentes, identidade de xéneros, violencia de xénero, dereitos da muller e migracións. Fagamos balance das actividades levadas a cabo por/para/con estes colectivos.  Culturas en Diálogo. Refuxiadxs e migrantes O 23 de xaneiro de 2017, dentro do programa de Culturas en Diálogo, de Museoloxía Social, tivo lugar no Museo Provincial de Lugo, unha mesa redonda sobre Alepo, a cidade siria que se converteu en campo de batalla das diferentes faccións enfrontadas na longa guerra de Siria. Interviñeron a delegada de Cultura, Pilar García Porto, o director do Centro de Educación Permanente de Adultos do C. P. Monterroso, Pedro Cantero, o tradutor del C. P. Monterroso, experto en culturas mediterráneas e orientais, Alí Lhana Díaz, o director de programas do C. Penitenciario de Monterroso, Víctor Fraga Gayoso, a estudante de Socioloxía na Universidade Central de Venezuela, Nour Salih Chami, o refuxiado sirio residente na Coruña, Ahmad Llovia, a máster en Estudos Internacionais da USC e politóloga. Nour Al-Houssen, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística.
  • 10. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 10  Nós + Outrxs en rede Proxecto de colaboración que se desenvolve en torno á reflexión sobre a identidade, o xénero, o traballo en grupo, e o respecto á diversidade. Esta edición érguese desde a xenerosidade de nove artistas que ofrecen nove proxectos expositivos con todo tipo de linguaxes. A partir de aquí se realizan os obradoiros como unha creación artística conxunta entre asociacións sensibles e artistas. Participaron colectivos de toda a provincia: Asociación axuda ó enfermo mental A Mariña, Fundación ONCE, Síndrome de Down Lugo,Cogami Lugo, Cogami Ulloa, Agora Monforte, Centro de persoas con discapacidade de Bóveda, Secretariado Gitano, Asociación de Familias con menores Trans*, Arelas, ANPA colexio A Ponte, máis o club Senior da Rede Museística. En total, estiveron implicadas máis de 300 persoas realizando os diferentes obradoiros e chegaron a realizar entre todxs unha obra conxunta, monitoreada pola artista Violeta Bernardo.
  • 11. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 11
  • 12. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 12  IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación Para responder ao debate sobre identidade sexual e a súa representatividade nos museos, a Rede Museística acometeu a cuarta edición deste congreso con sesións dedicadas a colectivos, a relatorios científicos, a diferentes experiencias artísticas e doutros museos, e finalmente unha xornada dedicada a Maruja Mallo. Participaron 44 relatorxs, entre xs que se incluían representantes de colectivos sociais, artísticos e educativos, artistas e profesionais de museos de Lugo, Galicia, Castela e León e Madrid, que presentaron as súas propostas ante un aforo completo aos poucos días de iniciar o prazo de inscrición. Ademais dos relatorios presenciais, o congreso contou co conferencias enviadas a través de vídeo desde México, Costa Rica e Arxentina. Cunha asistencia limitada a 50 persoas, recibíronse 70 solicitudes de inscrición para os catro días de celebración: 10, 11, 31 de marzo e 1 de abril. Na necesidade de expandir as xornadas. utilizamos as redes socias, principalmente Facebook e Twitter para comunicar en directo o que acontecía en cada sesión. En Facebook, con preto de 2300 seguidorxs, chegouse aos 4378 impactos no punto máximo. En Twitter con apenas 267 seguidores e 1154 tuits publicados, acadáronse 30300 impresións no mes de marzo e 990 visitas ao perfil.
  • 13. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 13
  • 14. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 14  Mesa redonda contra a violencia de xénero Dentro do programa da Rede Museística da Deputación de Lugo de xestión co tecido social con distintas asociacións, venres, día 16 de xuño, tivo lugar no Refectorio do Museo Provincial de Lugo, unha mesa redonda baixo o título Non quero ser a seguinte vítima, non quero ser un número mais, na que interviron como poñentes o maxistrado Adriano J. Alfonso Rodríguez, Doutor en Dereito, Criminólogo e xuíz dependente da Audiencia Provincial de Pontevedra e Marta Rodríguez Engroba, presidenta da Asociación Si, hai saída contra a violencia de Xénero.
  • 15. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 15  Xornada Feminista Organizado pola Plataforma Feminista de Lugo, e dentro do programa da Rede Museística da Deputación de Lugo de xestión co tecido social a través de distintas asociacións, o 17 de xuño tivo lugar no xardín do Museo Provincial de Lugo unha xornada feminista con diversas actividades: uo obradoiro "Desmontando os mitos do amor romántico", un pequeno xantar de convivio e unha charla de Cristina Palacios, da asociación de familias de menores transexuais Arelas. 
  • 16. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 16  Xuntanza de profesionais invitados por COGAMI Dentro do programa da Rede Museística da Deputación de Lugo con diversos colectivos sociais (Redes de Liberdade) e a participación de proxectos europeos da man de COGAMI e os seus socios, o 22 de xuño, desenvolveuse, no Refectorio do Museo Provincial, unha xuntanza con profesionais de entidades procedentes de Italia, Grecia, Suecia e Gran Bretaña para coñecer como se traballa na Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Nesta xuntanza, enmarcada dentro do programa Cultural Arts que permite recoñecer habilidades e coñecementos adquiridos por persoas con discapacidade a través da creatividade, a xerente, Encarna Lago, acompañada dos fotógrafos José Reigosa e Germán Limeres, do proxecto Fotografía a Cegas, así como tamén de persoal do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade dos catro museos que integran esta Rede, explicou aos visitantes que significa a accesibilidade cultural, que implica o acceso á cultura de todas as persoas, sen importar a súa condición. Tamén estivo presente o artista plástico Alberto Pena Rey, que falou do coñecido mural El Bosque Colectivo no que participou COGAMI. Pola tarde, representouse a performance “Cidade Palabra- Escritura Falada” de Vita Martínez, na que o seu corpo será o soporte da escritura e pintura.
  • 17. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 17  Orgullo LGTBI: Lugo Diversx "Orgullo LGTBI: Lugo Diversx", desenvolveuse durante sete días con actividades socioculturais, lúdicas e deportivas que buscan visibilizar e sensibilizar no respecto á diversidade sexual, poñendo énfase no orgullo e o empoderamento das persoas e colectivos minorizados pola sociedade. Todo isto unindo as sinerxias do eido asociativo e as administracións a través do programa da Rede Museística da Provincia de Lugo, Nós+outrxs en rede. Contu coa colaboración de Arelas, asociación de familias de menores trans, o Concello de Lugo. Conferencias, convocatorias artísticas, andainas, obradoiros, intervencións urbanas e concertos a prol de amosar a diversidade da nosa comunidade.
  • 18. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 18
  • 19. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 19  50 anos de Breo. Enredando museos, cultura e deporte para a mocidade A exposición xira arredor do percorrido histórico e social do Club de Baloncesto Breogán, un dos clubs de baloncesto máis relevantes do panorama nacional que este ano celebra o seu 50 aniversario. Trátase dunha pequena homenaxe, a través de obxectos e paneis, por primeira vez expostos nun espazo museístico coas características axeitadas para poder visitala, consultala e gozala polas novas e vellas xeracións. Igualmente, a exposición tamén quere inducir á práctica saudable e lúdica da actividade deportiva. Dado que as necesidades dos cidadáns están sempre mudando, especialmente as dos máis novos, a Deputación de Lugo está na obriga de ofrecer respostas diferentes, e a organización de eventos e espazos culturais creativos e innovadores pode ser unha desas respostas adaptada aos novos tempos. A Rede Museística Provincial deu continuidade en 2017 ao seu Programa de Captación de Novos Públicos. Un dos seus públicos obxectivo é a mocidade, desde os 11 ata os 25 anos, que son, segundo as nosas estatísticas, quen menos afluencia e uso fai do propio museo. Con esta idea de fondo e na necesidade de seducir aos públicos novos con temas que lles interesan, relacionamos deporte/mocidade/cultura a través dun proxecto expositivo que amose a traxectoria histórica e social do Club Baloncesto Breogán, un dos clubs de baloncesto máis relevantes do panorama nacional, e que este ano celebra o seu 50 aniversario. Ademais da exposición, realizáronse conferencias e actividades coa finalidade de festexar os 50 anos do club atraendo nos seus dous meses de exhibición a 842 persoas entre os que se encontraban grades afeccionaxs e deportistas, novxs visitantes ao museo, colectivos de capacidades diferentes, etc. Salientable foi a a xornada conmemorativa As Redes como xeradoras de cambio social, con unha notable presenza de colectivos sociais.
  • 20. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 20
  • 21. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 21 Recoñecementos ao modelo da Rede Museística Desde a posta en marcha do programa de Novos Públicos, a xerencia da Rede Museística foi invitada a compartir a súa experiencia como modelo de inclusión de públicos en diferentes ocasións de relevante importancia:  Invitada polo IV Encontro de Museos Portugal-Espanha, organizado polos organismos de tutela dos museos dos dous países: a Direçao Geral do Património Cultural e a Subdirección General de Museos Estatales, 13 de decembro 2016, Lisboa.  Publicación en el Boletín de AMMA (Asociación de Museólogos y Museógrafos de Andalucía) #9. Febrero 2017.  Exposición Culturas en diálogo . Lugo, Argentina Uruguay, caminos de ida y vuelta, no Museo de América. Do 24 de febreiro ao 26 de marzo. Madrid.  XIII Curso de Primavera Culturalb, 21 de maio, Universidade ed Santiago de Compostela.  Xornada de fomento da accesibilidade universal en Lugo, organizado por Auxilia, Predif Galicia e Lugo Monumental. Colaboran Raiolas, Asorlu, ONCE, Rede Museística provincial e voluntarios da UDP. 8 de xuño.  Os museos da Rede, museos mellor valorados da provincia segundo Tripadvisor  Artigo publicado en Lugo. Cultura Dixital Muralla Aberta #1. A Rede Museística Provincial. Dez anos construíndo comunidade.  Participación no congreso sobre O futuro da Educación organizado por Igaciencia, 4 de xullo. Santiago de Compostela.  Inclusión do programa institucional inclusivo da Rede Mueística Provinicial de Lugo no Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural da Asociación Galega de Profesionais da xestión Cultura.  Intervención no Seminario Museos Etnografía e Antropoloxía no Museo do Pobo Galego, 28, 29 e 30 setembro, Santiago de Compostela,  IV Congresso Internacional de Educação e Acessibilidade em Museus e Património. Formação para a Inclusão: A Acessibilidade Universal é exequível, seleccionou a conferencia de Encarna Lago, Experiencias innovadoras de formación e inclusión social, en la red museística provincial de Lugo, como exemplo de boas prácticas na UE. 2, 3, 4 de outubro, Lisboa.
  • 22. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 22 Continuidade
  • 23. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 23 Os resultados de xeito positivo expostos anteriormente marcan a liña ascendente no que se está a desenvolver este programa de Novos Públicos. Pero aínda queda moito traballo por facer, Continuamos coa metodoloxía cíclica deste proxecto baseada en coñecer, deseñar, difundir, executar, documentar e avaliar para seguir facendo.  Recoller enquisas e información para completar a base de datos de colectivos e axentes sensibles e máis o terceiro sector.  Facilitar o traballo dos departamentos de comunicación, didáctica e conservación, como canles de transmisión ao público.  Potenciar a impresión que xs visitantes, usuarixs e participantes das actividades levan dos museos, na mellora da súa orientación e accesibilidade aos contidos.  Fomentar a participación da comunidade tamén nos clubs da Rede: Pequeamigos, Ei!,e Senior.
  • 24. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 24 Coñecer Enquisas Entrevistas Deseñar Plan para escolares Plan para a mocidade Plan para maiores Plan para colectivos Difundir Feiras Puntos de información RRSS Executar Museo Provincial de Lugo Museo Pazo de Tor Museo Fortaleza San Paio de Narla MUseo Provincial do Mar Documentar RRSS Arquivo Avaliar Criterios Correccións
  • 25. Balance e continuidade do Programa Novos Públicos da RMPLugo 25 .Novas estratexias a engadir ao Plan  Proxección provincial O compromiso da Deputación de Lugo na mellora dos servizos públicos dos concellos da provincia maniféstase neste plan a través dunha liña de achegamento dos 67 concellos da provincia aos catro museos da Rede. Queremos con isto ampliar a acción de comunidade da Rede e os resultados acadados nos localidades de cada un dos museos. Con este fin deseñamos as seguintes accións: • Realización dun mapa de xeolocalización coas distancias entre os 67 concellos e os catro museos. • Distribución de información nas concellerías de cultura e turismo de todos os entes locais. • Solicitude de transporte entre os concellos que o requiran e os museos da Rede.  Ano Domingo Fotán En 2017 cómprense 200 anos desde o comezo dos traballos de Domingo Fontán, por “ponerlle cara a Galicia” que diría Otero Pedrayo, no seu nomeado mapa que se exhibe nas dependencias do Pazo de Tor.